infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos
(2007-2008) Así xogamos, así aprendemos
Cada día na aula xogamos a moitas cousas e aprendemos compartindo e organizando xogos. Na nosa aula temos unha serie de recantos ¿queres coñecelos?:
Este é o noso recanto da casa, nel temos moitos xoguetes que compartimos:
O que máis nos gusta e xogar dentro da casa e imaxinar que pasan cousas misteriosas:
E como non, tamén nos encanta disfrazarnos coas cousas que temos no recanto da casa:
Este é o noso recanto da alfrombra, nel temos as contruccións e outros xogos, ese espacio está tamén compartido coa biblioteca, polo que temos que poñernos de acordo para usar unha ou outra según queiramos.
Xogamos ás construccións, colaborando entre todos e todas facemos cousas moi interesantes.
Despois de xogar temos que recoller todo que ciscamos polo chan, facéndoo entre todos rematamos de contado.
Nesta parte penduramos fotografías de cousas que nos interesan e estamos a investigar, por exemplo fotografías de cando eramos bebes, de personaxes coñecidos...
Tamén temos un recanto do ordenador, onde só podemos estar dous de cada vez, por eso temos que facer uns turnos e poñernos dacordo.
Esta é a nosa biblioteca, os venres tamén levamos un libro para as nosas casas.
Tamén temos puzzles e outros xogos de mesa, temos que ter coidado de gardalo todo para non perderlle as pezas.
Tamén nos gusta moito recortar papel que sobrou dos nosos traballos, revistas, diferentes tipos de paeis e materiais... deste xeito aprendemos a controlar o corte coa tesoira.
Pero onde máis nos gusta xogar e no patio:
(2007-2008) Así é a nosa aula ¿queres coñecela?
Este ano temos un aula moi grande na que podemos facer moitas cousas, se queres coñecela a continuación contámosche algunhas cousas sobre o día a día nela.
Na porta da clase temos unha foto na que estamos todos, rodeada dos nosos nomes para que todos saibades quenes somos.
Tódolos días un de nos é o encargado, para sabelo seguimos a lista cos
nosos nomes. O que ten a flecha é o encargado ese día, o día seguinte
será o que esté "debaixo" na lista.
Tamén temos una "casa" e un "colexio" que fixemos á comezo de curso,
onde poñemos o noso nome para saber cantos estamos e cantos faltamos
ese día.
O encargado ten que repartir os nomes ós demáis compañeiros, para que o
poñan onde corresponda (casa ou colexio), logo todos xuntos contamos
cantos estamos ese día na aula e cantos quedaron na casa.
O Encargado ten que poñer tamén o seu nome coas letras "soltas", para
que todos saiban a quen lle toca ese día. Outra das súas funcións e
buscar a tarxeta do día que corresponda onde veñen indicados os mestres
que virán ese día á aula.
Tamén escribe o seu nome no encerado:
E marca no calendario o día que é, contando canto falta para as datas "sinaladas" e marcadas días atrás (aniversarios, festas, saídas...)
Á hora da merenda o encargado reparte as bandexas (cada unha ten o nome do dono) e cada un collemos a nosa merenda para tomala todos xuntos.
Algúns dos traballos que non levamos para casa ou que non están pendurados pola aula ou en murais gardámolos aquí.
Ó chegar penduramos os nosos abrigos nos colgadoiros, menos mal que ten cada un o seu nome senón ¡Vaía lío se ía montar!. As mochilas gardámolas todas xuntas nunha cesta vermella.
(2007-2008) Estes somos os nenos e nenas de 4 e 5 anos
¿Queres saber quenes estamos este ano na aula de 4 e 5 anos? Este ano somos 12 nenos e nenas e a nosa profe se chama Ángela.
NURIA MARÍA LUCÍA NEREA NURIA
(2007-2008) Facemos o noso disfraz para o entroido
Estabamos guapos o día do desfile... ¿non si?
(2007-2008) Así somos os de tres anos
Este ano na clase de 3 anos de Educación Infantil sómos 11 nenos e nenas, ¿queres saber quenes somos?
(2006-2007) Facemos zumes
Tivemos que buscar unha forma de organizarnos porque todos queriamos ser os primeiros.
Acordamos que o mellor sería facer unha fila para cada froita, e cada un se puxo na da froita que quería probar.
Mans á obra ¿que tal sabería o zume de sandía?
A cada un lle gustaba máis un zume que os outros.
Os mestres Óscar e Sole tamén quixeron probar os zumes para ver cal lles gustaba máis.
Cando rematamos quedamos moit sorprendidos de ver como os restos da froita quedaban facendo "liñas" de cores.
Tentamos adiviñar de que froita era cada cor e descubrimos que o que estaba máis abaixo era da primeira froita que probamos e o de enriba era a da última.
