Gallego

S2301034 Curso de galego. Nivel C2

Summary: 

Curso de galego
Nivel C2
Gallego

Buscas unha formación orientada a ter un bo dominio do noso idioma? Velaquí o tes, Curso de galego. Nivel C2

  • Código en fprofe S2301034 
  • Duración: 60h
  • Prazas: 20
  • Horario: luns e mércores
  • Comezo: 8 de xaneiro e remate 29 de abril
  • De 17:30 19:30h
  • Límite de inscrición: 17-12-2023
  • EOI de Santiago de Compostela, Sección de Vite
Curso de galego

G2302012 - Transformación de centros educativos. Estratexias e proxectos innovadores

Summary: 

Itinerario de Innovación
Gallego

OBXECTIVOS: 

  1. Crear un espazo de intercambio e construír unha comunidade de centros a prol da innovación.
  2. Deseñar unha folla de ruta para a transformación do centro.
  3. Promover a creación dos equipos de innovación.

CONTIDOS: 

  1. Innovación educativa. Claves para a transformación.
  2. Creando comunidade. Boas prácticas innovadoras nos nosos centros.
  3. Programas e convocatorias de apoio á innovación.
  4. Folla de ruta para a innovación de centro.

DATA DE REALIZACIÓN:

  • Sábado, 9 de marzo do 2024.

LUGAR DE REALIZACIÓN: 

  • Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

 

imaxe

G2301131 - Actualización para desenvolver a función directiva

Summary: 

- Datas de realización: do 11 de decembro de 2023 ao 18 de marzo de 2024. - Aberta a inscrición en Fprofe ata o 3 de decembro.
Gallego

OBXECTIVOS: 

1.Actualizar as competencias específicas para o desenvolvemento da función directiva ás que fai referencia o artigo 134.1.c) e desenvoltas a través do Real Decreto 894/2014.

2.Actualizar os coñecementos dos aspectos normativos, organizativos e de xestión dos centros educativos así como adquirir as habilidades persoais, sociais, relacionais e de liderado precisas para o desempeño eficaz da función directiva.

3.Renovar as ferramentas así como a visión de conxunto precisa sobre o sistema educativo para a elaboración dun proxecto de dirección para un centro educativo.

CONTIDOS: 

1.Actualización sobre o marco normativo aplicable aos centros docentes.

2.Xestión das propostas institucionais.

3.Xestión eficiente e eficaz dos recursos do centro docente.

4.Factores clave para unha dirección eficaz.

5.Rendición de contas e calidade educativa.

6.Módulo específico de Galicia.

7.O proxecto de dirección.

8.Accións de identidade desde a Administración educativa de Galicia.

IMAXE

S2301080 Montaxe de circuítos eléctricos e electrónicos básicos. Soldadura e conexionado.

Summary: 

Actividade realizada recentemente na AULA NOVA do CAFI.
Gallego

Proxectos realizados polos alumnos na actividade de Soldadura e Conexionado.

Portada actividade

Video: 

Proxectos realizados polos alumnos

G2302009 Investiga. Docentes con pensamento crítico

Summary: 

Esta é a primeira actividade formativa do itinerario de investigación. A actividade vai dirixida a profesorado de todos os niveis educativos que desexen adquirir un nivel competencial básico e desenvolverase en dúas sesións de 4 horas cada unha e máis 2 horas de traballo autónomo na aula virtual.
Gallego

CONTEXTO

Esta é a primeira actividade formativa do itinerario de investigación. O itinerario nace da concepción dos/das docentes como profesionais competentes que toman decisións informadas e, coa debida formación, poden levar a cabo as súas propias investigacións para recoller evidencias, analizar datos e sistematizar boas prácticas.

