Novas da Rede

O CIFP Carlos Oroza celebra o evento de protocolo "Ninguén morre mentres alguén lle lembre"

O mércores 20 de febreiro de 2019 tivo lugar ás 20:00 horas no Liceo Casino de Pontevedra o evento de protocolo "Ninguén morre mentres alguén lle lembre", deseñado polo alumnado de 2º curso dos ciclos superiores de Guía, información e asistencia turísticas e de Xestión de aloxamentos turísticos.

O evento tivo como temática principal o mundo do recordo, é dicir o mundo dos mortos e o seu legado. A idea de que ninguén morre definitivamente mentres o seu recordo permaneza na memoria de alguén, foi o fío condutor da gala. A desdramatización da morte, a percepción dos camposantos como museos ao aire libre, cheos de camelias e de interesantes historias. Rosalía de Castro abriu a gala xa que o domingo 24 de febreiro, Galicia celebrou o seu aniversario. Outros persoeiros pontevedreses que nos deixaron fai tempo tamén celebraron co alumnado do CIFP Carlos Oroza o "II Baile da Camelia" e recibiron os premios "Camelia Dourada" polo seu legado histórico.

No desenvolvemento e organización deste evento o alumnado tivo que por en práctica tódalas competencias adquiridas no módulo de Protocolo e relacións públicas: decoración, invitacións, minutas, colocación dos convidados, benvidas, discursos, presentación, etc.

A cea que estivo dirixida polo exalumno do CIFP Carlos Oroza Rubén González, xefe de cociña de El Cafetín.

Evento protocolo CIFP Carlos Oroza
Evento protocolo CIFP Carlos Oroza
Evento protocolo CIFP Carlos Oroza
Evento protocolo CIFP Carlos Oroza
Evento protocolo CIFP Carlos Oroza
Evento protocolo CIFP Carlos Oroza