Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 1

(2018-2019) Normas da aula

 

Toda aula que se preste debe ter unhas normas a cumplir para que todos e todas cumplamos e a convivencia sexa agradable.

Preguntadelle os cativos que norma representa cada foto!!!

(2018-2019) Preparándonos para o novo curso 18/19

 

 E como nos quedamos con bo sabor de boca, imos seguir vendo como nos preparamos para darlle a benvida ó curso.

(2018-2019) Dándolle a benvida ó novo curso

 Para darlle a benvida a este novo curso e aos novos compañeiros/as que comezan na escola, nada mellor que redecorar o que van ser as nosas rutina diarias.

(2017/2018) Comezamos un novo curso. Temos novos compañeiros?

Benvidos a un novo curso cheo de novidades!!!!
 

(2016-2017) Así nos foi co proxecto da muralla chinesa

Así nos foi co noso proxecto da muralla chinesa:
Seguiu chegando información, a través de correos electrónicos, 
e outra en papel tamén sacada de internet.
Lara enviounos o seu nome en chinés e vimos cómo é o abecedario chínés.
Roi elaborou un libro na casa con toda a información recopilada, que logo nos contou a todos.
Tamén seguiron chegando caixas de todos os tipos, coas que primeiro experimentamos,
 
facendo torres, murallas, edificios.... cos equips cooperativos.
 
 
 
 
 
Tamén fixemos murallas con outro tipo de materiais.
 
E comezamos a construir a muralla do corredoiro.
 
A medida que averiguábamos as respostas buscando na información de casa ou escoitando os videos enviados, a anotábamos no noso mural do proxecto.
 
 
Buscamos en google imaxes que precisabamos para completar as respostas, como neste caso que un equipo busca unha foto do emperador King Shi Guandhi.
 
 
 
 
E por fin rematamos a investigación e o mural, no que tamén reflexamos algunha creación traída de casa por compañeiros, como a muralla  de Nico feita con técnicas plástica e a de Brais, con rotulador.
Ademáis, de xeito paralelo, fomos creando o noso dossier individual coas respostas.
 
Como a metade das preguntas as responderon os compañeiros de Infantil 2, nos xuntamos nas dúas aulas para expoñer e compartir a información e así continuar co dossier.
 
Tamén pintamos con témpera as nosas murallas no block de debuxo,
 
 
e en A3 con rotulador para logo pintalos con acuarela e témpera
 
e decorar o corredoiro.
Ademáis estivemos dialogando e pensando en qué cousas estarían ben para decorar o corredoiro colgadas do teito e despois dunha choiva de ideas, unha compañeira propuxo algo que nos gustou á maioría: farolillos chineses.
Buscamos en internet imaxes e tamén instruccións de cómo facelos e nos puxemos mans á obra.
 
E tamén pintamos unhas letras para pendurar do teito, presentando a muralla chinesa.
 
E así de chulo quedou o corredoiro coa muralla de caixas, os cadros e os farolillos.
 
 
O último día de clase, na xornada de portas abertas, os nosos "guías" encargáronse de contar ás familias o máis destacado da muralla chinesa.
 
Pincha na imaxe se queres ver a entrada.

(2016-2017) Vos contamos algunhas cousiñas que pasaron en maio...

 
No mes pasado, ademáis do contado en recentes entradas, como a celebración dos cumpres e o comezo dun novo proxecto, tamén sucedeu todo isto:
Comezando o mes, a mamá de Lara, que non podía participar nas lecturas na carballeira, achegouse á escola uns días antes para contarnos un conto moi especial para Lara, "A ovelliña que veu a cear".

 
Encantounos escoitala e estivemos todos moi atentos!
Neses días de comezo de mes ademáis tamén andivemos a traballar nunha manualidade para regalarlle ás nosas nais, aboas, tías, incluso para toda a familia.

Tratábase dun lapiceiro feito cun vaso de cartón e pinzas de madeira que cada quen pintou de dúas cores. 
Para iso, primeiro tivemos que sacar o aramio que une as dúas partes da pinza, 
 
e contar 18 en total. 9 as pintaríamos dunha cor e as outras 9 doutra cor diferente.
 
Por parellas consensuamos que dúas cores nos gustaban para pintar o noso lapiceiro
 
e nos puxemos mans á obra!
E logo as deixamos secar ata o día seguinte.
 
Para pegalas necesitamos axuda da profe que lle botaba silicona ó vaso e tiñamos que colocar enriba a pinza. Nós as tiñamos preparadas facendo unha serie, intercalando as cores. 
 
