Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. |
|
Fomento da lectura
Dia do Libro 2017
Medremos co libro!
Achégase abril, o mes dos libros (como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares) e con el unha das datas máis significativas para os mediadores e mediadoras de lectura, o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil no que se celebra o nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.
Nesta ocasión, a sección de Ibby de Rusia foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, do escritor ruso Sergey Makhotin fala da importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan. O debuxante e ilustrador Mikhail Fedorov pon a imaxe a este cartel que se difunde xunto co texto nas catro linguas do estado. Tamén está accesibe en inglés e ruso a través da páxina de Ibby.
Coma en anos anteriores, GALIX anima a centros escolares, bibliotecas e librarías a colaborar na difusión desta mensaxe. Así mesmos, as bibliotecas e centros educativos poden participar no concurso "Andersen hoxe" que para a celebración deste día organizan a OEPLI e todas as súas seccións. Pódese acceder a toda a información nesta ligazón.
24 de febreiro, Día de Rosalía
O Calendario do Libro e da Lectura 2017 que publica a Secretaría Xeral de Cultura recolle o día 24 de febreiro como o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Hai xa tempo que as bibliotecas escolares veñen celebrando o DÍA DE ROSALÍA nesta data a instancias da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega). Así Rosalía vive na voz de nenas e nenos que recitan os seus poemas; as mozas e mozos descubren nos seus versos á muller que é, como ben di Ledicia Costas no seu Manifesto polo Día de Rosalía, "unha xigante que non precisa respiración asistida, nin prantos, nin ritos florais. Os pulmóns da súa obra aférranse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda".
Velaquí algúns exemplos da actividade que percorre estes días as bibliotecas escolares galegas:
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Celeiro, Viveiro, Lugo): Rosalía-Te
- CEIP Campolongo (Pontevedra): Proposta para o Día de Rosalía
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña): Día de Rosalía
- CEIP Coirón-Dena (Meaño, Pontevedra): Inspir-ARTE con Rosalía
- CEIP A Cristina (Carballo, A Coruña): Rosalía-Te
- CEIP Feliciano Barrera (Ponteareas, Pontevedra): recitado da Alborada
- CEIP Lamas de Abade (Santiago, A Coruña): Poemas musicados de Rosalía
- CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás, Ourense): Mannequin challenge
- CEIP P. A Pedra (Bueu, Pontevedra): Recitado de poemas
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo, A Coruña): #RosalíaTe
- CEIP P. da Pontenova (A Pontenova, Lugo): Día de Rosalía
- CEIP P. Profesor Albino Núñez (Ourense): Día de Rosalía
- CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás, Ourense): Felicidades Rosalía
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): #RosaliaDos
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Recitado de poemas
- CPI Antonio Faílde ( Coles, Ourense): Día de Rosalía
- CPI P. Cabo da Area (Laxe, A Coruña): Rosali-arTE
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños, A Coruña): Día de Rosalía
- CPR Valle Inclán (Ferrol, A Coruña): Propostas para o Día de Rosalía
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): #Rosalía-te: Día de Rosalía de Castro 2017
- IES Concepcíon Arenal (Ferrol, A Coruña): Recitado de poemas
- IES Chano Piñeiro (Forcarei, Pontevedra): Concurso de ilustración dun poema de Rosalía
- IES Fontexería ( Muros, A Coruña): Mannequin Challenge
- IES Johan Carballeira (Bueu, Pontevedra): Libros ás rúas 2017
- IES Laxeiro ( Lalín, Pontevedra): Mannequin Challenge A xustiza pola man
- IES Nº1 (Ribeira, A Coruña): Mannequin Challenge
- IES A Pastoriza ( Arteixo, A Coruña): #RosalíaTe Mannequin Challenge
- IES Pazo da Mercé (Biblioteca Rosalía de Castro) (As Neves, Pontevedra): Exposición sobre Rosalía
- IES Salvador de Madariaga: Mannequin Challenge
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Rosalía, territorio da escultura
- IES Terra de Soneira (Vimianzo, A Coruña): Recital poético
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): Mannequin Challenge "Aquí e agora"
- IES A Xunqueira II (Pontevedra): Recitado de poemas
Resolución da convocatoria de Clubs de lectura para o curso 2016/2017
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se asignan as contías destinadas ao funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario de titularidade da consellería. Segue aumentanto o número de centros que matriculan alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, que poñen en marcha un club de lectura con un ou varios grupos de lectores e lectoras. Neste curso 2016/2017 recibirán axuda da consellería un total de 243 centros.
Os clubs de lectura están a ser espazos de encontro e de intercambio de experiencia lectora; lugares para aprender a convivir coas ideas e opinións dos outros e onde poder expor, nun clima de confianza as ideas propias, compartir inquedanzas, coñecemento e entusiasmo. En definitiva, lugares nos que aprender a ser cidadáns activos e críticos, persoas lectoras que tecen vínculos entre sí e cos libros e a cultura. Na imaxe, alumnas e alumnos do Club de Lectura do IES San Mamed, de Maceda (Ourense).
Inverno 2016: As bibliotecas escolares galegas recomendan...
