Gallego

G1602026 - Plataforma de valoración física para a saúde-DAFIS

Summary: 

O próximo 21 de xaneiro terá lugar na EGAP o curso " Plataforma de valoración física para a saúde- DAFIS". Trátase dun curso de 8h, 5h presenciais e 3 na Rede; é un curso dirixido aos profesores/as de Educación física dos centros inscritos no Plan Proxecta, no programa PDC e coa submodalidade DAFIS. De non alcanzar o número máximo de prazas, admitiranse outros participantes por orde de inscrición.
Obxectivos: - Coñecer o funcionamento da plataforma dixital de valoración da condición física saudable DAFIS e a súa vinculación co Plan Proxecta, de innovación educativa. - Coñecer os protocolos e test propostos para a valoración da condición física saudable nos centros educativos a través da plataforma dixital DAFIS. - Establecer unha metodoloxía de implantación dos protocolos de valoración nos centros educativos, a súa relación co Proxecto Deportivo de Centro e a integración con proxectos de innovación educativa.
Gallego

DATA: 21 de xaneiro 2017

HORARIO: de 09:00 a 14:00

LUGAR DE CELEBRACIÓN: EGAP, Rúa de Madrid, 2-4 15707 (Polígono de Fontiñas) Santiago de Compostela, A Coruña

NÚMERO DE HORAS: 8h (5h presenciais e 3h na Rede)

ENLACE A FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=74918

DAFIS
DAFIS

S1602022 Atención educativa en urxencias sanitarias

Summary: 

O próximo día 30 de novembro e 1 de decembro terá lugar no IES de Sar o curso " Atención educativa en urxencias sanitarias" dirixido a todas a todos os profesores e mestres do ensino público. Trátase dun curso de 8h, 6 presencias e 2 na Rede a través dunha aula virtual en Platega2.
Gallego

Obxectivos:

1.Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo da Consellería

2.Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten á saúde da Comunidade Educativa

Contidos:

1.Primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias no ámbito educativo

2.Rexistro, xestión e notificación de urxencias sanitarias no ámbito educativo

Data de comezo: 30 de novembro

Data de finalización: 1 de decembro

Lugar de celebración: IES de Sar

Número de horas totais: 8 h

Ligazón a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=74742

Ligazón a Platega2: http://https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=474

urxencias sanitarias
urxencias sanitarias

S1601094 Xadrez na educación secundaria

Summary: 

O vindeiro día 10 de novembro comezará no CAFI o curso presencial "Xadrez na educación secundaria", nas seguintes datas 10, 14, 17, 23 e 24 de novembro.
Gallego

Obxectivos

1.Coñecer as normas básicas polas que se rexe o xadrez e as súas posibilidades didácticas.

2.Desenvolver actividades e xogos encamiñados a iniciar ao alumnado no xadrez.

3.Utilizar recursos doutras disciplinas que favorezan o desenvolvemento competencial do xadrez.

Contidos

1.Coñecemento do vocabulario específico e das normas básicas polas que se rexe o xadrez.

2.Realización de xogos e actividades baseados no xadrez.

3.Catalogación de recursos didácticos para a implementación do xadrez na aula.

4.O xadrez como ferramenta que favorece a socialización, o razoamento lóxico, a análise e a reflexión. 

 

Data de comezo: 10 de novembro.

Data de finalización: 24 de novembro.

Horario: 17h a 21h.

Lugar de celebración: CAFI Aula 1.12

Número de horas totais: 20 h.

Enlace a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=74093

Xadrez na educación secundaria
Xadrez na educación secundaria

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros

Summary: 

Prazas dispoñibles! Podedes facer a inscrición en FPROFE Mércores 28 e xoves 29 de setembro | EGAP (Santiago de Compostela)
Gallego

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros

S1601015 Educación auditiva, compresión e improvisación. Metodoloxía IEM

Summary: 

Curso destinado a profesores de Ensinanzas de réxime especial de música, catedráticos e profesores de música e artes escénicas
Gallego

Data de comezo: 5 de setembro

Data de finalización: 9 de setembro

Lugar de celebración: CMUS. Santiago de Compostela

Número de horas totais: 30 h

Enlace a fprofe:https://www.edu.xunta.gal/fprofe/detalleActividade.do?DIALOG-EVENT-consultar&clave=S1601015

Obxectivos:

1. Comprender as claves da metodoloxía IEM.

2. Aprender a seleccionar materiais musicais para o desenvolvemento de unidades didácticas.

3. Desenvolver unidades didácticas que traballen todos os elementos da música: forma, ritmo, harmonía, melodía e textura.

Contidos:

1. A linguaxe musical no currículo do ensino elemental e profesional.

   1.1. Desenvolvemento de unidades didácticas elaboradas a partir de cancións e melodías procedentes da música clásica, folclórica, e popular, de acordo coas súas achegas harmónicas, rítmicas, melódicas e formais.