DESTINATARIOS E NIVEL

A actividade vai dirixida a profesorado de todos os niveis educativos que desexen adquirir un nivel competencial BÁSICO:

4.3.1. Identifica de forma crítica temas relevantes na práctica educativa sobre os que realizar investigacións. 

4.3.4. Coñece e identifica os pasos do proceso de deseño dunha investigación educativa

OBXECTIVOS

Concienciar sobre a importancia da reflexión e o sentimento/pensamento crítico.

Identificar ciencia e pseudociencia educativa.

Valorar a investigación e o seu impacto social en termos de custo/beneficio.

CONTIDOS

Pensamento crítico en educación.

Ciencia e pseudociencia educativa.

Decisións informadas baseadas en estudos científicos.

FORMATO E DATAS

A actividade desenvolverase en dúas sesións de 4 horas cada unha e máis 2 horas de traballo autónomo na aula virtual.

  • Sesión 1, presencial: 29 de novembro (Salón de actos, CIFP Compostela), Fátima Mª García Doval 

  • Sesión 2, vía Webex: 10 de xaneiro (online), Albert Reverter García

G2302009 Investiga. Docentes con pensamento crítico

G2302013 Xornada de bibliotecas escolares de Galicia. Curso 2023-2024

Summary: 

Xornada de bibliotecas escolares de Galicia. Curso 2023-2024
Gallego

O vindeiro sábado 18 de novembro celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2023. Daranse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Unha biblioteca escolar en viñetas".

Unha xuntanza que falará do poder da banda deseñada como soporte para diferentes relatos, da ilustración como linguaxe poderosa... e do papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura e da participación das familias...

Será, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.

Programa:

  • 9:30 - 10:00h - Recollida da documentación e primeiro control de asistencia.
  • 10:00 - 11:15h - Inauguración e Conferencia arredor da BD con Miguelanxo Prado.
  • 11.15 - 11:45h - Pausa café:11.45 - 13:00h - Sesións simultáneas
    • A colección de banda deseñada (BD).
    • Unha biblioteca escolar en viñetas.
    • Tres salas con experiencias de centros.
    • Obradoiro ALFIN/AMI.
    • Obradoiro de BD
  • 13:00 - 14:00h - Conferencia sobre mediación lectora con Daniel Cassany.
  • 16:00 - 17:30h - Conferencia sobre mediación lectora con Daniel Cassany.
  • 17:30 - 17:45h - Pausa
  • 17:45 - 19:00h - Sesións simultáneas:
    • Lecturas artísticas a través da BD.
    • Unha biblioteca escolar en viñetas.
    • Tres salas con experiencias de centros.
    • Obradoiro ALFIN/AMI.
    • Obradoiro de BD.
  • 19:00 - 20:00h - Conferencia sobre libro informativo ilustrado con Xulia Pisón, Jorge Campos e Sira González. 

 

 

Xornada de bibliotecas escolares de Galicia. Curso 2023-2024

G2302041 - I Xornada de formación da inspección educativa. Curso 2023-2024

Summary: 

Formación da inspección educativa
Curso 2023-2024
Gallego

Continúa a formación específica para a inspección educativa no presente curso académio. O vindeiro 15 de novembro terá lugar a  I Xornada de formación da inspección educativa. Curso 2023-2024:

- Datos de interese

  • Lugar: Mupega (Museo Pedaóxgico de Galicia, Rúa de San Lázaro 107)
  • Data: 15 de novembr de 2023
  • Código en fprofe: G2302041

- Programa

  • 09:30 - 09.45h - Recepción de asistentes e entrega de material
  • 09:45 - 10:00h - Presentación da xornada 
  • 10:00 - 12:00h - Relatorio - Avaliación da función directiva e modelo de dirección por D. Antonio Montero Alcaide, Inspector de educación - Consejería de Educación, Junta de Andalucía
  • 12:00 - 12:45h - Pausa café
  • 12:45 - 14:15h - Relatorio - Protección de datos por Dª. Mónica Santiso Lareo, Subdirectora Xeral de Coordinación Administrativa e Réxime Xurídico
  • 16:30 - 18:30h - Relatorio - A educación ante a disforia de xénero: máis alá da ideoloxía por D. Marino Pérez Álvarez, Catedrático de Psicoloxía - Universidade de Oviedo
  • 18:30 - 19:00h - Clausura
I Xornada de formación da inspección educativa. Curso 2023-2024

G2303014 Roteiro o Seminario de Estudos Galegos en Compostela

Summary: 

Seminario de Estudos Galegos
Gallego

Queres coñecer os puntos principais nos que se desenvolveu a vida e o labor do Seminario de Estudos Galegos en Compostela?

Trátase dun percorrido que comeza no lugar onde se fundou o SEG, en Ortoño, na casa onde viviu Rosalía de Castro e a onde se desprazaron os membros do Seminario para institucionalizar o acto. Seguidamente desprazarémonos a Compostela á rúa Concepción Arenal nº 10, a casa de  Armando Cotarelo Valledor e onde se asinaron os primeiros estatutos. Pasaremos pola  Facultade de Xeografía e Historia, que foi o lugar onde se celebrou a primeira sesión e estivo a primeira sede; polo IES Rosalía de Castro, onde estivo a segunda sede; pola rúa Entremurallas, 8 (Rúa da Senra 8), onde estaba o Hotel Argentin, lugar que acolleu un dos grandes encontros iniciais; o antigo El Asesino, na praza da Universidade onde desenvolveron a homenaxe a Lois Tobío; o lugar onde estivo a Editora Nós na rúa do Vilar; ou o Pazo de Fonseca, onde terá despois a derradeira sede. Pola tarde desenvolveremos unha visita guiada á Esposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura.

  • Relator: Miguel Anxo Seixas Seoane
  • Data: sábado 11 de novembro
  • Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
  • Código en fprofe: G2303014
O Seminario de Estudos Galegos

G2303014 Roteiro o Seminario de Estudos Galegos en Compostela

Summary: 

Seminario de Estudos Galegos
Undefined

Queres coñecer os puntos principais nos que se desenvolveu a vida e o labor do Seminario de Estudos Galegos en Compostela?

Trátase dun percorrido que comeza no lugar onde se fundou o SEG, en Ortoño, na casa onde viviu Rosalía de Castro e a onde se desprazaron os membros do Seminario para institucionalizar o acto. Seguidamente desprazarémonos a Compostela á rúa Concepción Arenal nº 10, a casa de  Armando Cotarelo Valledor e onde se asinaron os primeiros estatutos. Pasaremos pola  Facultade de Xeografía e Historia, que foi o lugar onde se celebrou a primeira sesión e estivo a primeira sede; polo IES Rosalía de Castro, onde estivo a segunda sede; pola rúa Entremurallas, 8 (Rúa da Senra 8), onde estaba o Hotel Argentina, lugar que acolleu un dos grandes encontros iniciais; o antigo El Asesino, na praza da Universidade onde desenvolveron a homenaxe a Lois Tobío; o lugar onde estivo a Editora Nós na rúa do Vilar; ou o Pazo de Fonseca, onde terá despois a derradeira sede. Pola tarde desenvolveremos unha visita guiada á Esposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura.

  • Relator: Miguel Anxo Seixas Seoane
  • Data: sábado 11 de novembro
  • Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
  • Código en fprofe: G2303014
Roteiro o Seminario de Estudos Galegos en Compostela

S2302041 Proba de nivel para participar en cursos CALC

Summary: 

Proba de nivel
Gallego

Queres saber o teu nivel de inglés, francés ou portugués?

Tes coñecementos pero non un título?

Pois, esta é a túa oportunidade!!!
Con esta proba poderás pescudar cal é o teu grao de coñecemento e comprensión actual de inglés, francés ou portugués e logo xa te podes apuntar no curso CALC.

  • Data: 30 de novembro
  • Hora: 17:30 h
  • Código en fprofe: S2302041
Proba de nivel para participar en cursos CALC