Novas da Rede

Salimat 2017. Participación do IES de Vilamarín

O IES de Vilamarín, de Ourense, participou na terceira xornada do Salimat Abanca 2017 cunha charla sobre o aproveitamento gastronómico da urtica dioica, coñecida en Galicia como estruga ou ortiga. Na mesma sesión levouse a cabo unha práctica sobre os usos e aproveitamentos desta planta e o esforzo por cambiar a súa mala fama pola dunha planta con importantes beneficios. Amosouse o xeito de manipular a estruga e ofreceuse a degustación das seguintes preparacións culinarias:

  • Estrugas e cogomelos intricados en ovo sobre tosta de pan de Cea
  • Ovo a baixa temperatura sobre crema de estrugas e galletas mariñeiras
  • Queixo de estrugas con sirope de Sabugueiro

Contouse coa colaboración das empresas Campomayor, Champivil, Daveiga e IXP Pan de Cea, así como coa do CIFP Coroso, que facilitou produtos dos seus obradoiros: sirope de sabugueiro e marmelada de pemento.

Salimat 2017. IES de Vilamarín
Salimat 2017. IES de Vilamarín
Salimat 2017. IES de Vilamarín
Salimat 2017. IES de Vilamarín
Salimat 2017. IES de Vilamarín
Salimat 2017. IES de Vilamarín
Salimat 2017. IES de Vilamarín