Resolución do concurso Eduemprende Idea 2017

Publicada a Orde do 29 de novembro de 2017 pola que se resolve o concurso Eduemprende Idea 2017, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, convocado pola Orde do 30 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).

A entrega de premios terá lugar o vindeiro venres 15 de decembro de 2017 no Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade de Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela.

Etiquetas: