Gallego

Nova zona de formación aberta na aula virtual do CFR da Coruña

Summary: 

Sección que contará cunha serie de cursos en formato aberto para o profesorado galego.
Gallego

Creouse unha zona de formación aberta no CFR da Coruña.

Nesta sección ponse á disposición do profesorado galego unha serie de cursos en formato aberto. 

Estes cursos, que inclúen só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización co que contan os cursos titorizados tanto en Platega como nos CFR da Rede de formación.

A día de hoxe contamos con dúas actividades de ferramentas institucionais:

·         Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes

·         Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto

Para poder acceder aos cursos debe ser vostede unha persoa usuaria da aula virtual do CFR, si non o é, pode crear o seu usuario segundo as instrucións indicadas na propia aula virtual.

Unha vez que sexa usuario, ten a chave de automatriculación no acceso de cada curso.

Formación aberta
Formación aberta

1ª feira matemática aldea do couto

Summary: 

Feira matemática na aldea do Couto do 29 de marzo ao 3 de abril
Gallego

1ª feira matemática na irreductible aldea do Couto.

Será os días 29, 30 e 31 de marzo e 1, 2 e 3 de abril de 2021.

Organiza a Fundación Eduardo Pondal e colabora o CFR da Coruña.

 

feira matemática na fundación Pondal
feira matemática na fundación Pondal

G2002078 Xuvenciencia. Aprender facendo

Summary: 

Xornadas virtuais en colaboración con Xuvenciencia
Gallego

Esta actividade ofrece formación específica sobre o método científico e o deseño de experimentos para o profesorado de secundaria. Traballáranse as distintas fases dun traballo científico desde a toma de datos e o procesamento e presentación dos mesmos (estatística descritiva, elaboración de gráficos mediante follas de cálculo ata a discusión dos resultados e a presentación dos mesmos en forma de artigo científico e mediante o uso de novas tecnoloxías (blogues, aulas virtuais, etc).

O curso impártese en forma de obradoiro, dividido en catro sesións relativas ás distintas fases dun traballo científico. Os contidos están recollidos en fichas de actividades que permiten aos participantes avanzar nos contidos ao seu ritmo individual.

Os participantes recibirán antes do curso un kit de experimentación, no seu centro, co fotómetro FOTOMETRIX do grupo XuvenCiencia xunto co material básico necesario para realizar medidas sen necesidade dun laboratorio.

 

Sesión 1: 14 de abril (mércores), 18-20 h: Mercedes Novo e Wajih Al-Soufi 

Introdución 

Actividade 1 – Deseño do experimento

- Coñecemento previo, busca bibliográfica

- Hipótese previa 

- Método e experimento proposto, modelo teórico, descrición matemática 

- Plan de traballo, datos necesarios 

Actividade  2 – Experimentación

- Montaxe experimental / equipamento 

- A libreta de laboratorio. O uso de táboas. A importancia das unidades

Oradoiro: determinación da concentración dun colorante mediante coa axuda dun fotómetro

 

Sesión 2: 15 de abril (xoves), 18-20 h: Wajih Al-Soufi e Ana Paula Losada

Actividade 3 – Análise dos datos (Follas de cálculo) 

- Táboas de datos nunha folla de cálculo – formato, unidades

-  Representación gráfica dos datos – Regresión lineal – Recta de calibración 

- A incerteza, precisión, exactitude e a significación das medidas 

 

Sesión 3: 21 de abril (mércores), 18-20 h: Wajih Al-Soufi e Ana Paula Losada 

Actividade 4 – Interpretación e discusión de resultados

- Interpretación dos resultados 

- Confirmación ou rexeitamento da hipótese

- Discusión, comparación co coñecemento previo, explicación dos resultados

- Propostas de mellora do experimento ou de ampliacións

 

Sesión 4: 22 de abril (xoves), 18-20 h: Marta López e Mercedes Novo

Actividade 5 – Memoria ou artigo científico, cartel para congresos 

- O artigo científico 

- A comunicación oral 

- O póster ou cartel científico 

Actividade 6 – Comunicación dos resultados mediante TIC

- Divulgación científica

- Bitácora persoal ou blogue

- Redes sociais

 

Inscrición en FProfe co código da actividade.