Achéganse días de lecer, de facer agasallos, de compartir tempo con amigos e familiares e as bibliotecas escolares galegas comezan a difundir as súas propostas de lectura. De lectura, de música, de cine... para todas as idades e intereses. Coma no IES A Pinguela (Monforte de Lemos), o libro e a lectura deberían estar presentes tamén neste días, coándose por todos os recunchos, coma o aire para respirar. Velaquí temos un bo feixe de títulos seleccionados para este tempo de inverno:
- CEIP P. Albino Núñez (Ourense): Recomendacións de lectura para Nadal
- CEIP Arealonga (Vilagarcía de Arousa): Lecturas para o Nadal
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia): Guía de nadal
- CEIP Canosa- Rus (Coristanco): Historias marabillosas agardan por ti
- CEIP de Carballedo (Cotobade): Recomendacións lectoras
- CEIP Os Casais (Fene):Pensando "nesa" carta
- CEIP do Castrillón- Coiro ( Cangas): Recomendacións de lectura
- CEIP de Cedeira (Redondela): Guías de lectura
- CEIP Cespón (Boiro): Recomendacións literarias
- CEIP Coirón-Dena (Meaño): Recomendacións lectoras- AgasallArte
- CEIP O Coto (Negreira): Recomendación para o Nadal
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume): Suxestións de nadal
- CEIP As Covas (Meaño): Recomendacións de lecturas de Nadal
- CEIP A Cristina (Carballo): Recomendacións lectoras
- CEIP Chano Piñeiro (Gondomar): Recomendacións de inverno
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo) Recomendacións lectoras de Nadal
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Recomendacións lectoras
- CEIP de Espedregada (Poio): Recomendacións de lectura
- CEIP de Foz (Foz): Guía de lectura
- CEIP de Frións (Ribeira): Recomendacións de Nadal
- CEIP de Guillarei (Tui): Recomendacións de Nadal
- CEIP Igrexa-Candeán (Vigo): Guía de lecturas
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Guía de Nadal
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela): Recomendacións de Nadal
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño): Recomendacións de Nadal
- CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela): Calendario de fábula
- CEIP P. de Louro (Muros): Recomendacións de lectura de Nadal
- CEIP Manuel Vidal Portela ( Pontevedra): Recomendacións de Nadal
- CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños) : Ler para soñar
- CEIP P. Monte dos Postes (Santiago de Compostela): Boletín de Nadal
- CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás): Recomendacións lectoras
- CEIP Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas): Recomendacións lectoras
- CEIP de Pazos (Ferrol): Recomendacións lectoras
- CEIP P. Pintor Laxeiro ( Vigo) : Guía de lectura de Nadal
- CEIP O Piñeiriño (Vilagarcía de Arousa): Guía de recomendacións
- CEIP da Pontenova (A Pontenova): Lecturas recomendadas para Nadal
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo):Recomendacións de Nadal
- CEIP de Ponte Sampaio ( Pontevedra): Guía de lecturas de Nadal
- CEIP Porto Cabeiro (Redondela): Guía de Lectura
- CEIP P. O Ramo (Fene): Recomendacións lectoras
- CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda): Recomendacións de lectura para o Nadal
- CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei): Recomendacións de lectura
- CEIP Reibón (Moaña): Recomendacións lectoras I - Recomendacións lectoras II
- CEIP Rogelio García Yañez (Ramirás): Recomendacións lectoras
- CEIP Sagrado Corazón (Lugo): Recomendacións lectoras
- CEIP San Roque (Vilanova de Arousa): Suxestións de lecturas
- CEIP A Sangriña: Recomendacións lectoras para nadal
- CEIP Santa Baia (Boiro): Recomendacións lectoras
- CEIP Santiago Apóstolo (Franza-Mugardos): Recomendacións de lectura para o Nadal
- CEIP Os Tilos (Teo) : Recomendacións de lectura para o Nadal
- CEIP Torre - Illa (A Illa de Arousa): Recomendacións de nadal
- CEIP Virxe do Carme (Burela): Guía de lecturas de Nadal
- CEIP P. Vista Alegre (Burela): Recomendacións lectoras
- CEP Altamira (Salceda de Caselas): Propostas de lecturas para Nadal
- CEP Campolongo (Pontevedra): Recomendacións lectoras
- CEP Lois Tobío (Viveiro): Guía de lecturas para o Nadal
- CEP Marcos da Portela-Monte Porreiro (Pontevedra) : Recomendacións lectoras de Nadal
- CPI Antonio Faílde (Coles): Recomendacións de lectura
- CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón): Recomendacións lectoras
- CPI Cabo da Area (Laxe): Guía de lecturas
- CPI da Cañiza (A Cañiza): Guía de lectura de Nadal
- CPI Dr. López Suárez (Friol): Suxestións para o Nadal
- CPI de Pontecesures (Pontecesures): Recomendacións de lectura para o Nadal
- CPI Progreso (Catoira): Recomendacións lectoras
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal): Recomendacións de lectura para Nadal
- CPI As Revoltas ( Cabana de Bergantiños): Guía de recomendacións
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño): Guía de Nadal sobre Roald Dahl
- CPI P. de Vedra (Vedra): Ler no Nadal
- CRA de Culleredo (Culleredo): Guía de Lectura de Nadal
- EEI Barrionovo (Arteixo): Que a cor a poñan os libros
- EEI Fina Casalderrey (Pontevedra): Suxerencias navideñas
- EEI de Vilarrodís (Arteixo): Suxestións bibliotecarias
- IES Blanco Amor (Ourense): Campaña Regala un libro por nadal
- IES Concepción Arenal (Ferrol): Recomendacións de Nadal I - Recomendacións de Nadal II
- IES David Buján (Cambre): Boletín de Nadal
- IES Eusebio da Guarda (A Coruña): Boletín de lecturas do nadal
- IES Félix Muriel (Rianxo): Recomendacións
- IES de Fene (Fene): Suxestións de Nadal
- IES Fernando Esquío (Neda): Recomendacións para o nadal
- IES Fontexería (Muros): Recomendacións para as vacacións de inverno
- IES Lama das Quendas (Chantada): Recomendacións de Nadal
- IES Lucus Augusti (Lugo): Recomendacións lectoras
- IES Marco do Camballón (Vila de Cruces): Recomendacións de Nadal
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): 20 propostas da biblioteca para o Nadal 2016
- IES Monelos ( A Coruña): Recomendacións lectoras
- IES Monte das Moas (A Coruña): Boletín de Nadal
- IES Monte Neme (Carballo): Guía de lectura de Nadal
- IES A Pinguela (Monforte de Lemos): Recomendacións de Nadal
- IES Poeta Añón (Serra de Outes): Selección de libros e películas
- IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas): Suxestións lectoras
- IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela): Boletín especial Nadal 2016
- IES de Quiroga (Quiroga): Recomendacións de Nadal
- IES Rafael Dieste ( A Coruña): Guías de Nadal
- IES Nº 1 de Ribeira (Ribeira): Recomendacións de lecturas para Nadal
- IES Salvador de Madariaga (A Coruña): Recomendacións para Nadal
- IES San Paio (Tui): Boletín de Nadal
- IES Terra de Soneira (Vimianzo): Nadal en galego
- IES Universidade Laboral (Culleredo): Novidades
- IES Vilar Ponte (Viveiro): Suxestións de nadal
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria): Suxestións de nadal
- IES A Xunqueira II (Pontevedra): Recomendacións de lectura para o Nadal
- Bibliotecas escolares de Ames
- Bibliotecas de Rianxo ( CEIP A.D.R Castelao -CEIP Ana Mª Diéguez - CEP Brea
Segade - B.P.M. Castelao de Rianxo): Tempo de acivros, tempo de libros - CEIP Castrelo de Miño (Castrelo de Miño)- CRA Amencer (Ribadavia)
- Coordinadora dos EDLG do Morrazo
Programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2016/2017
|
Iniciativa |
Finalidade |
Características |
1 |
Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” |
Recoñecer a bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. |
|
2 |
Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) |
Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.
Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial. |
|
3 |
Voluntariado de lectura – A (Primaria) |
Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura, entre o alumnado de 5º e 6º de primaria. |
|
Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas-2016
O auditorio da Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, foi o escenario para a presentación do Manifesto e as actividades de NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, unha iniciativa conxunta da Secretaría Xeral de Cultura (Subdirección de Bibliotecas), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de Bibliotecas Escolares), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en apoio da presenza da divulgación científica en galego en todas as bibliotecas da comunidade autónoma galega.
A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"- 2015, foi a científica convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo que deberíamos darlle máis valor".