2. Análise de cancións e melodías.

3. Improvisación rítmica e desenvolvemento de exercicios.

4. Comprensión harmónica dende os inicios.

5. Improvisación melódica e desenvolvemento de exercicios.

   5.1. Creación de motivos.

   5.2. Creación de melodías.

6. A audición consciente como ferramenta transversal: ritmo, melodía, harmonía e forma.

7. Recursos didácticos na aula de linguaxe musical.

8. Exposición de unidades didácticas elaboradas para linguaxe musical.

Educación auditiva
Educación auditiva

S1603002 Composición musical para a imaxe

Summary: 

Curso dirixido ao profesorado de corpo de música e artes escénicas e profesorado de ensino secundario e primario.
Gallego

Data de comezo: 5 de setembro

Data de finalización: 8 de setembro

Lugar de celebración: CMUS de Santiago

Número de horas totais: 16h

Enlace a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/detalleActividade.do?DIALOG-EVENT-consultar&clave=S1603002

Obxectivos:
- Conseguir do alumnado unha destreza ou familiaridade co relato audiovisual na maioría da súas facetas, interesándose pro novos materiais musicais.
- Aprender a determinar de forma musical a natureza específica do relato para aplicar de xeito consecuente a concepción musical precisa en cada momento.
- Conseguir facer válido o aforismo" Un bo compositor de cine non é o que mellor música compón senón o que mellor cine fai con ela".
Contidos:
- Aproximacións estilística da música aplicadas a imaxe.
- Papel da música  aplicada á imaxe e as súas consecuencias formais.
- Revisión dos instrumentos musicais da tradición occidental e doutras culturas, as súas características físicas, acústicas e musicais, as súas posibilidades tímbricas e expresivas ademais do uso e deseño de instrumentos virtuais.
- Técnicas de organización para a composición sobre proxectos e a súa ulterior produción e captación.
- Planificación de procesos de produción sonora e achegamento ás distintas técnicas e procesos de captación, gravación, creación, manipulación e difusión de material sonoro e musical.

composición musical
composición musical

Formación aberta na Rede: "O currículo na aula"

Summary: 

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Esta actividade virtual permitirá ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas. Prazo de inscrición: Ata o 21 de abril de 2016.
Gallego

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Trátase dunha actividade coas seguintes características:

  • Lévase a cabo de forma virtual na Rede, a través de Platega2.

  • Está conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria.

  • Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Ao tratarse dunha formación en aberto non ten asociado recoñecemento de horas de formación.

 

Permite ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas.

Podes automatricularte en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=209.  Introduce os teus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.

A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio. Estará conformada por 4 módulos:

  • Currículo e aproximación á programación

  • Rúbricas e mínimos esixibles

  • Perfil de competencia.

  • Tarefas integradas.

O prazo de inscrición xa rematou, pero hai posibilidade de visualizar os contidos do curso como convidados.

 

 

 

 

 

Formación Aberta na Rede: O currículo na aula
Formación Aberta na Rede: O currículo na aula

S1502041 Xornadas Xosé Calviño: A educación das persoas adultas, análise e perspectivas

Summary: 

Datas: 26, 27 e 28 de abril. Lugar de celebración: Aula magna do Instituto Xelmírez I
Gallego

O aprendizaxe ao longo da vida obriga a situar a Formación das Persoas Adultas e colectivos específicos no centro das políticas formativas. A aparición de múltiples e diversas accións formativas dirixidas a estas persoas obriga a reflexionar sobre a súa adecuación as necesidades deste colectivo. 

Nestas Xornadas Pedagóxicas Xosé Calviño: A educación das persoas adultas, realizarase  un análise das necesidades formativas deste colectivo así como as súas perspectivas de futuro

 

Obxectivos:
1.Analizar a situación actual da educación de persoas adultas.

2.Analizar os cambios necesarios na educación de adultos para mellorar a súa inserción no mundo laboral, e a información que reciben sobre as posibles vías para a continuidade da súa formación.

3.Analizar aspectos psicoeducativos das ensinanzas de adultos.

Contidos:

 1.A educación de adultos. Reflexión sobre a situación actual.

2.A educación de adultos. Reflexión sobre a situación desexable.

3.A educación de adultos e as posibles saídas profesionais. 

 

Datas: 26, 27 e 28 de abril.

Horario: 26 abril de 18 a 22h

             27 e 28 de 17 a 21h

Lugar de celebración: Aula magna do Instituto Xelmírez I

Número de horas totais: 12h

Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=72903

S1502041 Xornadas Xosé Calviño: A educación das persoas adultas, análise e perspectivas

G1501026 O profesorado como axente de saúde. Prevención do tabaquismo na escola

Summary: 

O próximo día 2 de marzo comezará no CAFI o curso " O profesorado como axente de saúde. Prevención do tabaquismo na escola, curso do Plan anual de formación do profesorado 2015/16, dirixido o profesorado en xeral.
Gallego

A finalidade da actividade é mellorar os coñecementos do profesorado sobre os condicionantes do inicio e mantemento do consumo de tabaco, sensibilizar os docentes na prevención de factores de risco dende o ámbito educativo dando a coñecer as actividades e proxectos de prevención do tabaquismo que están realizándose na actualidade, e facilitar información para fomentar a implicación das familias xunto co centro, para a adquisición de hábitos de vida saudable.

Data de comezo: 2 de marzo

Data de finalización: 8 de marzo

Lugar de celebración: CAFI (aula Biblioteca)

Número de horas totais: 20h, 12 presenciais, 8 en rede

Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=66787

Enlace a Aula Virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=666

tabaquismo
tabaquismo

V1501022 O coro escolar, unha actividade integradora para o alumnado

Summary: 

O día 2 de marzo comezará o curso V1501022 O coro escolar, unha actividade integradora para o alumnado, no CMUS Superior de Música de Vigo. Cunha duración de 20 horas, para profesorado de música de primaria e secundaria.
Gallego

O día 2 de marzo comezará o curso V1501022 O coro escolar, unha actividade integradora para o alumnado, no CMUS Superior de Música de Vigo. Cunha duración de 20 horas, para profesorado de música de primaria e secundaria.

coro

Coro
Coro