Novas da Rede

Seminario de cata de cavas no CIFP Manuel Antonio

Seguindo a tradición do centro no mes de decembro, levouse a cabo o Seminario de Cata de Cavas, organizado polo Departamento de Hostalería e contando coa inestimable colaboración do “Institut del Cava”. Participaron neste Seminario expertos de recoñecido prestixio desta Institución, tratándose dun centro de referencia de estudos e calidade do cava.

O Seminario foi programado para o alumnado/profesorado dos ciclos CM de Servizos en Restauración e CS de Dirección de Servizos de Restauración, caracterizándose, mediante un estudo exhaustivo, os diversos tipos de cava como o rosado, brut nature, gran reserva ou semiseco, entre outros. Os sumilleres afirman que as distintas clases de cavas, brancos e rosados, permiten que sempre exista un cava ideal para cada prato ou ocasión. Polo tanto, viño imprescindible, que se fai mais visible no mes do Nadal, e que require o arte de coñecelo, o ritual de servilo e o pracer de degustalo, tendo en conta que a temperatura, a copa e o servizo son fundamentais para unha óptima degustación.

Mais información: Páxina web do centro

Seminario cata de cava
Seminario cata de cava