O Secretario Xeral de Cultura presentou, así mesmo, o díptico que se edita coas actividades das bibliotecas públicas programadas para este mes de novembro, así como os recursos e actividades que sobre a ciencia en galego se levan a cabo tamén nas bibliotecas escolares.
- DÍPTICO "Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas"
- MANIFESTO de Isabel Aguirre de Urcola. Arquitecta.
Convocatoria dos clubs de lectura 2016/2017
Presentación de documentación - Convocatoria Clubs de Lectura 2016-2017
ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN DE CLUBS DE LECTURA 2016/2017 EN FORMATO ELECTRÓNICO
Unha vez realizada a presentación da solicitude a través do Rexistro Xeral polos procedementos habituais contemplados no punto 5 da convocatoria de 1 de setembro, deberán enviarse a través desta páxina os 3 ficheiros solicitados en formato electrónico, tal como se recolle no devandito punto 5.
Para que sexa admitida a solicitude é IMPRESCINDIBLE a entrada da documentación a través do Rexistro Xeral da Xunta ou nos lugares e na forma previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
- Anexo I da solicitude.
Descrición: Documento da solicitude, Anexo I
Formato: PDF.
Nomenclatura do ficheiro: "codigocentro_anexoI_conv_CL_1617.pdf"
(non é preciso escribir o .pdf, xa o debe poñer automaticamente ao gardar o ficheiro neste formato)
Descarga: Modelo AnexoI, formatos ODT - DOC - Certificacións de presentación no Claustro e no Consello Escolar (curso 2016-2017).
Descrición: Un único documento onde se recollan as datas de presentación do proxecto de Club de Lectura no Claustro e no Consello Escolar.
Formato: PDF.
Nomenclatura do ficheiro: "codigocentro_certificacions_conv_CL_1617.pdf"
Descarga: Modelo Certificacións, formatos ODT - DOC - Breve descrición do proxecto do Club de Lectura.
Descrición: segundo o guión incluído no Anexo I de solicitude.
Formato: PDF.
Nomenclatura: "codigocentro_proxectoclub_conv_CL_1617.pdf"
Descarga: Modelo guión para Proxecto, formatos ODT - DOC
IMPORTANTE: Para que o envío sexa correcto os nomes dos ficheiros deberán ser como se indica en cada caso, cambiando a cadea codigocentro polo correspondente código de cada centro. (Pódese atopar o código do centro no buscador de centros educativos).
Lecturas para o verán 2016: as bibliotecas escolares recomendan...
- CEIP P. de Andrade (Pontedeume, A Coruña): Verán 2016, Guía de lecturas e préstamos
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco, A Coruña): Non te esquezas de soñar
- CEIP P. de Carballedo (Cotobade, Pontevedra): Este ano disfruta do verán cun libro na man
- CEIP de Castrillón-Coiro (Cangas, Pontevedra): Un verán de lecturas -1 -- 2
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña): Desde a noite de san Xoán, lecturas de verán!
- CEIP Coirón-Dena (Meaño, Pontevedra): Verán 2016
- CEIP Couceiro Freijomil ( Pontedeume, A Coruña): Verán, praia, vacacións e ...recomendacións!
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, Pontevedra): Boletín de verán
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Lecturas para disfrutar
- CEIP Escultor Acuña (Vigo, Pontevedra): Boletín do lector xuño 2016
- CEIP Filomena Dato (Barbadás, Ourense): Lecturas frescas
- CEIP de Hío (Cangas, Pontevedra): Recomendacións para o verán
- CEIP Igrexa Candeán (Vigo, Pontevedra): Un mar de libros
- CEIP Isaac Peral (Ferrol, A Coruña): Guía de lectura verán 2016
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela, A Coruña): Que ben sentan as lecturas á sombra dunha árbore (guía temática)
- CEIP P. de Louro (Muros, A Coruña): Verán 2016
- CEIP P. Manuel Bermúdez (Pobra de Trives, Ourense)
- CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños, A Coruña): Auga, sol e... libros!
- CEIP Otero Pedrayo (Vigo, Pontevedra): Megúllate na lectura!
- CEIP A Paz - Tintureira (Vigo, Pontevedra): Enche de aventuras...o teu verán!
- CEIP P. A Pedra (Bueu, Pontevedra): Guía de lectura para o verán
- CEIP Pedro Caselles Rollán (Xove, Lugo): A biblioteca de Flora
- CEIP Pintor Laxeiro (Vigo, Pontevedra): Un verán para ler
- CEIP P. da Pontenova (A Pontenova, Lugo): Verán 2016
- CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda, Pontevedra)
- CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás, OUrense): Bo verán cun libro na man
- CEIP San Roque (Vilanova de Arousa, Pontevedra):Neste verán: deporte e lectura para volver san
- CEIP Santiago Apóstolo (Franza-Mugardos, A Coruña): Este verán, entre baño e baño... un libro na man!
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo, A Coruña): O pregón do Bufo lector (Verán 2016)
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): No verán, un libro na man
- CEIP Xesús Golmar (Lalín, Pontevedra): No verán, cun libro estarás...
- CEP Brea Segade (Taragoña- Rianxo, A Coruña): Ler no verán, libros que veñen e van
- CEP de Campolongo (Pontevedra) : Que recomenda Xafi para este verán?
- CPI Antonio Orza Couto: Libros para o verán
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños): Lecturas para lermos ao sol
- CPI P. Cabo da Area (Laxe, A Coruña): Tempo de lecer, tempo de ler
- CRA de Culleredo (Culleredo, A Coruña): Ler ao sol senta mellor!
