Estadías formativas en empresa

Estadías formativas en empresas

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca para o ano 2020 estadías formativas en empresas ou institucións.


Que son?

Modalidade de formación que se desenvolve nos centros de traballo de distintas empresas para potenciar o coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nelas.


Convocatoria

Para o ano 2020 convócanse 90 prazas de estadías formativas en empresas ou institucións situadas tanto na comunidade autónoma de Galicia, como no resto do territorio do Estado ou en países da Unión Europea.

Esta convocatoria, ao abeiro da Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020, para a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, contempla unha liña dentro da modalidade B, a través da cal o profesorado poderá complementar a súa formación técnica en empresas da Unión Europea cunha formación lingüística, co obxectivo de mellorar a competencia lingüística técnica do profesorado e favorecer as metodoloxías AICLE na formación profesional.

 
Destinatarios

O profesorado que cumpra, entre outras, as seguintes condicións:

  • Ser funcionario/a.
  • Estar en situación de servizo activo no período solicitado para a realización da estadía, prestando servizos en centros públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

 

Obxectivos

  • Coñecer directamente os procesos produtivos que se desenvolven nas empresas.
  • Formar o profesorado mediante o seu achegamento ao mundo produtivo e aos seus avances tecnolóxicos.
  • Mellorar a competencia lingüística técnica do profesorado de formación profesional noutras linguas estranxeiras.

 

Modalidades

  • Modalidade A: estadías formativas en empresas ou institucións relacionadas no anexo I da convocatoria.
  • Modalidade B:
    - Tipo B-1: a estadía realizase en empresas ou institucións da Comunidade Autónoma de Galicia.
    - Tipo B-2: a estadía realizase en empresas ou institucións do resto do Estado ou en países da Unión Europea.
    - Tipo B-3: a estadía realizase en empresas ou institucións situadas en países da Unión Europea e complementarase cunha formación lingüística no idioma do país onde se desenvolva a estadía.

 

Inscrición

O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases.

  • 1ª fase: ata o 13 de marzo de 2020.
  • 2ª fase: ata o 27 de marzo de 2020.

 

Período de realización e duración
Desde o 27 de abril ata o 11 de setembro de 2020, cunha duración máxima de 160 horas.

  • Modalidade A: A duración e o período de realización será o acordado para cada caso entre a empresa e o asesor ou asesora de formación do ámbito de formación profesional do centro de formación e recursos correspondente en base ás preferencias dos/as solicitantes.
  • Modalidade B-1, B-2 e B-3: A duración e o período de realización será acordado para cada caso entre o/a solicitante e a empresa.

 

Convocatoria de estadías formativas

Na seguinte ligazón pódese consultar a convocatoria de estadías formativas para o ano 2020:

    - Convocatoria de estadías formativas 2020

    - Convocatoria de estadías formativas 2020 - versión en castelán

Modelos de documentación relacionada coas estadías formativas