Convocatoria para participar no programa Atrévete 2017 - 2018

No curso 2017-2018 o programa Atrévete desenvolverase en colaboración coas diferentes asociacións que se detallan abaixo:

Etiquetas: 

Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP no curso 2017-2018

Resolución do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017/18.

Decreto 71/2017 polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos

Publicado o Decreto 71/2017, do 24 de maio, polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos.

Decreto 71/2017

Os anexos corresponden ás seguintes familias profesionais:

Etiquetas: 

Listaxe provisional de ciclos formativos plurilingües

Listaxe provisional de centros e ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP). Convocatoria 2017-2018

 Prazo para realizar alegacións: ata o 28 de agosto de 2017.

- Listaxe

Etiquetas: 

FP Dual. Prazo de presentación de solicitudes aberto para prazas vacantes

Permanece aberto o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos convocados pola orde do 13 de xuño de 2017, que tras a finalización do período establecido nesta orde, do 22 o 30 de xuño, aínda dispoñen de prazas vacantes.

Etiquetas: 

O CIFP Ferrolterra seleccionado entre os proxectos Erasmus+ de Asociacións Estratéxicas (KA202)

O proxecto do CIFP Ferrolterra, Fogar dixital Z-Wave, foi seleccionado dentro da convocatoria Erasmus+ de Asociacións Estratéxicas no sector da Formación Profesional (KA202).

FP dual. Listaxe de persoas admitidas e en espera. Curso 2017-2018

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e en espera, por centro escollido en primeira opción, aos proxectos experimentais de formación profesional dual de grao medio e grao superior.

Etiquetas: 

FP Dual. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos convocados pola orde do 13 de xuño de 2017, que tras a finalización do período establecido nesta orde, do 22 o 30 de xuño, aínda dispoñen de prazas vacantes.

Etiquetas: 

Formación Profesional Dual. Listaxes definitivas de solicitudes. Curso 2017-2018

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes de admisión aos proxectos experimentais de formación profesional dual autorizados na Orde do 13 de xuño de 2017 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Etiquetas: 

Solicitude de ciclos plurilingües para o curso 2017-2018

O próximo venres día 7 de xullo, está previsto que se publique no Diario Oficial de Galicia o anuncio da publicación da Resolución do 3 de xullo de 2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) para o curso 2017-2018.

A partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de xullo de 2017, os centros educativos poderán solicitar a súa participación para o curso 2017-2018.

Etiquetas: 
Distribuir contido