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Agora que chegamos á meta
- EEI de Vilarrodís-Oseiro (Arteixo, A Coruña): Ler en verán
- IES A Xunqueira II (Pontevedra): Guía de verán
- IES Blanco Amor (Ourense): Lévame á piscina contigo
- IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova, Ourense): 20 maletas de cine
- IES David Buján (Cambre, A Coruña): Guías de lectura verán 2016
- IES de Fene (Fene, A Coruña): Suxestións de lectura. Verán 2016
- IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña): Ler, como non! no verán
- IES Fontexería (Muros, A Coruña): Recomendacións de lectura para o verán
- IES Lamas de Castelo (Carnota, A Coruña): Verán 2016
- IES Lucus Augusti (Lugo) : Recomendacións para o verán
- IES Marco de Camballón (Vila de Cruces, Pontevedra): Recomendación verán
- IES Moncho Valcarce (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña): Lecturas para o verán
- IES de Monelos (A Coruña): Lecturas para o verán 2016
- IES Monte das Moas (A Coruña): Nadando entre lecturas
- IES Monte Neme (Carballo, A Coruña): Guía de lectura verán 2016
- IES de Monterroso (Monterroso, Lugo): Verán 2016
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra) : Lecturas para o verán
- IES de Poio (Poio, Pontevedra): Para o sol e para a sombra
- IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas, Pontevedra): Ler no verán
- IES Pontepedriña (Santiago de Compostela, A Coruña): Guía de lecturas - Verán 2016
- IES de Quiroga (Quiroga, Lugo): Verán de libros. As lectoras e os lectores recomendan
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Guía para o verán 2016
- IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra): Recomendacións de verán
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Verán:sol, praia e lectura
- IES Santiago Basanta Silva (Vilalba, Lugo): Lecturas para o verán
- IES Terra de Soneira (Vimianzo, A Coruña): Este verán déixate guiar polo noso Club de Lectura
- IES Universidade Laboral (Culleredo, A Coruña): Verán... tempo de lecturas - Máis recomendacións lectoras
- IES Urbano Lugrís (A Coruña): Recomendacións lectoras. Verán 2016
- IES Vilalonga (Sanxenxo, Pontevedra): Verán 2016
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): Chegan as vacacións de verán
EN COLABORACIÓN:
- CEIP de Porto Cabeiro e outras bibliotecas escolares de Redondela: Suxestións lectoras - verán 2016
- CEIP Figueroa, CEIP O Foxo, CEIP Cabada Vázquez E CEIP P. Oca, da Estrada: Recomendacións conxuntas
- IES Antón Losada Diéguez, IES Manuel García Barros e IES nº 1, da Estrada: Un verán para ler
- Bibliotecas Escolares de Ames: Guía de verán 2016
IX Xornada dos Clubs de lectura
O vindeiro 10 de xuño reunirase en Compostela o profesorado que coordina os Clubs de lectura acollidos á convocatoria en apoio aos Clubs de Lectura da D.X. de Centros e RRHH, que neste curso 2015/2016 chegou a un total de 239 centros de ensino con ensinanzas de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial (persoas adultas, conservatorios, escolas oficiais de idiomas, etc.) de toda Galicia.
Os Clubs de lectura acollen este curso a máis de 11.000 lectoras e lectores que, periodicamente, se reúnen para compartir experiencia lectora e realizar actividades a partir das lecturas realizadas. Aumentan cada ano os encontros entre distintos clubs e as rutas literarias que realizan, ben por iniciativa propia, ben aproveitando rutas xa deseñadas por distintas institucións.
A IX Xornada dos Clubs de Lectura iniciaranse coa entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2016 á escritora Ledicia Costas, quen participará tamén na xornada cunha intervención en formato entrevista.
O programa previsto para o resto da xornada deseñouse con dous focos de interese principais: as rutas literarias e a poesía. Acompañarán ao profesorado Manuel Bragado, Fran P. Lorenzo, Raúl Vacas, Carlos Negro, Rosalía Fernández Rial e Darío Xohán Cabana. Tamén será ocasión para coñecer experiencias de rutas literarias desde o IES de Rodeira, de Cangas, o IES de Porto do Son e o IES Aquis Celenis de Caldas de Reis, xunto coa Fundación Curros Enríquez de Celanova. Na sesión de tarde, ademais dos obradoiros cos poetas anteriormente citados, haberá unha mesa de experiencias denominada "Xéneros e temáticas "para valentes", aproveitando o lema deste ano para o pasado Día Mundial do Libro, de autoría de Pedro Feijoo: Club de lectura de Manga Intercentros, desde o IES A Paralaia, de Moaña, e Clubs de lectura, biblioteca e poesía, con intervencións desde o IES de Poio e o IES San Paio de Tui. A Xornada rematará cun recital poético musical no que intervirán Raúl Vacas, Carlos Negro, Rosalía Fernández Rial, Darío Xohán Cabana e a cantautora Alba María.
Manuel María nas bibliotecas escolares. Letras Galegas 2016
O alumnado de 3º e 4º de primaria do CEIP A Pedra, de Bueu, elaborou unha biografía de Manuel María para kamishibai. Esta é unha das moitas actividades que nestes días iluminan as bibliotecas escolares e os centros todos cos versos e a mirada de Manuel María sobre o mundo. Velaquí algúns outros exemplos da intensa actividade que se está a dar arredor da figura do poeta homenaxeado este 2016 polo Día das Letras:
- CEE Miño (Velle, Ourense)
- CEIP de Andrade (Pontedeume, A Coruña)
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Celeiro-Viveiro, Lugo)
- CEIP Canosa - Rus (Coristanco, A Coruña)
- CEIP de Cespón ( Boiro, A Coruña)
- CEIP Coirón- Dena (Meaño, Pontevedra)
- CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras, Ourense)
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume, A Coruña)
- CEIP Frián - Teis (Vigo, Pontevedra)
- CEIP de Frións (Ribeira, A Coruña)
- CEIP Manuel Rivero (Lalin, Pontevedra)
- CEIP A Ponte ( Lugo)
- CEIP da Pontenova (A Pontenova, Lugo)
- CEIP de Quintela (Moaña, Pontevedra)
- CEIP Santiago Apóstolo (Franza-Mugardos, A Coruña)
- CEP de Campolongo (Pontevedra); escolma_paxaros
- CPI Antonio Orza Couto ( Boqueixón, A Coruña)
- CPI Cabo da Area (Laxe, A Coruña), Booktrailer da Terra cha
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños, A Coruña):PDF con recursos
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña)
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña), Escornabots e Letras
- EEI Vilarrodís (Arteixo, A Coruña)
- IES Antón Losada Diéguez (A Estrada, Pontevedra)
- IES Blanco Amor (Ourense)
- IES Carlos Casares (Viana do Bolo, Ourense)
- IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña): presentación
- IES David Buján (Cambre, A Coruña)
- IES Dionisio Gamallo (Ribadeo, Lugo)
- IES Fontexería (Muros, A Coruña)
- IES Laxeiro (Lalín, Pontevedra)
- IES Lois Peña Novo (Vilalba, Lugo)
- IES Lucus Augusti (Lugo)
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo)
- IES Pazo da Mercé ( As Neves, Pontevedra)
- IES San Paio (Tui, Pontevedra); escolma_amor - escolma_linguamaterna - escolma_diadamuller - escolma_primavera
- IES de Quiroga (Quiroga, Lugo)
- Centros escolares de Vilalba (Lugo); vídeos
- Institutos da Estrada: IES Antón Losada, IES Nº1 e IES Manuel García Barros
- Microrrede da Mariña (Lugo): Exposición Os soños de Manuel María
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares preparouse para este ano a Maleta MANUEL MARÍA que xa vai de centro en centro coa súa carga de versos.
OUTROS ENLACES DE INTERESE
Letras Galegas 2016: Manuel María
Premio dos Clubs de Lectura 2016 para Ledicia Costas
A escritora Ledicia Costas acadou o Premio dos Clubs de Lectura 2016, segundo se contempla na Resolución do 23 de abril do Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, publicada o mesmo 23, Día Mundial do Libro, no Portal Educativo.
