Gallego

Proba de nivel Cursos CALC

Summary: 

Ábrese o prazo para a inscrición na Proba de Nivel dos cursos CALC ata o 27 de setembro de 2020.
Gallego

Ábrese o prazo para a inscrición na Proba de Nivel dos cursos CALC. Para acceder a un curso CALC é necesario posuír o certificado/título que xustifique o nivel de lingua inmediatamente anterior, segundo a escala de niveis do MCERL (A1-A2-B1-B2-C1-C2). As persoas que NON POSÚEN ningún título ou certificado que acredite o seu nivel de lingua poderán facer esta Proba de Nivel. O resultado desta proba indicará o nivel no que se pode inscribir o/a participante. As persoas que posúen un certificado recollido na ORDE do 21 de xuño de 2016 NON TEÑEN que realizar a Proba de Nivel.

O prazo de inscrición nesta proba remata o 27 de setembro de 2020.

proba de nivel CALC
proba de nivel CALC

Boletín xuño 2020

Summary: 

Boletín de publicacións do CFR de A Coruña de xuño 2020
Gallego

Boletín de publicacións do CFR de A Coruña de xuño 2020

Para baixar o arquivo fai clic aquí

 

Boletín 2020
Boletín 2020

Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes

Summary: 

Oferta de formación básica inicial para a docencia online.
Gallego

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para paliar os danos que a situación socio-sanitaria relacionada co COVID-19 está a provocar nos centros educativos, oferta actividades formativas dirixidas aos/ás docentes que precisen unha formación inicial básica para o manexo de ferramentas para docencia a distancia.

 

 
Características da actividade:

Formación non presencial, de 10 horas de duración.
Contidos básicos: emprego da aula virtual e ferramentas de videoconferencia.

 

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Para máis información poñerse en contacto co CFR da Coruña por medio do correo electrónico cfr.coruna@edu.xunta.gal ou chamando ao teléfono 981.274.221

 

 

formación básica TIC
formación básica TIC

C1901154 Primeiros experimentos de ciencia para infantil e primaria

Summary: 

Curso impartido por Patricia Barciela e José Viñas.
Undefined

Data: 

15/04/2020 - 21/05/2020

Lugar: 

CFR A Coruña

Horario: 

16:30 a 20:00

Tema: 

Sección: 

C1901154 Primeiros experimentos de ciencia para infantil e primaria

Summary: 

Curso impartido por Patricia Barciela e José Viñas.
Gallego

Referencia: C1901154

Centro de formación e recursos: CFR A Coruña

Temporalización: 

15 e 16 de abril de 16:30 a 20:00

29 e 30 de 16 de abril de 16:30 a 20:00

20 e 21 de maio de 16:30 a 20:00

Data límite de inscrición: 23/03/2020

Lugar: CFR da Coruña - Aula Audiovisuais - 4º Andar

Prazas:  24

Horas totais: 25, das cales 4 son non presenciais. Haberá que realizar unha proposta de aula e presentala na última sesión.

Destinatarios: Educación infantil e Educación primaria.

Criterios de selección:

1.- Os criterios do plan anual de formación.

Obxectivos:

1. A adquisición de coñecementos e habilidades para aplicar o método indagativo na aula.

2. Ofrecer aos alumnos a oportunidade de explorar o mundo dende o punto de vista científico, aprendendo a facerse preguntas e a investigar a súa contorna.

3. Crear unha rede de profesores interesados en métodos activos de ensino das ciencias.

Contidos:

1.Ferramentas do explorador científico.

2.Exploramos cos nosos sentidos: ollos, orellas, nariz, lingua, mans e máis.

3.Exploramos a nosa contorna: a ciencia na cociña, o cuarto de baño, o xardín, o patio do colexio, e máis.

4.Exploremos fenómenos sorprendentes: luz, cor, ilusións ópticas, sonido, magnetismo e máis.

