Gallego

Axudar a aprender

Summary: 

Venres día 6 de maio ás 17:00 en Camariñas conferencia de Hector Ruíz
Gallego

O venres 6 de maio ás 5 da tarde como parte das actividades Espazo Educar Costa da Morte  que o CFR da Coruña leva a cabo neste curso, o neurólogo Hector Ruíz falará de cómo ensinar a aprender, cómo aprendemos e cómo ensinar ó método científico na escola. Nesta ocasión a charla terá lugar no Museo do Encaixe de Camariñas.

Héctor Ruiz Martín (@hruizmartin) é neurobiólogo, investigador nos campos da psicoloxía cognitiva da memoria e o aprendizaxe en contextos educativos, e director da International Science Teaching Foundation. Tamén dedicou tempo a escribir divulgación sobre o aprendizaxe en ensaios como "Aprendiendo a aprender"(2020) e "¿Cómo aprendemos?. Una aproximación científica al aprendizaje y la enseñanza" (2020). 

Aprender a aprender con Hector Ruíz
Aprender a aprender con Hector Ruíz

Educa TIC

Summary: 

Arteixo Innovación.V encontro de experiencia Educa TIC o 4, 5 e 6 de maio de 2022.
Gallego

Arteixo Innovación. V encontro de experiencia Educa TIC o 4, 5 e 6 de maio de 2022.

Inscricións: Correo electrónico: educacion@arteixo.org ou teléfono: 981 64 72 94 - 981 65 91 41

Data límite: 3 de maio

                   Prazas limitadas ata completar aforo

Encontro presentado por Eva Iglesias, Xefa de informativos de COPE Coruña

4, 5 e 6 de maio de 2022 no Centro Arteixo Innovación Avda Arsenio Iglesias, 46, 15142 Arteixo, A Coruña

E ademáis os días 4, 5 e 6 de maio - Servizo de conciliación para asistentes: Actividades para nenos e nenas con previa inscrición

 

Educa TIC. V encontro de experiencias
Educa TIC. V encontro de experiencias

Acollida do alumnado desprazado polo conflito de Ucraína

Summary: 

Plan de Escolarización e Acollida do alumnado desprazado polo conflito de Ucraína no Sistema Educativo Galego
Gallego

Información sobre axuda a Ucraina - Інформація про допомогу Україні

Podes descargar o PDF resumo facendo clic no ficheiro do final da páxina.

Toda a información nas seguintes ligazóns

Plan de Escolarización e Acollida do alumnado desprazado polo conflito de Ucraína no Sistema Educativo Galego

Normativa

Recursos

Equipamento TIC

PDF resumo facendo clic no ficheiro

Ucraína
Ucraína

G2101076 - Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música

Summary: 

Aproveitamento da aula virtual
Gallego

Esta actividade de Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música  consta de dúas partes:

  • Primeira parte: consiste en varias sesións de videoconferencias, días 13, 14, 15 e 16 de decembro (10:00-13:00).
  • Segunda parte: traballo con Moodle no mes de xaneiro.

 

Contidos

  1. Enfoque de tarefas e colaboración na Rede. Cooperar e coavaliar nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
  2. Creación dunha aula virtual e de actividades interactivas con H5P para as ensinanzas elementais e profesionais de música.
  3. Actividades colaborativas en Moodle para as materias de Educación auditiva e vocal, Linguaxe musical, Harmonía, Análise, Historia da música e Novas tecnoloxías aplicadas á música.
  4. Atender á diversidade na Rede: fase presencial e seguimento do alumnado que cursa ensinanzas elementais e profesionais de música.
  5. Dinámicas e rotación de grupos.
  6. Retroalimentación construtiva.

 

Obxectivos

  1. Coñecer e utilizar diferentes recursos e dispositivos, dinámicas e metodoloxías para optimizar o ensino a través da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
  2. Aprender a monitorizar a aprendizaxe do alumnado, dinamizar os foros de interacción e promover actividades de carácter grupal e colaborativo que axuden a formar aprendices autónomos nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
  3. Empregar a observación, a innovación e a retroalimentación como complementos activos no proceso de revisión, correción e avaliación de actividades telemáticas nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música
Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música

G2101076 - Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música

Summary: 

Aproveitamento da aula virtual
Undefined

Este curso consta de dúas partes:

- Primeira parte: consiste en varias sesións de videoconferencias, días 13, 14, 15 e 16 de decembro (10:00-13:00).

- Segunda parte: traballo con Moodle no mes de xaneiro.

 

Contidos

1.Enfoque de tarefas e colaboración na Rede. Cooperar e coavaliar nas ensinanzas elementais e profesionais de música.

2.Creación dunha aula virtual e de actividades interactivas con H5P para as ensinanzas elementais e profesionais de música.

3.Actividades colaborativas en Moodle para as materias de Educación auditiva e vocal, Linguaxe musical, Harmonía, Análise, Historia da música e Novas tecnoloxías aplicadas á música.