Con este premio, creado en 2015, a Consellería de Cultura, Educación e O.U. quere recoñecer a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandonno, ao ampliarse ao abano de estímulos e intereses. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego.
O premio recoñece ao autor ou autora máis lido polos clubs de lectura de ensino secundario que participan no programa de Clubs de lectura desta consellería. Revisadas as memorias de actividades destes clubs así como as lecturas realizadas no pasado curso, a vista da relación de autores máis lidos polos clubs nese curso 2014/2015, e tendo en conta os requisitos do premio, concedeuse este galardón á escritora LEDICIA COSTAS, autora de títulos moi variados tanto en xénero como en contido, que concita o interese dun grande número de lectores e lectoras de todas as idades. Os títulos máis lidos desta autora polos clubs no pasado ano foron: O corazón de Xúpiter, Escarlatina, a cociñeira defunta e Unha estrela no vento.
Ledicia Costas participará na vindeira IX Xornada dos Clubs de Lectura que terá lugar en Compostela o 10 de xuño, coa participación do profesorado que coordina os clubs de lectura en 239 centros con ensinanzas de secundaria, formación profesional, ensinanzas de persoas adultas ou de réxime especial (CMUS ou Escolas Oficiais de Idiomas), durante o presente curso, e no transcurso desta xornada seralle entregado o galardón co recoñecemento do profesorado e, por el representados, das lectoras e dos lectores.
Os libros son para valentes! EEI Barrionovo (Arteixo)
As nenas e nenos da EEI de Barrionovo (Arteixo) demóstrannos o valentes que son: entran sen medo ningún nos libros e buscan a compaña de lobos, xabaríns, osos ou baleas, métense en covas escuras, súbense á táboa de surf cando máis forte é o temporal...
Día Mundial do Libro 2016: "Os libros son para valentes" Pedro Feijoo
Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..."
- Mensaxe de Irina Bukoba, Directora Xeral da UNESCO, co gallo do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor - 2016
- DÍPTICO do DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016
- TEXTO de Pedro Feijoo
- CEE de Miño (Velle, Ourense)
- CEIP Alexandre Bóveda (Vigo, Pontevedra)
- CEIP de Andrade (Pontedeume, A Coruña)
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Viveiro, Lugo)
- CEIP A Pontenova ( A Pontenova, Lugo)
- CEIP As Solanas (A Guarda, Pontevedra)
- CEIP Barrié de la Maza ( Santa Comba, A Coruña)
- CEIP Cabada Vázquez (A Estrada, Pontevedra)
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña)
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume, A Coruña)
- CEIP Coirón-Dena (Meaño, Pontevedra)
- CEIP de Conmeniño (O Grove, Pontevedra)
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Eladia Mariño (Cabanas, A Coruña)
- CEIP Escultor Acuña (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Filomena Dato (Barbadás, Ourense)
- CEIP de Frián-Teis (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Igrexa-Candeán (Vigo, Pontevedra)
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra)
- CEIP Manuel Sueiro (Ourense)
- CEIP Mestres Goldar (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira, A Coruña)
- CEIP Otero Pedrayo (Vigo , Pontevedra)
- CEIP Pena de Francia (Mos, Pontevedra)
- CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda, Pontevedra)
- CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás, Ourense)
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense)
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo, A Coruña)
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo)
- CEP Altamira (Salceda de Caselas, Pontevedra)
- CEP de Campolongo (Pontevedra)
- CPI Antonio Orza Couto ( Boqueixón A Coruña)
- CPI da Cañiza (A Cañiza, Pontevedra)
- CPI Cruz do Sar (Bergondo, A Coruña)
- CRA Amencer (Ribadavia, Ourense)
- CRA de Culleredo (Culleredo, A Coruña)
- CRA Mestre Manuel Garcés ( Tomiño, Pontevedra)
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña)--Os libros son para valentes
- EEI de Vilarrodís - Oseiro (Arteixo, A Coruña)
- IES Antón Losada Diéguez (A Estrada, Pontevedra)
- IES As Bizocas (O Grove, Pontevedra)
- IES Basanta Silva (Vilaba, Lugo)
- IES Carlos Casares (Viana do Bolo, Ourense)
- IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña)
- IES Dionisio Gamallo (Ribadeo, Lugo)
- IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)
- IES Félix Muriel (Rianxo, A Coruña)
- IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña)
- IES Lama das Quendas (Chantada, Lugo)
- IES Lamas de Castelo (Carnota, A Coruña)
- IES Manuel García Barros (A Estrada, Pontevedra)
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo)
- IES Moncho Valcarce (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra)
- IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas, Pontevedra)
- IES San Paio (Tui, Pontevedra)
- IES Terra de Soneira (Vimianzo, A Coruña)
- IES Universidade Laboral (Culleredo, A Coruña)
- IES Xoán Montes (Lugo)
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo)
- Colaboración do IES Porto do Son cos colexios de Portosín, Sobrado-Nebra, Campanario, Caamaño, Carballosa, Seráns e Xuño e a Biblioteca Municipal
24 de febreiro, Día de Rosalía
- CEIP P. Alexandre Bóveda (Chapela-Redondela, Pontevedra): No fondo sen fondo do meu pensamento (escribindo con Rosalía)-- Actividades sobre Rosalía en E. Infantil
- CEIP P. de Andrade (Pontedeume, A Coruña): Celebramos o Día de Rosalía
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Viveiro, Lugo): Para celebrar a Rosalía
- CEIP P. A Pontenova (A Pontenova, Lugo): Día de Rosalía de Castro
- CEIP Coirón-Dena (Meaño, Pontevedra): Rosalía para o mundo!
- CEIP de Cedeira (Redondela, Pontevedra): Día de Rosalía 2016
- CEIP P. de Covas (Viveiro, Lugo): Conmemorando o Día de Rosalía
- CEIP Fco. Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña): Día de Rosalía (información e recompilación de recursos)
- CEIP Filomena Dato (Barbadás, Ourense): Día de Rosalía
- CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra): (Día de Rosalía) Entrañable e variado
- CEIP de Frións (Ribeira, A Coruña): 24F lendo a Rosalía
- CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás, Ourense): Felicidades Rosalía
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): Rosalía, sempre!
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo, A Coruña): 24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro.
- CEIP Víctor López Seoane (A coruña): Día de Rosalía
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Celebramos o Día de Rosalía
- CEP Lois Tobío (Viveiro, Lugo): Día de Rosalía, 24 de febreiro
- CEP Xosé Mª Brea Segade (Taragoña-Rianxo, A Coruña): Postais para o Día de Rosalía
- CPI de Pontecesures (Pontecesures, Pontevedra): Celebración do Día de Rosalía
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña): Rosalía de Castro 2016. "Aromas puros, frescura e poesía". Selección de poemas e recursos.
