Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 1

(2015-2016) Comezamos o curso con novos compañeiros e compañeiras

Como todos os cursos, vos presentamos a nosa foto de grupo, con novos compañeiro/as de 3 anos.

 Dani, Nico, Óscar, Lucía e Sabela, benvid@s á nosa escola!!!!!!

Para primeiro marcharon Álvaro, Daniela e Lucas, xunto cos compañeiros/as de Infantil 2, e xa temos ganas de saber cómo lles vai así que nuns días lles faremos unha visita para que nos conten moitas cousas!

(2015-2016) Proxecto de Henry Moore- Modelando

En anteriores entradas vos fomos contando cómo se desenvolveu o proxecto de Henry Moore. A última fase do proxecto, moi vinculado co producto final, que era montar a nosa exposición era convertirnos en escultores, a partir da modelaxe.

Ademáis de modelar coa plastilina e crear verdadeiras esculturas en miniatura

que logo endurecíamos con cola branca, tamén modelamos con outras pastas.

Primeiro de xeito libre, coa pasta branca

         

Todas as nosas creacións, unha vez secas, as pintamos con témperas de cores.

E..listas para engadir á exposición!

 

Noutra sesión, esta vez con arxila, e tamén por equipos cooperativos, comezamos traballando con esta masa de xeito individual, para despois de explorala e manipulala de distintos xeitos, unirnos e tratar de facer coa masa de cada compoñenente do equipo, unha obra única.

E éstas foron as creacións de cada equipo, as que tamén lles puxeron os seus titulos.

 

Nunha seguinte sesión, tamén organizados por equipos cooperativos, debíamos seleccionar unha obra de Henry Moore para recreala.

Unha vez seleccionada, fixemos  un "boceto" da obra, pegando ó lado a fotografía da mesma, e anotando o material que nós empregaríamos para recreala.

O equipo Xoaniña elixiu "Cabalo", feita orixinalmente en madeira e que eles recrearían en arxila.

 

O equipo chupatigres recreou "Filo de coitelo" feita polo escultor en bronce e que eles fixeron en masa branca.

O equipo Frozen escolleu "Forma cadrada con bordes", que ben parecía un arco. Orixinalmente esta obra era en pedra e e eles a recrearon en masa branca.

E o equipo escolleu "Óvalo de dúas puntas", de bronce, que fixeron en masa branca e logo pintaron con témpera negra.

Xa tiñamos lista outra das partes da exposición, xunto cos carteis correspondentes informativos sobre os datos máis significativos das obras: título, autor, material.

Só nos faltaba levar a cabo unha grande escultura conxunta, feita entre todos e todas.

Eliximos  "Óvalo de dúas puntas". Sabíamos, pola investigación, que as esculturas grandes precisan moitas veces dunha estructura de ferros ou outros materiais, que vaia de base para axudar a suxeitala.

Así pois, Ángela fixo unha estructura de aramio coa forma da escultura e nós a cubrimos con moitos, moitísimos papeis de xornal.

 

Cando a tiñamos bastante cuberta

a penduramos para seguir pegándolle máis capas de papel, coa cola.

 

 

Agora tiñamos que pintala con témpera negra

 

Pasaos moito traballo e non foi doado, pero coa colaboración e participación de todos, demos rematado.

Só tiñamos que pendurala nun grande expositor e anotar preto dela os datos relevantes.

O que pasou a continuación, xa o sabedes pois está publicado en anteriores entradas, pero se queredes volver a velo ou acceder desde aquí, vos deixamos os enlaces:

-A nosa exposición de Henry Moore xa está rematada.

-Inauguramos a exposición de Henry Moore.

(2015-2016) Explorando a obra de Henry Moore

Continuamos a contarvos algunhas das actividades nas que participamos en torno a Henry Moore.

RECREAMOS CO CORPO ALGUNHAS DAS SÚAS ESCULTURAS

Ademáis de observar os videos e fotografías da web do cole e xogar a pensar con algunhas das súas esculturas, tamén adicamos unha sesion de psicomotricidade á expresión corporal, para tentar representar algunhas das súas obras.

Unha vez escollidas dúas ou tres obras que nos gustaría representar,

cada equipo marchou para unha zona do pavillón, para comezar  o reto.