Xuvenciencia
xuvenciencia

G2002077 Tecnoloxía e creación maker

Summary: 

Xornadas virtuais sobre tecnoloxía e creación maker.
Gallego

O próximo mes de abril desenvolveranse as xornadas G2002077 Tecnoloxía e creación  maker” todos os venres en formato virtual. 

 

En cada videoconferencia ofrecerase unha visión actual sobre tendencias máis innovadoras no campo  tecnolóxico e educativo, tratando de potenciar o desenvolvemento de  proxectos  STEM/ STEAM nas aulas galegas. O obxectivo desta conexión  cas  novas tendencias tecnolóxicas é o estabrecemento dunha cultura  maker nos centros interesados que pensen en ofrecer alternativas prácticas ao seu alumnado.

 

As charlas están desenvoltas por 4 referentes nacionais:

 

-Venres 9 de abril: Nuria Robles, directora do Fablab León.

-Venres 16 abril: Concha Monje, investigadora en robótica da Universidade Carlos III de Madrid.

-Venres 23 de abril:  Nerea Luis, doctora e investigadora en Intelixencia artificial.

-Venres 30 de abril: Maria Castellanos, artista, investigadora e creadora de dispositivos tecnolóxicos.

 

Despois da charla os asistentes poderán establecer un diálogo coa convidada facéndolle chegar as súas preguntas e consultas sobre a temática exposta.

 

Datas: 9, 16, 23 e 30 abril

Horario: de 17,30 a 19,30 horas

Prazas: 50 

 

Inscrición e información en FProfe co código da actividade.

 

Xornadas maker en Aula Nova

O IES Eduardo Pondal presenta o proxecto CANSAT

Summary: 

IES Eduardo Pondal de Ponteceso o seu proxecto CANSAT no día internacional da muller
Gallego

Hoxe día Internacional da Muller e da nena na Ciencia, presentouse no IES Eduardo Pondal de Ponteceso o seu proxecto CANSAT.

Un CANSAT é unha simulación do lanzamento dun satélite real integrado dentro do volume e forma dunha lata de refrescos. Un dos requirimentos engadidos é cumprir cunha misión científica a realizar durante ese lanzamento. Todo o proceso realízao o alumnado amosando todas as súas comptencias clave.

 

Así dende o CFR de A Coruña, como membro colaborador, pudemos acompañalos no proceso de presentación do proxecto que retomaron do ano pasado para melloralo e obter mellores resultados que na anterior edición. Acompañamos ao  grupo de 8 alumnos e alumnas cunha gran iniciativa e moitos intereses polo mundo científico. Un grupo moi motivado e con moita iniciativa que o ano pasado quedou nun segundo posto na fase rexional sen ter a sorte de poder voar o seu satélite. Polo que prometeron que nesta edición volven tentalo.

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ieseduardopondalponteceso/CanSat

Twitter: @pontesat

Instagram: @pontesat

proxecto CANSAT
proxecto CANSAT

Atrévete a pescudar con elas!

Summary: 

Unha iniciativa da USC
Gallego

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña quere celebrar e compartir convosco o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 

Con este propósito realizaron dous audiovisuais, un dirixido a escolares de educación primaria (que podedes consultar nesta ligazón) e outro dirixido a escolares de educación secundaria (que podedes consultar nesta ligazón). Neles participaron investigadoras da USC para dar a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.  

Podedes participar nesta iniciativa visualizando os audiovisuais e logo gravando un pequeno vídeo preguntándolles o que queirades ás nosas científicas. Tedes ata o 31 de marzo de 2021 para vos gravar e mandar os vosos vídeos a través dunha ligazón facilitada por qr nos própios audiovisuais.  