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): #mobilizarosalia -- Preparando o Día de Rosalía -- Día de Rosalía
- EEI de Vilarrodís (Arteixo, A Coruña): Sempre Rosalía
- IES Antón Losada Diéguez, IES Manuel García Barros, IES nº 1 (A Estrada, Pontevedra): Concurso de fotografía "Rosalía en A Estrada"
- IES de Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova, Ourense): Celebrando a Rosalia
- IES Lamas de Castelo (Carnota, A Coruña): Mobliza Rosalía
- IES Lucus Augusti (Lugo): Día de Rosalía 2016
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo): Recitando a Rosalía na biblioteca -- Outras actividades
- IES Número 1 (A Estrada, Pontevedra): Celebracións Día de Rosalía
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra): Semana de Rosalía: exposición, lecturas compartidas...
- IES de Poio (Poio, Pontevedra): Día de Rosalía, 2016
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): As caras de Rosalía
- IES Santiago Basanta Silva (Vilalba, Lugo): Día de Rosalía. REcursos e actividades.
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): #mobilizarosalía
- Acompaña esta entrada unha ilustración de Aldara Prado, unha das novas imaxes de Rosalía que, grazas á Deputación de A Coruña se difunden libremente a través da Rede.
Resolución da convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2015/2016
O Portal Educativo publica o Resolución da D. X. de Centros e RRHH de 21 de decembro de 2015 pola que se conceden as contías para apoiar o funcionamento dos CLUBS DE LECTURA nos centros que matriculan alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas ou ensinanzas de réxime especial (escolas oficiais de idiomas e conservatorios de música...), dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. En total, para o curso 2015/2016, distribúense 200.000€ entre as 239 solictiudes presentadas en tempo e forma.
Lémbrase a posibilidade de facer uso do "banco de libros" das bibliotecas que os ofrecen en préstamo temporal a través do blogue LIBROS A EITO.
- + información AQUÍ
Na imaxe, lectoras e lectores dun dos grupos de lectura (4º de ESO) do Club do IES de Poio
Lecturas para tempos fríos - 2015
- CEIP P. de Andrade (Pontedeume, A Coruña): Nadal 2015
- CEIP Antonio Orza Couto (Boqueixón, A Coruña): Recomendacións Nadal 2015
- CEIP Arealonga (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra): Lecturas e cine para disfrutar do Nadal en familia
- CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba, A Coruña): Ler en Nadal
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco): Nestas vacacións... viaxa coa lectura
- CEIP Os Casais (Fene, A Coruña): Infantil -- Primeiros lectores -- Lectores autónomos-- Lectores avanzados -- Adultos
- CEIP de Castrillón-Coiro (Cangas, Pontevedra): Nadal 1 -- Nadal 2
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo): As recomendacións de Puca, Nadal 2015
- CEIP Coirón-Dena (Meaño, Pontevedra): Explora o Nadal co teu animal
- CEIP Conmeniño (O Grove, Pontevedra): Propostas de lectura de Nadal 2015
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume, A Coruña): Recomendacións de lectura para o Nadal
- CEIP Curros Enríquez (A Coruña): Regala maxia. Regala un libro polo Nadal
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, Pontevedra): Nadal 1 (Un Nadal de conto) -- Nadal 2 (Lectores en marcha)
- CEIP Emilia Pardo Bazán, A Coruña): Nadal 2015
- CEIP Escultor Acuña (Vigo, Pontevedra): Boletín do lector. Nadal 2015
- CEIP de Esteiro (Ferrol, A Coruña): Lecturas para o Nadal 2015
- CEIP Filomena Dato (Barbadás, Ourense): Non sabes que regalar este Nadal? Dexia que a biblioteca te axude e acertarás.
- CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra): ... longas liñas de boas lecturas
- CEIP P. de Guillarei (Tui, Pontevedra): Recomendacións de lectura para Nadal
- CEIP Igrexa Candeán (Vigo, Pontevedra): Recomendacións lectoras Nadal 2015
- CEIP Isaac Peral (Ferrol, A Coruña): Guía de lecturas Nadal 2015
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Nadal 2015
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela, A Coruña): Recomendacións para o Nadal
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño): Este Nadal agasalla... Libros de viaxes
- CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela, A Coruña): Calendario 2015. Coa lectura compartimos os soños.
- CEIP P. de Louro (Muros): Nadal 2015
- CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños, A coruña): Pídome un libro
- CEIP Nosa Sra. dos Remedios (Ponteareas, Pontevedra): Guía de lecturas para o Nadal 2015
- CEIP A Paz (Vigo, Pontevedra): Guía de lectura, música e cine para tempos fríos
- CEIP P. A Pontenova (A Pontenova, Lugo): Recomendacións lectoras para o Nadal 2015-2016
- CEIP de Pazos (Ferrol, A Coruña): Recomendacións de lectura da Biblioteca Xoán Farias Nadal 15
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo, A Coruña): 20 libros magníficos para regalar este Nadal
- CEIP de Porto Cabeiro (Redondela, Pontevedra): Un planeta de lecturas
- CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda, Pontevedra): Recomendacións de lectura
- CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás, Ourense): Recomendacións lectoras da Biblioteca do Rato
- CEIP Rosalía do Castro (O Grove, Pontevedra): Guía de lectura de Nadal 2015
- CEIP Seis de Nadal (Vigo, Pontevedra): Guía de lecturas de Nadal
- CEIP Santiago Apóstolo (Mugardos, A Coruña): Como somos espelidos, no Nadal pedimos... Libros!
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo, A Coruña): O pregón de decembro (recomendacións de lectura)
- CEIP Torre Cela (Bueu, Pontevedra): Ríos de tinta por Nadal
- CEIP Víctor López Seoane (A Coruña): Guía de lecturas. Nadal 2015
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Guía de lecturas de Nadal
- CEIP Vista Alegre (Burela, Lugo): Un bo regalo... un libro!
- CPI Cabo da Area (Laxe, A Coruña): Xa sabes que vas ler este Nadal?
- CPI da Cañiza (a Cañiza, Ourense): Guía de lectura Nadal 2015 (ESO)
- CPI Dr. López Suárez (Friol, Lugo): Suxestións lectoras para o Nadal
- CPI de Pontecesures (Pontecesures, Pontevedra): Recomendacións de lectura para o Nadal
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña): Guías de lectura Nadal Infantil e Primaria -- Guías temáticas ESO (Pasando de medo... co medo)
- CRA Amencer (Ribadavia, Ourense): Nadal 2015. Un libro, o mellor agasallo
- CRA de Culleredo (Culleredo, A Coruña): Ler no Nadal é fenomenal!
- CRA de Rianxo (Rianxo, A Coruña): Boletín de Nadal. Recomendacións ás familias
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Guía de lectura do Nadal: Para lectores olímpicos!!!