5.Exploramos a tecnoloxía-Robots garabateadores: aprender a construir uns artiluxios a motor que se moverán das formas máis sorprendentes e debuxarán os garabatos máis inesperados.

6.Exploremos o que aprendimos: proxecto final.

Asesor:

Óscar Domínguez Pérez (cfr.coruna.cientifico-tecnoloxico@edu.xunta.gal)

 

C1901154 Primeiros experimentos de ciencia para infantil e primaria
C1901154 Primeiros experimentos de ciencia para infantil e primaria

C1901152 Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Summary: 

Todos os mércores non festivos dende o 12 de febreiro ao 1 de abril
Gallego

Data: 

12/02/2020 - 01/04/2020

Lugar: 

CFR da Coruña, salón de Actos da UNED

Tema: 

Sección: 

C1901152 Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Summary: 

Estase a celebrar no CFR da Coruña a actividade formativa Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía todos os mércores non festivos dende o 12 de febreiro ao 1 de abril.
Gallego

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía
Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

S1902038 - Emprego de ferramentas maker: Torno- Fresadora CNC

Summary: 

Actividade presencial de 8 horas de formación para o manexo de ferramentas maker, neste caso o Torno- Fresadora CNC
Gallego

Código do curso: S1902038

Relator: Benito Lourido

Datas: 13 e 24 marzo

Destinatarios: Bacharelato, Educación Secundaria Obligatoria,Educación primaria, Educación secundaria para persoas adultas.

Obxectivos

1.Empregar software específico de deseño para o torno fresadora CNC.

2.Coñecer o funcionamento básico dun torno fresadora CNC.

3.Realizar un proxecto sinxelo empregando a máquina ferramenta CNC.

Contidos:

1.Software de deseño para torno fresadora CNC ( Inkscape)

2.Software específico do torno fresadora CNC.

3.Manexo do torno fresadora CNC.

Data: 

13/03/2020 - 24/03/2020

Lugar: 

CAFI - Aula Nova (Santiago de Compostela)

Tema: 

Sección: 

S1902040 - Emprego de ferramentas maker: Cortadora Láser

Summary: 

Actividade presencial de 8 horas de formación para o manexo de ferramentas maker, neste caso a Cortadora Láser
Gallego

Código do curso: S1902040

Relator: José Manuel Alvarez

Datas: 6 e 8 Mayo

Destinatarios: Bacheralato, Educación Secundaria Obligatoria, Educación Primaria, Educación secundaria para persoas adultas

Obxectivos:

1.Empregar software específico de deseño para unha cortadora láser.

2.Coñecer o funcionamento básico dunha cortadora láser.

3.Realizar un proxecto sinxelo empregando a cortadora láser.

Contidos:

1.Software de deseño para cortadoras láser ( Inkscape)

2.Software específico da cortadora láser (Lasercut).

3.Manexo da cortadora láser.

Data: 

06/05/2020 - 08/05/2020

Lugar: 

CAFI - Aula Nova (Santiago de Compostela)

Tema: 

Sección: 

S1902040 - Emprego de ferramentas maker: Cortadora Láser

Summary: 

Actividade presencial de 8 horas de formación para o manexo de ferramentas maker, neste caso a Cortadora Láser
Gallego

Código do curso: S1902040

Relator: José Manuel Alvarez

Datas: 6 e 8 Mayo

Destinatarios: Bacheralato, Educación Secundaria Obligatoria, Educación Primaria, Educación secundaria para persoas adultas

Obxectivos:

1.Empregar software específico de deseño para unha cortadora láser.

2.Coñecer o funcionamento básico dunha cortadora láser.

3.Realizar un proxecto sinxelo empregando a cortadora láser.

Contidos:

1.Software de deseño para cortadoras láser ( Inkscape)

2.Software específico da cortadora láser (Lasercut).

3.Manexo da cortadora láser.

S1902040 - Emprego de ferramentas maker: Cortadora Láser