Animádevos, xa que entre os participantes realizarase un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da nosa universidade, poderedes ver o lugar de traballo das nosas científicas! 

muller e ciencia
muller e ciencia

Próximo inicio dos cursos de contidos dixitais

Summary: 

Cursos que complementan os xa feitos no primeiro trimestre
Gallego

Nas vindeiras semanas darán comenzo os cursos de contidos dixitais:

  • Creación de contidos dixitais para a aula virtual
  • Ferramentas de avaliación na aula virtual
  • Ferramentas para a colaboración e interacción na aula virtual
  • Enriquecemento audiovisual para a aula virtual

Estes cursos pretenden dar continuidade aos xa realizados no primeiro trimestre do curso, incidindo e ampliando os contidos máis interesantes e útiles.

Se hai un número suficiente de docentes dun centro concreto, poderase facer especificamente para ese centro, do contrario, o profesorado interesado integrariase nun curso con profesorado doutros centros.

O prazo límite de inscrición é o 12 de febreiro.

contidos dixitais
contenidos digitales

Boletín de recursos do CFR da Coruña

Summary: 

Publicado un novo exemplar do “Boletín de recursos do CFR da Coruña”.
Gallego

O CFR de A Coruña ven de publicar un novo exemplar do seu “Boletín de recursos do CFR da Coruña”.

Remitimos aos centros educativos, neste momento o primeiro número dos dous que se publicarán neste curso escolar 2020/21. Número, este,  que inclúe recensións actualizadas, funcionais e prácticas.

O comentario de texto, tanto en formato dixital como impreso, e unha ampla e seleccionada escolma de temática diversa que esmiúza, de xeito didáctico, o mundo educativo; é un exemplo sobre o que poderá reflexionar e/ou debater en claustro, ou ben de forma personalizada.

Estas lecturas son unha ferramenta moi interesante para profundar no debate sobre o tipo de escola que estamos a deseñar, e a escola do futuro inmediato.

Nos seguintes número desexaríamos poder contar coa colaboración de todo aquel persoal docente que teña interese e se anime.

boletín CFR
boletín CFR

G2002071 Laboratorio de ideas e prototipos con Design Thinking

Summary: 

Actividade de formación de Aula Nova.
Gallego

Aula Nova oferta unha nova actividade de formación dentro da súa liña de traballo AulaNova Lab enfocada as metodoloxías que permitan o desenvolvemento de proxectos interdisciplanais de aula no eido STEM/STEAM.

A formación Laboratorio de ideas e prototipos con Design Thinking emprega esta metodoloxía para coñecer os pasos para implementala no prototipado. O pensamento de deseño tratar de atopar unha solución para facilitar a resolución dun problema real do docente seguindo unha secuencia consecutivas de etapas ben definidas.

Nesta formación, dinámica e activa, o proceso está contextualizado na educación.

As súas características son:

1.Duración: 12 horas

2.Modalidade: Videochamada vía Webex con apoio dunha aula virtual Moodle na plataforma do CAFI

3.Horario: de 18.00 a 21.00 horas

4.Sesións de traballo: 4 sesións de dúas horas

5.Calendario: 9, 18, 23 e 25 de febreiro

6.Contido das sesións:

  • Sesión 1: Ximnasia creativa. Deseño dun agasallo. Presentación. Creación dun proxecto de aula ou de centro. Mapa de empatía.

  • Sesión 2: Ximnasia creativa. Customer Journey map. Conceptualización. Integración de Scratch e Microbit.

  • Sesión 3: Ximnasia creativa. Análise do feedback. Redeseño da proposta. Presentación.

  • Sesión 4. Traballo individual na aula virtual

7.Relatores: Equipo de Vermislab

Inscrición en Fprofe co código da actividade.

Design Thinking
Desingn Thinking