(2006-2007) Investigamos sobre as prantas
CANDO CHEGOU A PRIMAVERA UN DÍA NA ASAMBLEA DA AULA DE 5 ANOS, XURDIRON VARIAS PREGUNTAS SOBRE AS PRANTAS, ASÍ QUE DECIDIMOS INICIAR UN PROXECTO DE TRABALLO PARA INVESTIGAR AS NOSAS DÚBIDAS. *
PRIMEIRO ESCRIBIMOS O QUE SABÍAMOS DAS PRANTAS
LOGO O QUE QUERIAMOS SABER, PARA MARCAR CUN "X" CANDO ATOPABAMO-LA RESPOSTA.
TIVEMOS TAMÉN QUE PENSAR ONDE PODIAMOS ATOPAR A INFORMACIÓN.
TIVEMOS QUE ORGANIZARNOS PARA BUSCAR INFORMACIÓN NA NOSA INVESTIGACIÓN.
O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI SEMENTAR ALGUNHAS PRANTAS, PARA MIRAR COMO
MEDRABAN E ASÍ DESCUBRIR AS RESPOSTAS A ALGUNAS DAS NOSAS PREGUNTAS.
COMO ANTES DE EMPEZAR MIRAMOS A PELÍCULA (DOCUMENTAL) "DOS HOOBS" SOBRE AS PLANTAS XA SABÍAMOS ALGUNAS COUSAS.
NECESITABAN UN BURATO PARA QUE A AUGA PUIDESE SAÍR CANDO A REGASEMOS.
PENSAMOS QUE HABÍA QUE POÑERLLE UN CARTEL PARA SABER DE QUEN ERA CADA PRANTA E QUE HABÍA PLANTADA EN CADA MACETA.
CANDO TODOS REMATAMOS DE PREPARAR AS NOSAS MACETAS XA PODÍAMOS EMPEZAR A PRANTAR.
POÑÍAMOS TERRA NO BOTE E LOGO FACÍAMOS UN BURATO CO DEDO PARA METER DENTRO A SEMENTE.
DESPOIS DE REGALAS. PUXEMOS TODAS AS NOSAS PRANTAS PRETO DA VENTÁ PORQUE NA PELÍCULA DOS "HOOBS" DICÍA QUE AS PRANTAS MEDRABAN CARA O SOL, E NOS QUERIAMOS QUE MEDRARAN "PARA ARRIBA".
CADA EQUIPO PEGOU AS SEMENTES QUE PLANTOU NO MURAL DA "INVESTIGACIÓN" E TAMÉN ESCRIBIU O SEU NOME.
DURANTE MOITOS DÍAS SEGUIMOS INVESTIGANDO PARA RESPONDER AS PREGUNTAS QUE
TIÑAMOS. CADA EQUIPO SE ENCARGABA DE BUSCAR AS RESPOSTAS A UNHA DAS
PREGUNTAS.
¿QUE PLANTAS SE PODEN COMER?:
O NOSO EQUIPO PENSOU EN RECORTAR DE REVISTAS AS PLANTAS QUE SE PODÍAN
COMER. PARA NON OLVIDARNOS PUXEMOS OS NOMES DE CADA COUSA.
¿QUÉ ANIMAIS COMEN PRANTAS?
O NOSO EQUIPO BUSCOU EN LIBROS ANIMAIS QUE COMÍAN PLANTAS, CARNE E QUE VIVÍAN NO MAR. CANDO ATOPABAMOS UN O PROFE FACÍA UNHA FOTOCOPIA E O PEGABAMOS NA FOLLA. ENTRE OS TRES PUXEMOS OS NOMES A CADA UN.
¿COMO MEDRAN AS PRANTAS?:
O NOSO EQUIPO DECIDIU DEBUXAR COMO MEDRABAN AS PLANTAS "PARA ARRIBA"
COMO DICÍA NA PELÍCULA DOS HOOBS. DECIDIMOS TAMÉN QUE "MELLOR" LLE
POÑIAMOS O NOME DAS PARTES QUE TIÑA UNA PLANTAS.
AS VECES TIÑAMOS QUE VOLVER A VER A PELÍCULA DOS HOOBS NO ORDENADOR PARA DESCUBRIR COUSAS.
O QUE IAMOS DESCUBRINDO O ESCRIBIAMOS NO NOSO MURAL.
ASÍ NOS QUEDOU O MURAL DA NOSA INVESTIGACIÓN, ERAN MOITÍSIMAS COUSAS AS QUE DESCUBRIMOS DAS PLANTAS.
TAMÉN FIXEMOS UN LIBRO DA INVESTIGACIÓN QUE LEVAMOS PARA CASA.
CANDO MEDRARON AS PLANTAS LEVÁMOLAS PARA CASA
*
Todo o texto desta páxina foi dictado polos nenos/as de Educación.
Infantil de 5 anos como fase final do Proxecto de Traballo e transcrito
polo mestre.
Escolle o blog de cada unha das dúas aulas...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110