FP Dual. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos convocados pola orde do 13 de xuño de 2017, que tras a finalización do período establecido nesta orde, do 22 o 30 de xuño, aínda dispoñen de prazas vacantes.

A persoa interesada en matricularse nalgún destes ciclos formativos presentará unha única solicitude en calquera dos centros que aparecen no anexo II da Orde do 13 de xuño de 2017, preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión.

Centros e ciclos nos que se amplía o prazo

  • Centro: 15015767- CIFP Politécnico de Santiago. Ciclos: CSELE01 - Sistemas electrotécnicos e automatizados; CSIMA03 - Mecatrónica industrial.
  • Centro: 15024513- CIFP Someso. Ciclo: CSIMP01 - Estética integral e benestar.
  • Centro: 15026753- IES A Pontepedriña. Ciclo: CSCOM03 - Xestión de vendas e espazos comerciais.
  • Centro: 15027897 - CIFP Paseo das Pontes. Ciclos: CMINA01 - Panadaría, repostaría e confeitaría; CSHOT05 - Dirección de servizos de restauración (Paradores de Turismo de España, S.A.); Dobre titulación en Dirección de servizos de restauración e en Dirección de cociña.
  • Centro: 27003175 - IES Val do Asma. Ciclos: CSADG01 - Administración e finanzas, CSHOT02 - Axencias de viaxes e xestión de eventos, CSIFC03 - Desenvolvemento de aplicacións web.
  • Centro: 27006966 - IES Plurilingüe San Rosendo. Ciclo: CMAGA04 - Aproveitamento e conservación do medio natural.
  • Centro: 27015773 - IES Muralla Romana. Ciclo: CSIMP01 - Estética integral e benestar.
  • Centro: 27016455 - IES Sanxillao. Ciclo: CMHOT01 - Cociña e gastronomía.
  • Centro: 27020562 - IES de Foz. Ciclo: Dobre titulación en Dirección de servizos de restauración e en Dirección de cociña.
  • Centro: 27020793 - CIFP Porta da Auga. Ciclo: CMTMV03 - Electromecánica de maquinaria.
  • Centro: 32016285 - IES de Vilamarín. Ciclo: CSHOT01 - Xestión de aloxamentos turísticos.
  • Centro: 36013448 - CIFP Manuel Antonio. Ciclo: CMTCP01 - Confección e moda.
  • Centro: 36013771 - IES Fermín Bouza Brey. Ciclo: CSIMA03 - Mecatrónica industrial.
  • Centro: 36020064 - CIFP Carlos Oroza. Ciclos: CSHOT01 - Xestión de aloxamentos turísticos; Dobre titulación en Dirección de servizos de restauración e en Dirección de cociña.
  • Centro: 36020362 - IES de Valga. Ciclos: CMFME02 - Soldadura e caldeiraría.

- Máis información

Etiquetas: