Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Composición do tribunal. Convocatoria 2024.

Publicada a Resolución do 6 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se nomea e se fai pública o composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2024.

Mais información:

Etiquetas: 

Resolución do concurso Eduemprende Idea 2023

Publicada a Orde do 29 de xaneiro de 2023 pola que se resolve o concurso Eduemprende Idea 2023, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (Orde do 9 de novembro de 2023).

Etiquetas: 

Proposta provisional de adxudicación de mobilidades de persoal. Proxecto 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242

Publícase a proposta provisional de adxudicación de mobilidades de persoal convocadas pola Resolución do 9 de novembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242 e persoal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con responsabilidade na xestión das ensinanzas de F

Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2024

Publicada a Orde pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2024, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (código de procedemento TR880C).

Este concurso, que se organiza en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, comprende dúas modalidades:

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Comezo do período de inscrición. Convocatoria 2024

Período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 29 de xaneiro ao 9 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Etiquetas: 

Resolución das axudas correspondentes á modalidade B do programa Retorna Talento FP 2023/2024

Publicada no DOG a Orde do 15 de xaneiro de 2024 pola que se resolven as axudas correspondentes á modalidade B do programa Retorna Talento FP 2023/2024, convocadas pola Orde do 4 de agosto de 2023.

Etiquetas: 

Resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza FCT ou FP dual

Publicada no DOG a Orde do 31 de decembro de 2023 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 19 de xullo de 2023.

Etiquetas: 

Convocatoria Erasmus+ para alumnado de FP de grao superior. Proxecto KA131-HED-000064182

Publícase a Resolución do 12 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182.

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais, a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente resolución no portal educativo.

Convocatoria de programas do Plan Eduemprende 2023/2024

Publicada a Resolución do 10 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regula o Plan Eduemprende e se establecen as bases para a participación dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 11 de xaneiro ata o 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Listaxe definitiva de cualificacións de carnés e habilitacións profesionais segunda convocatoria 2023

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas da segunda convocatoria 2023  para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes desde a súa publicación.

Distribuir contido