Algunhas resultounos moi doado, pero outras....ou non nos poñíamos dacordo no material necesario ou non dábamos acertado coa postura....non foi tan doado como parece...

Aquí Brais amósalle a fotografía a súa compañeira para que se dea colocado...

e finalmente o consiguen..e os tres queren representala

   

pois non esta nada mal a recreación verdade? (a foto que tiñan os nosos compañeiros sí estaba orientada para ó lado no que se colocaron).

 

  O equipo xoaniña está probando  cunha"Figura sentada"

E xurde unha pequena discusión sobre onde colocar unha man e outra pero finalmente dan coa solución, coa que eles consideran axeitada.

Tamén tentaron representar con material de psicomotricidade, a obra "Entrando no cosmos" pero non conseguiron chegar a nada finalmente.

O equipo Bolboreta decide representar "Grupo familiar" e o fan de duas maneiras ben distintas

                             

unha moooi abstracta e  outra máis realista!

Tamén probaron con "Muller reclinada"

Moi ben rapaces!!

 

E esta última sí que ten unha interpretación moi persoal

 

O equipo chupatigres, desconectou bastante do tema, e como son tan imaxinativos eles colleron material e puxéronse a crear as súas propias escultura.

Iso sí, deulles tempo a improvisar unha de Henry Moore cando caeron na conta de que non ían polo camiño acordado. Pero quedáballes tan pouco tempo que xa non observaron os detalles, é o que ten a improvisación....

 

 O equipo Frozen tamén representou un dos debuxos dos refuxiandos durmindo no metro.

e a encargada dese día organizou aos compañeiros/as para que se colocaran simulando o cadro dos refuxiandos durmindo no metro.

   

 

FACENDO COMPOSICIÓNS PRÁSTICAS COAS ESCULTURAS DA SÚA OBRA

Outra actividade na que participamos, prástica e de creatividade, consistía en escoller diversas esculturas, iguais ou diferentes, que xa estaban recortadas en varios tamaños e que pertencían todas á obra de Henry Moore, para facer composicións creando un cadro e un escenario.

Esta actividade a fixemos organizados en equipos cooperativo, polo que había que poñerse dacordo sobre cales e cantas esculturas escoller e ideas o escenario que lle engadiríamos con pinturas, rotuladores, ceras manley..e os nosos debuxos.

Unha vez elaboradas, debíamos pensar nun título, acorde co que quixemos representar, e escribilo no ordenador, para imprimilo e pegalo na cartolina,para colocar finalmente na exposición.

 

Así quedaron os nosos cadros e éstes son os títulos que eliximos para expoñelos:

(pendiente de foto)

Ó ladiño da nosa entrada de clase quedaron expostos os nosos cadros, xunto cos que fixeron os compañeiros de infantil 2.

 

 

(2015-2016) Proxecto sobre Henry Moore-continuamos contándovos

A información de casa foi chegando ás aulas, e a colocamos toda no mesmo lugar, para tela a man cando a necesitáramos.

Ademáis de a través de folios impresos, tamén nos chegou información dunha enciclopedia, onde tamén aparecía un pequeno texto en referencia ó escultor e a través do correo de infantil.

               

A primeira pregunta en respostar foi a última plantexada, "está vivo ou morto?" para así poder saber se falar de Henry Moore en pasado ou en presente.

Entre todos, reunidos en asemblea e aproveitando internet e a pizarra dixital, plantexamos cómo escribir a pregunta e así demos con esta noticia.

Nela, fomos encontrando, por un lado, no título da nova, a palabra "murió", que nos confirmaba que estaba morto, por outra banda o ano da publicación, que era o ano da súa morte,  1987, e por último, a idade que tiña cando morreu, que entre tanta letra foi doado atopar, 88 anos.

O marcamos tanto no encerado dixital, como logo individualmente cada un na folla do  seu dossier.

Só faltaba anotalo no mural da investigación.

Outra das preguntas que averiguamos en gran grupo foi "de que material se fan as  esculturas?", lendo da información traída de casa e escoitando algún dos videos que estaban na web no apartado Henry Moore, fomos dando coa resposta.

Anotamos no mural un listado dos materiais cos que as facía: bronce, madeira, mármore, pedra, arcilla, ieso,

e noutra sesión, cada equipo cooperativo encargouse de buscar en internet imaxes de un deses materiais para engadilos no mural.

Cada equipo escribía en google a palabra, escollía a imaxe que lle gustaba para representala, coa axuda de Ángela a gardaban no ordenador para logo poder imprimila no tamaño acordado.

Tamén nun dos videos da web descubrimos cómo se fan os distintos tipos de esculturas, según os materiais e os tamaños e que se pintan as de madeiro e ieso, que tamén reflexamos no mural.

Aproveitamos da información traída de casa, unhas fotos diminutas dalgunhas das súas esculturas, que trouxo Lucas G., para pegalas no mural todas seguidas e así poder separar as dúas partes, as das preguntas das das respostas.  

               

 

Para descubrir as preguntas de "onde naceu","cómo era a súa familia "e "como era a súa casa", por equipos cooperativos nos encargamos de buscar imaxes escribindo as preguntas en google, gardándoas e imprimíndoas, para logo pegalas no mural. Non conseguimos atopar fotos da súa casa, polo que esta pregunta quedou sen responder.

E para responder a "por qué ou como se fixo famoso" e "en que países viviu", os outros dous equipos, plasmaron de maneira escrita e con algunha imaxe as respostas, que entre todos descubríramos, lendo nas fotocopias traídas de casa. Para elo, antes tivemos que decidir en qué tipo de información poderíamos atopar esta resposta.

Ademáis, curioseando na web, descubrimos  un mapa do mundo cun listado enorme de países nos que Henry Moore tiña esculturas nos seus museos, rúas ou parques.

Os compañeiros de Infantil 2 xa o viran e cada un elixira un país, para pegar a escultura que se atopaba nese país, no mapa mundi que temos no corredoiro de infantil.

Así que nós tamén eliximos de un en un, un país do mundo, anotándoo nun listado, xunto co noso nome

 

Clicábamos nese país do mapa mundi interactivo e descubríamos qué escultura ou esculturas había alí, pois a veces había en varias cidades do mesmo e tiñamos que elixir unha.

Aquí Úrsula clicou en México que foi o país elixido e estaé a escultura que logo tivo que pegar no mapa mundi, pero en tamaño pequeno.

Cando todas estiveran impresas, as pegamos no mapa mundi.

 

Outras tres preguntas que tiñamos que responder "como se fan as esculturas xigantes", "como se fan as esculturas pequeniñas" e "como fan para esculpir letras" tamén descubrimos as respostas en distintos videos da web, e logo cada equipo deixou por escrito as respostas.

e tamén as contestamos no noso dossier, de distintas maneiras, escribindo, debuxando, clasificando, recortando..

Neste caso, no dossier, tiñamos dous grupos de fotografías, algunhas correspondían as ferramentas necesarias para as esculturas xigantes e outras as das diminutas. Había que recortalas e agrupalas nunha ou noutra para logo pegalas no lado da folla correspondente, coa escultura xigante ou coa diminuta.

Para poder realizala ben, antes tivemos que estar moi atentos na escoita de videos e no debate posterior así como no momento de escoitar ós compañeiros do equipo que a escribiron no mural, pois despois de cada resposta reflexada no mural, cada equipo sempre conta ó resto a súa resposta.

 

E así, fomos completando  o noso mural da investigación cunha das derradeiras preguntas que era "tiña axudantes ou traballaba el só?".

Este equipo atopou nunha das fotocopias de casa, que sí tiña axudantes e escribindo os nomes dos axudantes en google puideron sacar as súas fotos para pegalas no mural e contárnolo despois.

E así nos quedou finalmente o mural

con toda a información.

Tan só nos faltaba unha pregunta por contestar, "que esculturas fixo", algunhas delas xa as coñecíamos ó buscar as respostas das outras preguntas e de cando vimos o mapa interactivo, pero debíamos reflexar nun mural algunhas delas, co seu título.

Uha compañeira elaborou na casa coa súa familia unha pequena recopilación da súa obra

e así nolo contou, polo que algunhas xa as tiñamos anotadas e non as repetiríamos na nosa recopilación.

Buscamos entre toda a información traída a clase aquela que nos podía valer para esta pregunta. Tiñamos claro que era aquela que contiña imaxes das súas esculturas

aínda que algunhas das fotografías non tiñan posto o título, co cal tivemos que levar a cabo unha laboriosa tarefa, porque debíamos buscar nun dos videos da web os títulos desas obras e ademáis asegurarnos de que non estivesen na recopilación traída por Lara F., para que non se repetiran, aínda que finalmente chegamos ó acordo de que as máis pequeniñas das que trouxo Lara sí as poderíamos repetir para poder aprecialas mellor, nun tamaño maior.

Así, cadaequipo foi escollendo dúas ou tres para pegar no mural, escribindo o seu título.

A parte da investigación estaba rematada. Pero todavía temos moito que contarvos, como o traballo que levamos a cabo de exploración da obra do escultor ademáis de convertirnos nós mesmos en escultores, modelando.

Todo isto formaría parte da nosa exposición no corredoiro, e os compañeiros de Infantil 2, que tiñan como pregunta na súa investigación, "como se fai unha exposición" nos contaron cales eran os pasos necesarios.

Un deles, era elaborar carteles anunciando a esperada exposición, onde teríamos que destacar a data e o lugar.

Un grupo de compañeiros se encargou de montar este cartel, que nos quedou así de chulo

e que días despois colocaríamos nunha zona do colexio para que chegara a todo o mundo.

Nunha próxima entrada seguiremos contándovos que isto todavía non rematou!

(2015-2016) Investigando sobre Henry Moore..así foi o comezo

Comezando o mes de maio, un día a profe ensinounos na pizarra dixital a imaxen dunha escultura, e comezamos unha conversa en torno a ela, xogando a pensar qué podería ser, ónde se podía atopar, qué podía representar..., se nos gustaba ou non, qué sentíamos ó vela..

 

Antes de descubrir o seu título, cada un de nós, pensou no título que lle poría e debuxou a escea que representaba.

 

Así, nun momento nos atopamos con moitas suxerencias de títulos interesantes para esta escultura:

-"Estatua de la India".

-"Amor".

-"Estatua de señores".

-"Namorados".

-"Tomando un descanso".

-"Estatua del amor".

-"Estatua fuente".

-"Dándose un beso".

-"Estaríamos juntos".

-"Sentados en un banco".

-Señores sentados".

 

Despois de todo isto, desexábamos saber cal era o seu título verdadeiro, e resultou ser... "REI E RAÍÑA".

 

Como esta escultura nos fixo moita gracia, eliximos con quén nos gustaría posar como "rei e raíña" vestidos como tal e sacar unha fotografía

tentando que fose moi parecida á escultura real, na postura e colocación.

E outro exercicio de imaxinación....cada un de nós contou  os demáis compañeiros, que se fose rei ou raíña o seu reino sería o reino de...:

- chuches

- flores

- animais

- xeo

- papel

- chocolate

- nata

- barcos

- letras

........e porque non seguimos.... por imaxinación que non sexa.. 

Tamén queríamos saber quén creara a escultura de "Rei e Raíña", e Ángela  mostrounos a fotografía de....Henry  Moore, o autor da mesma.

(pendiente de foto) 

Falamos dos seus rasgos e características e montamos un puzle en papel coas partes da súa cara xunto co nome en letras móbiles, traballo que nos serviría de portada do noso dossier do proxecto.

Tamén vimos na web do cole un video onde aparecían imaxes de Henry Moore e dunha exposición súa..así..a profe preguntounos se nos gustaría convertirnos en "escultores" como Henry Moore e montar a nosa propia exposición e a todos nos entusiasmou a proposta.

 

Pero antes de chegar a ser escultores teríamos que "investigar" que era eso de ser escultor e quen era realmente Henry Moore.

E así comezou o noso proxecto..

 Primeiro deixamos reflexado nun mural as nosas ideas previas sobre os escultores. Sobre Henry Moore tiñamos poucos coñecementos previos, deducidos a partir da escultura "Rei e Raíña" e do video no que vimos a súa exposición.

E estas foron as nosas "preguntas" e curiosidades:

 Tamén engadimos "Está vivo ou morto?".

E tamén quedaba a parte "Qué queremos facer"

-Esculturas.

-Unha exposición das mesmas.

-Imprimir e recopilar fotos de esculturas de Henry Moore e outras famosas e pegalas nun mural. 

 

A seguinte fase do proxecto era determinar ónde poderíamos buscar información que nos axudase e como sempre, tiñamos claro que tanto nos libros, revistas, xornais, tele, películas, ordenadores  e pizarra dixital de clase e internet por suposto, así como na casa en libros, tablets, móviles...

Así que como sempre facemos, escribimos unha nota a casa explicada pola profe por un lado, pedindo información para investigar no noso proxecto, e por outro lado, explicado por nós en poucas palabras. Como dí o dito, "claro, conciso, cocreto". 

(escrito por un compañeiro de 4 anos) 

(escrito por unha compañeira de 3 anos-"necesitamos traer información")

 E a partir de aquí, sí deu comezado o proxecto, que vos seguiremos contando nunha próxima entrada. 

(2015-2016) Isto aconteceu no mes de Abril

Vos contamos algunhas cousiñas que pasaron na nosa aula no mes de abril.

-Participamos nun novo experimento- O guante que cobra vida.

Como sempre facemos, reflexionamos unha vez visto o material (unha botella de prástico partida pola metade, un guante de prástico e un recipiente con auga) sobre o que faríamos con ese material, dándolle distintos usos e inferindo cal sería realmente o experimento.

Así, probamos de distintas maneiras,

ata que Ángela nos descubreu qué faríamos, pois andábamos preto pero non acabábamos de atinar...

O guante, unha vez que o colocabas na boca da botella, e metías a botella na auga, se inflaba e era como se cobrase vida.

Tocaba de novo, pensar no por qué de esta reacción, elaborando as nosas hipóteses. E neste, caso atinamos bastante ben co por qué, a partir dun diálogo e unha escoita dos uns e os outros.

O guante cobraba vida, porque tiña aire dentro, que ó introducir a botella na auga, facía que a auga empuxase ó aire do guante hacia arriba, hinchándoo.

O seguinte paso era levar a cabo o experimento por equipos, para logo deixar reflexado todo o proceso no noso dossier de experimentos.

 

-Confeccionamos un regalo para as nosas nais-

Finalizando o mes, como se achegaba unha data moi especial, o día da Nai, decoramos unha caixa de cartón, que trouxemos da casa, pintándoa primeiro

 

para logo, cuberta toda de cola (que lle daría brilo, a endurecería e tamén pegaría os adornos), organizados por equipos, seleccionamos distinto material para pegarlle nas distintas partes da caixa. 

Tiñamos que decidir no equipo, si elixir só tres adornos e de eles podíamos coller moitos ou si queríamos meter variado, de todos pero entón só poderíamos coller un número determinado de cada un deles, para que o material chegase para todos.

E...mans a obra! 

           

Na tapa da caixa, fixemos divertidas caras, pegándolle as distintas partes feitas por nós. 

 Ademáis de pegarlle por dentro un debuxo da nosa nai.

Só quedaba enchelas, de maneira simbólica, de cinco bombóns, que estaban clasificados ou agrupados polas suas semellanzas e diferencias

 tendo que coller un de cada grupo

 e metelo na caixiña para logo xa envolvela en papel de regalo, que tamén nós elaboramos, pintando con ceras manley papel de xornal.

 Esperamos que lles gustaran ás nosas nais!!

 

Tamén tivemos sesións de pintura con témpera, en ocasións, como vimos antes, para pintar as caixas, noutras para pintar no block de debuxo

 

ou tamén en gran grupo, como facemos de vez en cando.

Nesta ocasión fixemos un enorme mural da primaveira, para decorar a nosa entrada da aula, onde gardamos abrigos e mochilas, qué mellor recibimento cada mañá verdade?

Pero esta vez, a profe fixo un xogo con nós e en vez de pintar libremente o que quixéramos e onde quixéramos no mural, (respetando sempre as produccións dos compañeir@s), foi dándonos consignas e tiñamos que estar moi atentos..

                        

Tiñamos un lugar e unha cor, e seguiríamos as distintas consignas ó mesmo tempo que nos cambiábamos de sitio e por tanto de cor, con cada consigna.

un círculo grande, cinco puntiños, encerramos eses puntiños, 2 círculos pequenos, pintamos dentro do círculo grande determinado número de puntos,....así sucesivamente para acabar convertindo todos eses puntos e círculos en flores, engadíndolles o tallo.

E así de colorido e alegre nos quedou o mural da primavera, que pegamos na entrada e no cal estamos pegando bolboretas feitas con tubos de cartón.