- EEI de Vilarrodís (Arteixo, A Coruña): Libros luminosos para Nadal
- IES Antón Losada Diéguez (A Estrada, Pontevedra): Nadal en galego
- IES David Buján (Cambre, A Coruña): Guía de Nadal 2015
- IES Eduardo Blanco Amor (Ourense): Campaña Regala un libro polo Nadal
- IES de Fene (Fene, A Coruña): Suxestións Nadal 2015
- IES Fernando Esquío (Neda, A coruña): Regalemos libros!
- IES Fontexería (Muros, A Coruña): Recomendacións de lectura para as vacacións de inverno
- IES Fraga do Eume (Pontevedra, A Coruña): Suxestións de alumnado, profesorado e persoal non docente para o Nadal
- IES Julio Prieto Nespereira (Ourense): Recomendacións do alumnado(1º-3º ESO) para ler no Nadal
- IES Lama das Quendas (Chantada, Lugo): Recomendacións de lecturas para o Nadal 2015
- IES Lamas de Castelo (Carnota, a Coruña): Nadal 2015
- IES Lucus Augusti (Lugo): Guía de lecturas Nadal 2015
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo): Guía de lectura para o Nadal 2015
- IES Marco do Camballón (Vila de Cruces, Pontevedra): REcomendacións de Nadal
- IES Monelos (A Coruña): Lecturas para o Nadal
- IES Monte das Moas (A Coruña): Recomendacións de Nadal
- IES Monte Neme (Carballo, A Coruña): Guía de lectura de Nadal 2015
- IES Monterroso (Monterroso, Lugo): Nadal 2015
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra): Nadal de libros!
- IES Pedra da Aguia (Camariñas, A Coruña): Nadal 2015
- IES Pedro Floriani (Redondela, Pontevedra): Guía de Lecturas Nadal 15
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz, Lugo): Un ano cheo de libros!
- IES de Poio (Poio, Pontevedra): Un Nadal de libros 2015 -- Campaña de Nadal 2015
- IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas, Pontevedra): Recomendacións de Nadal 2015/2016
- IES Praia de Barraña (Boiro, A Coruña): Guía de lecturas para o Nadal 2015/2016
- IES de Quiroga (Quiroga, Lugo): Boletín Nadal 2015. Propostas, actividades e recomendacións de lectura
- IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela, A Coruña): Agasalla libros polo Nadal
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Guía de lecturas de Nadal
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Biblioxornal Extra de Nadal
- IES Santiago Basanta Silva (Vilalba, Lugo): Libros e películas para o Nadal -- Máis recomendacións para as próximas vacacións
- IES Terra de Soneira (Vimianzo, A Coruña): No Nadal agasalla aos que queres con libro galego
- IES Universidade Laboral (Culleredo): Chegaron novos títulos. Escolle a túa lectura para o Nadal
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): Lecturas para o Nadal (galego, castelán, francés e inglés)
EN COLABORACIÓN:
- Bibliotecas escolares de varios centros da primaria da Estrada: CEIP P. de Oca, CEIP Cabada Vázquez, CEIP de Foxo, CEIP de Figueroa): Recomendacións lectoras Nadal 2015
- Bibliotecas Escolares e Equipos de Dinamización e Normalización Lingüiística do Morrazo, Pontevedra:Guías de lectura do Nadal 2015
- Bibliotecas Escolares de Rianxo (A Coruña)en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal (CEIP ADR Castelao, CEIP Ana Mª Diéguez, CEP Brea Segade, IES Félix Muriel): Tempo de acivros, tempo de libros -- Presentación pública da guía de lectura.
- Bibliotecas Escolares de Val Miñor, Pontevedra (CRA Antía Cal, CEIP Chano Piñeiro, CPI Cova Terreña, EEI As Dunas, CEIP Humberto Juanes, CPI de Panxón, CEP Xosé Neira Vilas, CEP Sabarís, CEIP Serra de Vincios): Infantil /1º 2º primaria -- 3º/4º/5º/6º Primaria -- 1º/2º ESO
- Institutos de A Estrada (Pontevedra. IES Antón Losada Diéguez, IES Manuel García Barros, IES nº 1: Libros e cine para o Nadal
Convocatoria de clubs de lectura. Curso 2015/2016
O Portal Educativo publica hoxe a Convocatoria de 1 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, destinada a incentivar o funcionamento de CLUBS DE LECTURA nos centros públicos, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universtiaria, que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial.
Esta iniciativa encádrase no programa para o fomento da lectura nos centros de ensino, Hora de ler, e trata de apoiar ás comunidades educativas no seu empeño por espertar e consolidar o gusto pola lectura entre os seus integrantes: alumnado, profesorado, familias ou persoal non docente. É tamén un apoio á construción da sociedade lectora que precisamos para avanzar como colectividade. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2015.
ACCESO AO TEXTO DA CONVOCATORIA
Para o envío da documentación en formato dixital á Asesoría, empregar o formulario aquí enlazado.
Na imaxe, alumnado de CPI Dr. López Suárez, de Friol, nunha sesión do club de lectura.
Guías de lectura Verán2015
Remata o curso escolar e as bibliotecas escolares galegas comezan a difundir as súas recomendacións de lectura para este tempo de verán con títulos para toda a familia. Se alguén anda despistado e non sabe que ler, unha ollada a estas "guías de lectura" e poderá acudir a bibliotecas ou librarías cun bo feixe de recomendacións tanto de lectura como de música, cine, espazos web... Os profesionais das bibliotecas escolares axudando a construír sociedade lectora. Velaquí algúns exemplos:
- CEIP ADR Castelao (Rianxo, a Coruña): Len, lendo, lendo e o mundo percorrendo...
- CEIP Andrade (Pontedeume, A Coruña): Guía de lecturas e préstamos para o véran
- CEIP Antonio Orza Couto (Boqueixón, A Coruña): Lemos en verán
- CEIP Os Casais (Fene, A Coruña): 0.Prelectores -- 1.Primeir@slectores -- 2. Lectores autónom@s -- 3. Lectores avanzad@s -- 4. Adultos
- CEIP Castrillón-Coiro (Cangas, Pontevedra): Un verán de lecturas
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo): Verán 2015
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña): Recomendacións verán 2015
- CEIP Coiron-Dena (Meaño, Pontevedra): Recomendacións de lecturas para o verán
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume, A Coruña): Que viva o verán!
