Novas da Rede

Xornadas de Promoción e Difusión de Produtos do Mar

Como resultado do acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a innovación no ámbito da formación en hostalería, xorden as Xornadas de Promoción e Difusión de Produtos do Mar nos centros de formación de hostalaría de Galicia.

Estas xornadas perseguen os seguintes obxectivos:

  • Dar a coñecer as especies pesqueiras autóctonas.
  • Distinguir os selos de garantía e as marcas que certifican a orixe e calidade dos produtos.
  • Aprender a manipular, conservar e preparar os produtos do mar con respecto e rendementos óptimos.
  • Fomentar o consumo dos nosos produtos do mar no sector hostaleiro galego.
  • Transmitir os valores do mar nun prato.
  • Promover e defender o uso dos produtos do mar na gastronomía galega, como elemento diferenciador.
  • Transmitir a importancia do consumo dos produtos do mar en dietas saudables e equilibradas.
  • Investigar a potencialidade dos produtos do mar na cociña.

Para acadar os obxectivos anteriores, durante o curso académico 2016-2017, estanse a levar a cabo diferentes sesións maxistrais e showcookings nos centros da Rede galega de Formación Profesional de hostalería.

Prema sobre o centro para ver información sobre as sesións desenvolvidas ata o momento. Última actualización: 16/02/2017.

CIFP Carlos Oroza
Sesión Tipo de sesión Data Relator
Especies pesqueiras en Galicia Maxistral 10/01/2017 ANFACO
A compra dos produtos do mar para hostelería Maxistral 16/01/2017 Varios
A cociña con peixe fresco Showcooking 23/01/2017 Héctor López
A cociña con peixe fresco (sesión dobre) Showcooking 26/01/2017 Héctor López
A cociña saudable (sesión dobre) Showcooking 03/02/2017 Emma Pinal
A cociña saudable Showcooking 07/02/2017 Emma Pinal
CIFP Compostela
Sesión Tipo de sesión Data Relator
Entorno socioeconómico do sector pesqueiro en Galicia Maxistral 09/12/2016 ANFACO
Especies pesqueiras en Galicia Maxistral 16/12/2016 ANFACO
A cociña con moluscos Showcooking 13/01/2017 Flavio Morganti
A compra dos produtos do mar para hostelería Maxistral 20/01/2017 Varios
Os descoñecidos da ría, algas e especies de recente explotación Showcooking 27/01/2017 Xoán Crujeiras
Do mar á mesa de forma saúdable Maxistral 03/02/2017 ANFACO
A cociña con crustáceos e conservas Showcooking 06/02/2017 "Taky"
IES Fraga do Eume
Sesión Tipo de sesión Data Relator
Entorno socioeconómico do sector pesqueiro en Galicia Maxistral 20/12/2016 ANFACO
A cociña con crustáceos e conservas Showcooking 23/01/2017 "Taky"
IES de Foz
Sesión Tipo de sesión Data Relator
Entorno socioeconómico do sector pesqueiro en Galicia Maxistral 13/12/2016 ANFACO
Especies pesqueiras en Galicia Maxistral 11/01/2017 ANFACO
A cociña saúdable Showcooking 01/02/2017 Emma Pinal
A compra dos produtos do mar para hostelería Maxistral 14/02/2017 Varios
CIFP Manuel Antonio
Sesión Tipo de sesión Data Relator
Entorno socioeconómico do sector pesqueiro en Galicia Maxistral 13/01/2017 ANFACO
Especies pesqueiras en Galicia Maxistral 10/02/2017 ANFACO
IES Sanxillao
Sesión Tipo de sesión Data Relator
Entorno socioeconómico do sector pesqueiro en Galicia Maxistral 13/12/2016 ANFACO
Especies pesqueiras en Galicia Maxistral 19/12/2016 ANFACO
Os descoñecidos da ría, algas e especies de recente explotación Showcooking 13/01/2017 Xoán Crujeiras
A cociña con crustáceos e conservas Showcooking 16/01/2017 "Taky"
A compra dos produtos do mar para hostelería Maxistral 13/02/2017 Varios
IES de Vilamarín
Sesión Tipo de sesión Data Relator
Entorno socioeconómico do sector pesqueiro en Galicia Maxistral 14/12/2016 ANFACO
Especies pesqueiras en Galicia Maxistral 21/12/2016 ANFACO
A cociña con moluscos Showcooking 18/01/2017 Flavio Morganti
A cociña con peixe fresco Showcooking 01/02/2017 Héctor López
A compra dos produtos do mar para hostelería Maxistral 15/02/2017 Varios