"Para nosoutras, silandeiras e navegantas, todos os días son o día do libro."
Así resume, Montse Pena Presas, o traballo das mediadoras do mundo do libro no texto Dar de ler, cedido xenerosamente para a celebración do Día do Libro nas bibliotecas escolares de Galicia neste 2023.
Ao longo de 16 cursos escolares, persoas referentes do mundo da literatura e o libro, crearon textos orixinais para crear unhas pequenas pezas de difusión editadas desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Creacións que convidan ao descubrimento do territorio libre e de rebelión da lectura, que inspiran a confiar na forza das palabras, a deixarnos levar por cancións imaxinadas que nos levarán a mundos descoñecidos. Textos que lembran que os libros esperan por nós para facernos únicos e preservar a memoria do mundo.
- Día do Libro 2008 - Carlo Frabetti:" O liberespazo"
- Día do Libro 2009 - Gloria Sánchez: "Versos a moreas..."
- Día do Libro 2010 - Juan Mata
- Día do Libro 2011 - Carlos Negro: "O lugar da lectura"
- Día do Libro 2012 - Agustín Fernández Paz: "Os ríos da vida"
- Día do Libro 2013 - Paula Carballeira: "Só un libro"
- Día do Libro 2014 - Paco Martín
- Día do Libro 2015 - María Solar: "O libro que tes ao lado"
- Día do Libro 2016 - Pedro Feijoo: "Os libros son para valentes"
- Día do libro 2017 - Rosalía Fernández Rial
- Día do Libro 2018 - Fran Alonso
- Día do Libro 2019 - Marilar Aleixandre
- Día do Libro 2020 - Manuel Gago: Ler fainos únicos
- Día do Libro 2021 - Elvira Ribeiro
- Día do Libro 2022 - Xosé Ballesteros
- Día do Libro 2023 - Montse Pena: Dar de ler