 
E despois só nos faltou pintalas de novo con cola para endurecer ben o lapiceiro e preparar o papel co que as envolveríamos, e que convertimos nun caramelo, unha vez envolto o lapiceiro.
 
Noutra sesión de témpera fixemos un dos noso murais colectivos que tanto nos gustan. 
 
Nesta ocasión cada un tiñamos unha cor e un pincel así como un espacio determinado no que pintar.
 
Transcurrido un tempo tiñamos que cambiar a nosa cor de pintura co compañeiro de enfrente.
 
E transcurrido outro anaco de tempo volvimos a cambiar pincel e pintura pero esta vez co compañeiro que tiñamos á nosa dereita.
Foi moi divertido e conseguimos un mural moi colorido!
 
Este mural o empregamos para decorar a zona dos percheiros e nel pegamos a foto de cada un co corpo feito con distintas formas xeométricas e gomets, transformádoo así nun cadro a modo de presentación de todos os nenos de Infantil 1.
 
 
Noutra sesión con témpera tamén preparamos os marcos que lle regalaríamos ós nenos/as da galiña azul, pero iso volo contaremos pronto.
 
como nos sobraba témpera, cada equipo fixo unha creación colectiva nun folio A3, proposta na que había que consensuar cores e ideas e logo plasmalas no papel de maneira colaborativa e respectuosa.
 
 
 
Coma sempre no pavillón levamos a cabo diversas actividades de equilibrio, coordinación, xogos,....
 
 
 
 
 
 
 
 
Neste mes tamén levamos a cabo un experimento: "O submarino"
Precisabamos un tuerca, tres globos de auga, unha botella grande de prástico e auga.
 
 
Despois de dialogar sobre o experimento e as posibles causas do mesmo, e de levalo a cabo  en gran grupo
 
 
cada equipo, unha vez elixidos os encargados de material e de non berrar, tamén o levou a cabo.
 
 
 
 
 
 
Outro dos equipos do trimestre anterior fíxonos unha explicación do mesmo, que grabamos para ensinarvos e que o poidades realizar en casa.

(2016-2017) Comezamos novo proxecto: A muralla chinesa

 

Xa sabedes que andivemos a investigar sobre os dragóns chineses e tamén fixemos un libro sobre catro dragóns..

 

Hai tempo estivéramos na biblio mirando no mapa mundi o percorrido que ía facer Dora a nosa mascota, e algúns lugares polos que pasaría. Neles están as 7 maravillas do mundo.

 

E, unha delas é a muralla chinesa. Nos fomos os encargados de marcar o percorrido ata a muralla no mapa, e tamén nos fotografiamos con Dora na muralla.

Esta semana pasada vimos un video no que salían estas sete maravillas do mundo; eran os lugares que víramos nas postais da maleta de Dora, onde saían nenos/as do cole.

Despois de ver o video, entre todos recordamos cales eran, e pegamos a foto de cada unha delas ó lado do seu nome.

 

pois logo o faríamos nós no noso dossier, por parellas.

 

 

Ademáis os profes contáronnos que en fin de curso, os últimos días de clases, se nós queríamos, virían as familias á escola para que lles contáramos cousas sobre algunha das sete maravillas. A nosa é a muralla chinesa, por suposto!

Todos estivemos encantados coa idea e sabíamos que para poder contarlles cousas ós demais sobre algo primeiro tiñamos que saber qué contar.

Así que todos reunidos, falamos do qué sabíamos sobre a muralla, as nosas ideas, crenzas, hipóteses,...que poden ser certas e axustadas á realidade ou non, iso xa o comprobaremos.

Isto é o que sabemos:

-Construírona con ladrillos, cemento e terra.

-Removeron a masa para facela.

-Fixérona con pedras de cores.

-Facíana un pouco cada día.

-Fixérona moitos obreiros.

-Construírona só de día.

-Fixérona os chineses.

-Fixérona para que se fixese antiga a a fora a xente a ver.

-Fixérona porque nunha guerra non quería que entrasen os malos.

-Ten unha porta.

-Usábana para agocharse dentro.

 

 E isto é o que queremos descubrir para despois poder contalo:

1-TEN ESCALEIRAS? CANTAS?

2-TEN PORTAS? CANTAS? 

3-CON QUE MATERIAL A CONSTRUIRON? COMO PEGABAN AS PEDRAS?

4-CON QUE FERRAMENTAS?

5-PARA QUE A FIXERON?

6-CANTO MIDE DE ALTA? É MÁIS ALTA QUE O COLE?

7-CANTO MIDE DE LONGO?

8-QUEN A CONSTRUIU? CANTA XENTE?

9-QUEN A MANDOU CONSTRUIR?

10-CANTO TARDARON EN CONSTRUILA?

11- COMO VIVÍAN OS OBREIROS E ONDE?

      COMO CHEGABAN ATA ALÍ?

12-QUE COMEN EN CHINA? 

 

 

 

 

 

Eran doce preguntas en total e para organizarnos mellor, nolas repartimos entre as dúas clases.

Así, despois dun rato de debate, pensamos e fixemos propostas para deducir cántas nos correspondería investigar das doce, se as tiñamos que repartir en dous grupos. Unhas para os de Infantil 1 e outras para os de Infantil 2.

Axudounos dar coa solución, manipular material, tantos paos como preguntas para así poder dividir en dúas metades e ter claro que tiñamos que investigar 6 en cada grupo.

A nós tocounos investigar as que corresponden aos números impares: 1, 3,, 5,, 7, 9, 11.

Como sempre facemos, propuxemos as fontes ónde podíamos buscar e atopar información e como as familias eran unha das fontes propostas, nunha nota dos mestres explicando o novo proxecto, escribimos as palabras máis sifnificativas: información, proxecto, muralla chinesa, necesitamos,....

 

Tamén como sempre facemos, debuxamos a muralla chinesa, como información que acompañaría os nosos coñecementos previos.

 

Ademais tamén debatimos que si lles íamos contar moitas cousas ás familias sobre a muralla, estaría xenial ter a nosa propia muralla na escola para que a viran e a tocaran.

 

Todos dimos ideas de cómo trasladar un anaco da muralla chinesa á nosa escola, ás clases ou ó corredoiro. Pintada nun enorme mural, con fotografías de internet, construíndo nós unha ....e...pensando en como construila, e con qué material, chegamos á conclusión de que con caixas de cartón podía quedarnos unha muralla ben parecida...como fixéramos coa nosa árbore de Nadal.

Así que outra misión importante era xuntar moitas caixas, de tamaño pequeno, e tamén o escribimos na nota a casa.

Foron chegando caixas a clase e tamén información moi interesante, ademáis de debuxos e anotacións nosas feitas na casa.

 

 

Polo momento, só demos resposta a unha das preguntas, Cómo é de longa?; comezamos lendo na información que trouxo un compañeiro e alí o descubrimos.

21.196 kilómetros...!!

Falando sobre cómo amosar ós demáis cómo era de longa a muralla ademáis de anotándoo con números, unha compañeira propuxo amosar a foto dun mapa de china ou da muralla vista dende lonxe así que buscamos en internet entre todos, escollendo algunhas fotos e marcando no mapa o percorrido.

 

 

 

Xa vos iremos contando cómo vai a investigación!! 

 

 

 

 

 

 

 

(2016-2017) Finalizamos o proxecto dos dragóns chineses

 

Hai un tempo contámosvos como comezamos este proxecto. Podes premer aquí para recordalo.

E agora vos contamos o que seguiu a acontecer en torno a él.

A  veces de maneira grupal, outras por parellas e outras en equipos, fomos traballando para organizar e utilizar a información que tiñamos e que nos daba resposta ás preguntas prantexadas.

Así, por equipos e escribimos o nome das distintas partes do corpo dun gragón chinés.

 

e outros descubrimentos, como por exemplo, que son seres mitolóxicos que non existiron de verdade.

De xeito paralelo fomos elaborando o noso dossier individual con todos estes descubrimentos e outras cuestións relacionadas.

Tamén pintamos moitos dragóns para decorar a clase, o mural ou para levar para casa. Algúns modelos os trouxeron compañeiros coa súa información.

Cada equipo foi anotando as respostas. O equipo de Lucas está anotando o que comen.

E pegando as fotos que atoparon entre a información.

 

O equipo de Lara, escolle a información relacionada con cómo elaborar o dragón que trouxo Lucas, para logo facelo nós.

 

No mural anotaron todos os materiais que precisábamos.

 

E logo Lucas recordounos os pasos a seguir.

 

Con todo o material na mesa, e seguindo as consignas, cada un fomos collendo o que precisabamos e

comezando a facelo.

Meter a agulla de prástico polos 7 vasos costaba un pouco pero ó final démolo feito.

 

Outro equipo está anotando os lugares onde vivían os dragóns.

 

Unha das preguntas que tiñamos era como de alto voaban e como os dragóns chineses non teñen ás, anotamos que non podían voar, pero sí outro tipo de dragóns que non eran chineses, e os vimos na pizarra dixital, imprimimos as súas fotos e tamén as pegamos no noso mural.

E finalmente demos rematado o noso mural da investigación, xunto cos dossieres que levamos ás nosas casas para contarlles todo ás nosas familias.

Tamén adicamos algún ratiño a xogar coas marionetas plastificadas dos dragóns.

E creamos un dragón enorme, pintándoo por trozos, en cartón, e

estampando nel con corchos e pintura azul, para facer as escamas.

 

Vimos a trociños unha peli de dragóns, e debuxamos a historia escribindo o que acontecía.

 

Tamén participamos nunha proposta artística que xa vos contamos hai tempo, que partía dunha silueta dun dragón.

 

E aquí acabo o noso proxecto!!

Nunha próxima entrada vos contaremos de que trata o seguinte, que xa o comezamos!

(2016-2017) Así transcurriu o mes de abril na aula

Neste me de abril, sucederon moitas cousas.
Algunhas xa volas contamos en anteriores entradas, como a nosa visita á carballeira para celebrar o día do Libro.
Na aula, ademáis de falar dos nosos libros, tamén os debuxamos, con distintos materiais, como coa témpera.
 
"La cenicienta" 
 
 
Noutra sesión de témpera tamén comezamos a elaborar unha nova "árbore das familias", como facemos cada curso escolar, no que aproveitamos para pegar nel as fotos de familia dos compañeiros de 3 anos e sacamos as dos compañeiros que xa non están este curso.
Sempre o facemos en xaneiro pero este ano tardamos un pouquiño máis.
A nosa árbore deste ano tratábase dunha árbore chinesa,
GINGKO, que ten unhas follas moi bonitas, en forma de abanico.
Nos gustaron moito e aprobamos a proposta da profe.
Entre todos trazamos o tronco e as ramas 
 
 
e con patacas estampamos as follas.
 
No mes de abril tamén fomos ó pavillón, por suposto.
Algunhas sesións foron moito máis dirixidas, con determinado material, circuitos...
 
 
 
e outras máis libres...con distintas propostas e actividades alternativas.
Actividades como..
conducir a pelota de tenis polo carreiro, arrastrándonos polo chan,
 
facer canasta, alonxando cada vez un pouquiño máis a distancia de tiro. E probando a facer canasta tanto coa man dereita como coa esquerda..ésta tamén hai que exercitala!
 
Tiros para tratar de derrubar o cono, tamén alternando mans.
 
e como sempre, combinando con distintos xogos, como neste que choven anzuelos no noso mar para atrapar ós peixes e hai que botalos ó outro lado (os anzuelos eran balóns).
Cando pasaba un tempo establecido, parábamos o xogo e contábamos en qué lado do mar había máis e en cal menos.
 
O xogo de "zorros ó galiñeiro", no que dous cazadores están no centro, dentro dun espacio acotado e cando todos os zorros queren pasar para entrar no galiñeiro a roubar as galiñas, eles teñen que impedirllo pero sen sair desde espacio.
 
E aquí vos deixamos algunhas fotos máis de distintas actividades.
Co beebot, guiándoo para chegar a onde estaban determinados animais.
 
e facendo antes o camiño que debía seguir, coas regletas, para ter moi claro por que cadrados debía pasar.
 
Construíndo escenarios e creando cos bloques lóxicos e as regletas.
 
 
creando un dragóns chinés..
 
 
e outras cousas fantásticas, cargadas de fantasía!
 
colocando as letras de madeira no seu oco correspondente
lendo contos na biblio do cole
 
 
Tamén neste mes levamos a cabo un experimento.
O globo que atrae os papei.
Como sempre facemos, elaboramos hipóteses e inferimos o que podería suceder cos papeliños e co globo, e para qué serviría o xersei de lana.
Tamén vimos o video da web, para logo comprobar nós qué sucedía.
E xa por equipos, probamos todos os compañeiros de cada un dos equipos.
Tamén descubrimos que frotando no pelo tamén se producía electricidade estática, que atraía ós papeliños.
Neste mes tamén celebramos os cumpreanos, e foron moitos os homenaxeados.

(2016-2017) Así transcurriu o mes de marzo na aula.

No mes de marzo, pasaron un montón de cousas na aula.

Vos contamos algunhas.