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Lecturas de verán
- CEIP Escultor Acuña (Vigo, Pontevedra): Boletín do lector, verán 2015
- CEIP Esteiro (Ferrol, A Coruña): Lecturas de verán 2015
- CEIP Isaac Peral (Ferrol, A Coruña): Guía de lectura verán 2015
- CEIP Mestres Goldar (Vigo, Pontevedra): Este verán, unha luzada de lecturas
- CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña): Lecturas ao sol
- CEIP Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas, Pontevedra): Infantil -- 1º/2º -- 3º/4º -- 5º/6º
- CEIP Número 1 de foz (Foz, Lugo): Guía de lecturas para o verán
- CEIP A Paz (Vigo, Pontevedra): Chega o verán
- CEIP A Pedra (Bueu, Pontevedra): Guía de lecturas LerArte
- CEIP Pintor Laxeiro (Vigo, Pontevedra): Guía de lectura para un verán divertido
- CEIP Pluril. de Carballedo (Cotobade, Pontevedra): Ler no verán
- CEIP Pluril. de Louro (Muros, A Coruña): Verán 2015
- CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra): Lecturas para o verán 2015
- CEIP Ramón Artaza (MUros, A Coruña): Lecturas de verán Infantil, 1º, 2º -- Lecturas de verán 3º-6º
- CEIP Rogelio García Yáñex (Ramirás, Ourense): Boas vacacións acompañadas de lecturas
- CEIP A Rúa (Cangas, Pontevedra): Lecturas para viaxar
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): Camiño de lecer, aventúrate!
- CEIP A Sangriña (A Guarda, Pontevedra): Sempre ben acompañados... un libro para empezar!!
- CEIP Santiago Apóstolo(Mugardos, A Coruña): E ti, que vas ler este verán?
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo, A Coruña): O pregón de xuño
- CEIP Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña): Un verán para ler -- Ler matemáticas
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Lecturas Verán
- CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña-Rianxo, A Coruña): LIbros que veñen e van
- CRA de Culleredo (Culleredo, A Coruña): Ler ao sol senta mellor
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Este verán... saca os libros á rúa.
- EEI Fina Casalderrey (Pontevedra): REcomendacións de lectura para o verán
- EEI de Vilarrodís (Arteixo, A Coruña): Recomendamos lecturas para o verán
- IES Blanco Amor (Ourense): 12 lecturas para o verán
- IES de Curtis (Curtis, A Coruña): Lecturas de verán 2015
- IES Félix Muriel (Rianxo, A Coruña): Lecturas para o verán -- Cine para o verán
- IES de Fene (Fene, A Coruña): Suxestións de lectura verán 2015
- IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña): Porque en verán tamén lemos
- IES Fontexería (Muros, A Coruña): Recomendacións para as vacacións de verán
- IES Lamas de Castelo (Carnota, A Coruña): Verán 2015
- IES Lucus Augusti (Lugo): Recomendacións para o verán
- IES Marco do Camballón (Vila de Cruces, Pontevedra): Abre os ollos
- CEIP Menéndez Pidal (Vigo, Pontevedra): Este verán, ler e xogar
- IES de Monelos (A Coruña): Recomendacións de lecturs para o verán
- IES Monte das Moas (A Coruña): Un verán cheo de boas lecturas
- IES Monte Neme (Carballo, A Coruña): Guía de lectura. Verán 2015
- IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo): A guía de verán xa está aqu! (Matemáticas e literatura)
- IES de Poio (Poio, A Coruña): Entre amigos
- IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas, Pontevedra): En vacacións tamén os libros
- IES Praia de Barraña (Boiro, A Coruña): Guía de lecturas para o verán 2015
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Guía e préstamo de verán
- IES Ribeira do Louro (O Porriño): Recomendacións de verán-- Un verán de cine --
- IES San Paio (Tui): Verán, estación lectora --Cine de verán
- IES Terra de Soneira (Vimianzo, A Coruña): Un verán con Agustín cambiarache a vida...
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): Para levar á casa no verán
- IES Universidade Laboral (Culleredo, A Coruña): Chega o verán: prepara as túas lecturas
COLABORACIÓNS:
- CEIP Cabada Vázquez/CEIP Figueroa/CEIP O Foxo/CEIP Pluril. de Oca (A Estrada): Tamén no verán ilumínate cun libro na man
- IES LAXEIRO (Lalín) e IES Chano Piñeiro (Forcarei, Pontevedra): No verán lemos en galego
VIII Xornada dos Clubs de Lectura - Materiais
O pasado 5 de xuño celebrouse en Compostela a VIII Xornada dos Clubs de Lectura, coa asistencia do profesorado que coordina clubs de lectura en 238 centros públicos de ensino postobrigatorio de Galicia (IES, CPIs centros de FP, Escolas Oficiais de Idiomas, CMUS e centros de ensinanzas de persoas adultas).
No transcurso da xornada, o escritor Agustín Fernández Paz recibiu o Premio dos Clubs de lectura 2015.
Os materiais da xornada están dispoñibles no espazo redeBE. En breve completaranse cos vídeos gravados nas diferentes sesións.
Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015
Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Gravación realizada na casa de Agustín Fernández Paz co gallo da concesión do Premio dos Clubs de Lectura 2015, que lle foi entregado no transcurso da VIII Xornada dos Clubs de Lectura, o pasado 5 de xuño en Compostela. Agustín non puido estar presente e no seu lugar recolleu o premio o seu amigo e editor, Manuel Bragado. Porén, os asistentes puideron escoitar ao escritor as súas palabras de agradecemento e unha pequena disertación sobre o poder e a necesidade da lectura.
VIII Xornada dos Clubs de Lectura
O venres 5 de xuño reunirá en Compostela ao profesorado que coordina os clubs de lectura presentes en máis de 230 centros educativos que matriculan alumnado de secundaria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial (conservatorios, escolas oficiais de idiomas e ensinanzas de persoas adultas).
Esta VIII Xornada dos Clubs de lectura é unha oportunidade para a profundización en temáticas relacionadas coa lectura e os xéneros literarios, tamén para reflexionar sobre o papel dos clubs de lectura do ámbito educativo na construción da sociedade lectora, así como para intercambiar experiencias e actividades. Este encontro anual dos coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura é un espazo para reflexión conxunta, tamén para a creación e reforzo de vínculos profesionais arredor dos libros, a lectura e, finalmente, a educación.
Esta VIII Xornada será tamén ocasión para entregarlle a Agustín Fernández Paz o Premio dos Clubs de Lectura 2015, tal e como se recolle na resolución do pasado 23 de abril, da D.X. de Centros e RRHH, pola que se establece este premio que se concederá cada ano ao autor ou autora galego que foi lido por un maior número de clubs de lectura no curso inmediatamente anterior. Agustín Fernández Paz recibirá pois este galardón dos lectores e das lectoras, e impartirá a conferencia inaugural da xornada. Acompañarán ao profesorado asistente, así mesmo, o xornalista e crítico literario César Lorenzo Gil, director de Biosbardia, e o escritor e crítico de cine e televisión, Miguel Anxo Fernández, que impartirá a conferencia final. Haberá ocasión para o intercambio de experiencias e a reflexión compartida arredor de diferentes temáticas que ocupan e preocupan ao profesorado que coordina os clubs de lectura nos centros de ensino secundario de Galicia.