4.Atender á diversidade na Rede: fase presencial e seguimento do alumnado que cursa ensinanzas elementais e profesionais de música.

5.Dinámicas e rotación de grupos.

6.Retroalimentación construtiva.

 

Obxectivos

1.Coñecer e utilizar diferentes recursos e dispositivos, dinámicas e metodoloxías para optimizar o ensino a través da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música.

2.Aprender a monitorizar a aprendizaxe do alumnado, dinamizar os foros de interacción e promover actividades de carácter grupal e colaborativo que axuden a formar aprendices autónomos nas ensinanzas elementais e profesionais de música.

3.Empregar a observación, a innovación e a retroalimentación como complementos activos no proceso de revisión, correción e avaliación de actividades telemáticas nas ensinanzas elementais e profesionais de música.

Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música
Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música

Guías para a formación do profesorado

Summary: 

Guías para axudar na procura e xestión das actividades de formación do profesorado organizadas polo CFR de A Coruña
Gallego

Ponse a disposición do profesorado unha serie de guías encamiñadas a facilitar a xestión das actividades de formación do profesorado organizadas polo CFR de A Coruña ou para axudar na procura de actividades ofertadas na rede de formación.  

LIGAZÓN ás guías (acceso aberto):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=1968

Guías para a formación do profesorado
Guías para a formación do profesorado

Nova zona de formación aberta na aula virtual do CFR da Coruña

Summary: 

Sección que contará cunha serie de cursos en formato aberto para o profesorado galego.
Gallego

Creouse unha zona de formación aberta no CFR da Coruña.

Nesta sección ponse á disposición do profesorado galego unha serie de cursos en formato aberto. 

Estes cursos, que inclúen só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización co que contan os cursos titorizados tanto en Platega como nos CFR da Rede de formación.

A día de hoxe contamos con dúas actividades de ferramentas institucionais:

·         Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes

·         Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto

Para poder acceder aos cursos debe ser vostede unha persoa usuaria da aula virtual do CFR, si non o é, pode crear o seu usuario segundo as instrucións indicadas na propia aula virtual.

Unha vez que sexa usuario, ten a chave de automatriculación no acceso de cada curso.

Formación aberta
Formación aberta

Atrévete a pescudar con elas!

Summary: 

Unha iniciativa da USC
Gallego

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña quere celebrar e compartir convosco o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 

Con este propósito realizaron dous audiovisuais, un dirixido a escolares de educación primaria (que podedes consultar nesta ligazón) e outro dirixido a escolares de educación secundaria (que podedes consultar nesta ligazón). Neles participaron investigadoras da USC para dar a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.  

Podedes participar nesta iniciativa visualizando os audiovisuais e logo gravando un pequeno vídeo preguntándolles o que queirades ás nosas científicas. Tedes ata o 31 de marzo de 2021 para vos gravar e mandar os vosos vídeos a través dunha ligazón facilitada por qr nos própios audiovisuais.  

Animádevos, xa que entre os participantes realizarase un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da nosa universidade, poderedes ver o lugar de traballo das nosas científicas! 

muller e ciencia
muller e ciencia

Próximo inicio dos cursos de contidos dixitais

Summary: 

Cursos que complementan os xa feitos no primeiro trimestre
Gallego

Nas vindeiras semanas darán comenzo os cursos de contidos dixitais:

  • Creación de contidos dixitais para a aula virtual
  • Ferramentas de avaliación na aula virtual
  • Ferramentas para a colaboración e interacción na aula virtual
  • Enriquecemento audiovisual para a aula virtual

Estes cursos pretenden dar continuidade aos xa realizados no primeiro trimestre do curso, incidindo e ampliando os contidos máis interesantes e útiles.

Se hai un número suficiente de docentes dun centro concreto, poderase facer especificamente para ese centro, do contrario, o profesorado interesado integrariase nun curso con profesorado doutros centros.

O prazo límite de inscrición é o 12 de febreiro.

contidos dixitais
contenidos digitales

Boletín de recursos do CFR da Coruña

Summary: 

Publicado un novo exemplar do “Boletín de recursos do CFR da Coruña”.
Gallego

O CFR de A Coruña ven de publicar un novo exemplar do seu “Boletín de recursos do CFR da Coruña”.

Remitimos aos centros educativos, neste momento o primeiro número dos dous que se publicarán neste curso escolar 2020/21. Número, este,  que inclúe recensións actualizadas, funcionais e prácticas.

O comentario de texto, tanto en formato dixital como impreso, e unha ampla e seleccionada escolma de temática diversa que esmiúza, de xeito didáctico, o mundo educativo; é un exemplo sobre o que poderá reflexionar e/ou debater en claustro, ou ben de forma personalizada.

Estas lecturas son unha ferramenta moi interesante para profundar no debate sobre o tipo de escola que estamos a deseñar, e a escola do futuro inmediato.

Nos seguintes número desexaríamos poder contar coa colaboración de todo aquel persoal docente que teña interese e se anime.

boletín CFR
boletín CFR