Proxecto Miniempresas Coruña 2018-2019

O proxecto Miniempresas Coruña pretende fomentar a educación emprendedora a través da creación de miniempresas e outras propostas didácticas que impliquen a colaboración dos equipos docentes, a dinamización da comunidade educativa e a conexión co entorno, todo isto potenciando as capacidades profesionais e persoais do alumnado. Esta acción desenvólvese dentro do plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende e establécese dentro do ámbito de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Fundación Alcoa.

As institucións implicadas neste proxecto

  • Coordinación e desenvolvemento do proxecto

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional coordina e organiza as actividades dirixidas tanto ao profesorado como ao alumnado, facilitando a disposición dos espazos en colaboración cos centros educativos participantes.

  • Difusión

"La Opinión" divulgará todas as actuacións e resultados do proxecto.

  •  Financiamento

34.758,43 euros aportados pola Fundación Alcoa.

Actuacións programadas

Para cumprir os obxectivos previstos realízase a seguinte proposta de actuacións nos centros educativos da comarca de A Coruña:

  • Accións de sensibilización da comunidade educativa sobre a importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Accións dirixidas tanto ao alumnado como ao profesorado para alcanzar a sensibilidade necesaria que permita a creación de iniciativas emprendedoras.
  • Promocionar a creación de miniempresas entre os estudantes para o desenvolvemento dun produto/servizo, unha estratexia de márketing e venda do produto.
  • Actividades de capacitación en habilidades emprendedoras.
  • Preparación do alumnado nas competencias e nas actitudes autónomas necesarias que favorezan o emprendemento co fin de capacitar ao alumnado para emprender.
  • Accións de formación do profesorado para a sensibilización do alumnado en creación de empresas.
  • Formación específica do profesorado para o desenvolvemento e a elaboración de proxectos empresariais, favorecendo a adquisición de competencias emprendedoras no alumnado.
  • Actuacións de intercambio de aprendizaxes, experiencias e coñecemento das necesidades da súa contorna socioeconómica, entre o alumnado e empresarios e mozos emprendedores para un maior achegamento entre o mundo educativo e laboral.
  • Concurso "Miniempresas Coruña".
  • Realización dunha publicación para a sensibilización e a difusión da cultura emprendedora.

Convocatoria Lanzadeiras Coruña

O programa Lanzadeiras Coruña ten a finalidade de promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado a través da creación de miniempresas nos centros educativos.

Enquisas

  • Enquisa inicial do proxecto Miniempresas Coruña
  • Enquisa final do proxecto Miniempresas Coruña

Clausura

O pasado 12 de xuño celebrouse no CIFP Paseo das Pontes o acto de clausura do Proxecto Miniempresas Coruña. Neste acto tivo lugar unha feira onde todos os centros participantes no proxecto deron a coñecer o resultado do seu traballo. O alumnado explicou aos visitantes os obxectivos dos 9 proxectos de miniempresas que se desenvolveran e como viviron a súa experiencia emprendedora.

Neste acto entregáronse os premios do concurso Minimepresas Lugo. Os premiados foron:

- 1º premio: Lagoa Xestión de Proxectos, Escape Rooms educativos personalizables, do IES Isaac Díaz Pardo

- 2º premio: Invernigal , do IES Universidade Laboral

- 3º premio: πSolucións, do IES Maximino Romero de Lema

- Accésit: Buscavidas do San Luís, do CEIP Xesús San Luís Romero

- Accésit: Grillz Desing, S.L.S., do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto

Etiquetas: