FP dual. Listaxe de persoas admitidas e en espera. Curso 2017-2018

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e en espera, por centro escollido en primeira opción, aos proxectos experimentais de formación profesional dual de grao medio e grao superior.

Etiquetas: 

FP Dual. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos convocados pola orde do 13 de xuño de 2017, que tras a finalización do período establecido nesta orde, do 22 o 30 de xuño, aínda dispoñen de prazas vacantes.

Etiquetas: 

Formación Profesional Dual. Listaxes definitivas de solicitudes. Curso 2017-2018

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes de admisión aos proxectos experimentais de formación profesional dual autorizados na Orde do 13 de xuño de 2017 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Etiquetas: 

Solicitude de ciclos plurilingües para o curso 2017-2018

O próximo venres día 7 de xullo, está previsto que se publique no Diario Oficial de Galicia o anuncio da publicación da Resolución do 3 de xullo de 2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) para o curso 2017-2018.

A partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de xullo de 2017, os centros educativos poderán solicitar a súa participación para o curso 2017-2018.

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións definitivas. Convocatoria ordinaria 2017

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións da convocatoria ordinaria 2017 de carnés e habilitacións profesionais.

Listaxe definitiva

Formación Profesional Dual. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2017-2018

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión aos proxectos experimentais de formación profesional dual autorizados na Orde do 13 de xuño de 2017 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Etiquetas: 

Proxectos de formación. Resolución de avaliación. Curso 2016-2017

Publicada a Resolución de avaliación da Comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional.

Oferta de formación profesional polo réxime ordinario e de persoas adultas en centros públicos para o curso 2017/2018

Orde do 14 de xuño de 2017 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2017/18.

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao medio. Listaxe definitiva de cualificacións. Convocatoria 2017

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

A partir do día 26 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso en calquera centro público con oferta de formación profesional.

Etiquetas: 

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para acceder a FP dual. Convocatoria 2017

Hoxe, 22 de xuño de 2017, comeza o prazo de presentación de solicitudes para participar en proxectos de formación profesional dual, segundo indica a Orde do 13 de xuño de 2017 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Etiquetas: 
Distribuir contido