Levamos a cabo un novo experimento: "lava de cores". Plantexamos variadas hipóteses do que faríamos coa auga 

 

o aceite 

 

os colorantes alimenticios e a sal

 

e o por qué da reacción que observamos.

Finalmente o levamos a cabo por equipos, repartindo as funcións e o papel de cada quén. 

 

 

 

 Pasámolo en grande e xa ós dous días pedíamos facer o seguinte!

 

 Neste mes, nas sesións de témpera, pintamos libremente coa consigna de crear con líneas, abertas e pechadas, rectas e curvas, ademáis de con puntos, para elaborar a nosa portada dos traballos do trimestre.

 

 

Tamén  preparamos un agasallo para as nosas familias, para o cal necesitamos pintar 12 paos de xeado de distintas cores así como un cartón que faría de portada dunha colorida libreta de notas.

 

Creamos ademáis un mural conxunto no que estampamos con rolos de papel hixiénico, e que cando secase, utilizaríamos para envolver os agasallos.

 

 

 

 

Papel que despois tivemos que repartir entre os quince da clase, calculando e buscando estratexias para que o reparto fose equitativo. Enseguida chegamos á conclusión de que si o partíamos á metade, e logo de novo, e outra vez máis...acabaríamos obtendo un anaco para cada un de nós, do mesmo tamaño.

 

Tamén elaboramos plastilina de cores, mezclando fariña, aceite, auga e sal, ademais de colorante alimenticio.

Por parellas ou de tres en tres, facíamos a mezcla de todos estes ingredientes para logo repartir a masa obtida e xa individualmente cada un volvela da cor que lle apetecía.

   

Como nos gustou ir cambiando a masa de cores e obtendo outras novas, así como crear coa nosa "plastilina".

 

Tamén, coa chegada da primavera, a pintamos, de moitas cores

 

e con moitas formas. Algunhas delas as utilizamos para un mural moi primaveral, no que os máis pequeniños rasgaron distintos tipos de papeis, con distintos tonos verdes para pegar xunto coas flores e todo o debuxado.

Os maiores, por parellas, ademáis de pintar coa témpera, tamén debuxamos para ir engadindo e enchendo o noso mural.

 

(pendiente de foto)

 

Nas sesións de psicomotricidade, aquí vos deixamos algunhas fotos de actividades e momentos, de tantos.

Por parellas, coordinándonos co compañeiro/a

 

 

 

Nun momento final dunha sesión, relaxándonos, respirando cunha pelota de ping pong sobre o noso peito ou sobre a barriga.

 

Tamén tivemos a visita dun mago, co que desfrutamos moitísimo!

 

O noso mago pediu algúns voluntarios para axudalo nos seus trucos de maxia. Da nosa clase, Lucas tivo a sorte de poder participar e pasou moi moi ben.

 

e nós rímonos moito cos trucos e coas bromas que gastaba o mago.

Ó rematar a función deixounos acariciar á súa pomba, que participara nun dos trucos iniciais.

 

Nos intercambios, seguimos a guiar ó noso beebot, en 3 anos,

 Nesta ocasión fixemos entre todos unha garaxe para él e debíamos programalo para percorrer a distancia nun sentido e logo dar a volta e regresar.

Tivemos que probar varias veces ata dar co número de veces que debía moverse.

 ou seguir os iconos mostrados para programalo e observar o seu percorrido.

 

Os de 3 tamén seguimos a xuntarnos para as letras do noso diccionario e facer diferentes actividades con elas.

 Como facer o percorrido do N no chan, primeiro co noso corpo, andando polo percorrido, e logo guiando un coche polo mesmo.

Ou co R, clasificando as tarxetas cos nomes dos compañeiros de Infantil 2, en dous grupos, os que tiñan R e os que non, para despois contalos, colocar a tarxeta co número correspondente, e asignar unha pinza para cada tarxeta para finalmente comprobar que había tantas pinzas como indicaba o número.

 

Os de 4 e 5, este mes andivemos inmersos nas sumas e restas, resolvendo algúns problemiñas que a profe plantexaba, e indicándoo a través dos signos correspondentes.

 

Tamén o levamos a cabo en distintas sesións, con contas de madeira e tarxetas, unhas veces por parellas e outras individualmente.

 

 

E moitas máis propostas do día a día, así como momentos de xogo e creación persoal.

 

 

 

Vos seguiremos contando, porque tamén rematamos o noso proxecto dos dragóns chineses; nunha próxima entrada vos contaremos!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.