(pendiente de foto)

Tamén participamos nas sesións de psicomotricidade, nas que combinamos propostas moi rutinarias de movemento e coordinación (arrastre, gateo, carreira)

con outras que van variando, dende circuitos diferentes,

 xogos,

e manipulación con distinto material.

 

                    

E participamos en moitas outras actividades que foron xurdindo..

-A elaboración do noso mapa para ir de excursión ó Salón do libro.

 

 

 

-A creación dun bicho fantástico para a biblioteca, imaxinando algúns deles a partir dunha choiva de ideas. Os que finalmente eliximos foron o cempés-avispa e o polbo-araña.

 

Así como distintas actividades do día a día:

-Momentos de xogo nos recantos

 

   

 

Reforzando conceptos de lóxica-matemática

 

Participando en actividades na pizarra dixital

 

Guiando ó beebot polo camiño axeitado, con distintos obstáculos

  

Na biblioteca do cole 

 

E fixemos unha saída á Pontevedra, ó teatro de A fundación, para asistir a un concerto do grupo "Mamá Cabra". 

 

Neste mes tamén (se premes en cada unha delas podes acceder a dita entrada):

-Visitamos o Salón do libro Infantil

-Celebramos os cumpreanos do mes.

-Participamos na semana do Libro.

 

(2015-2016) Isto aconteceu en febreiro na aula

O pasado mes estivemos inmersos en moitas propostas e aventuras.

-Cambiamos de equipos cooperativos, agrupándonos con novos compañeiros.

Como sempre facemos, nos reunimos para decidir un nome de grupo, escribilo, e facer un debuxo que o representase.  Nesta ocasión non buscamos en internet unha imaxe representativa para imprimir e pegala pois non tiñamos  ordenador na aula, polo que este paso non o levamos a cabo.

Os novos equipos son:

XOANIÑA

 

FROZEN

 

CHUPATIGRES

 

BOLBORETA

 

Tamén formamos o nome do equipo en letras móviles para así telo ben clariño cando necesitásemos copialo nos rexistros.

 

-Continuamos a ampliar os nosos murais dos animais      

propoñendo cada día o encargado qué animal pegar no mural correspondente, despois de ler no diccionario e cando podíamos, mirar en google fotos e algún video.

Tamén o engadíamos ó noso dossier individual. 

      

 

De cando en vez facemos algún rexistro, así que non podía faltar o seguinte: "me gustan os animais" (13)  ou "non me gustan" (1).

para pasar a formar parte do noso recanto dos rexistros, que a veces observamos e consultamos.

 

-Creamos a nosa "árbore das familias", como cada curso vimos facendo, para engadir as fotos de familia dos compañeiros de 3 anos.

Para elo, unha mañá cando chegamos a clase atopámonos con moitas fotografías en branco e negro de árbores.

Despois de falar de cales nos gustaban máis, cada un de nós votou polo que máis lle gustaba para reproducir en tamaño grande e colocar nel as nosas fotos de familia.

Un a un fomos votando, anotando cunha raia no que elixíamos para reproducir.

E así a árbore máis votada foi a das follas en forma de corazón.

Antes de reproducilo, cada un tamén elixiu un para pintar con témpera, e aínda que a moitos volvimos coincidir co votado, outros se atreveron con árbores distintas.

Logo comezamos coa árbore de grupo, pintando primeiro o tronco

Fixemos moitos corazóns de distintos tamaños e cores para completalo

Xa rematada a árbore e pegadas as fotos,

fomos pegando as nosas árbores pequenas para rematar de decoralo.

 

-Recibimos de regalo para a aula algúns libros e contos, que a familia de Álvaro nos trouxo pois xa non os usaban, e tamén uns puzzles da mestra Yolanda.

Así que lles escribimos una pequena cartiña de agradecemento.

Para Yolanda

 

E para a familia de Álvaro

                          

Estes contos pasaron a formar parte do rexistro dixital que temos na aplicacion da web, na biblioteca, así que había que etiquetalos co seu número correspondente.

 

-Psicomotricidade-continuamos a traballar co corpo, o espacio, os obxectos, os sons, o ritmo, o equilibrio...de moitas maneiras diferentes.

Con pelotas, lanzando co pé tratando de derribar algún cono.

lanzando contra a parede, a un compañeiro,..botando, sen botar...

       

facendo circuitos que tanto nos gustan, basados en historias sobre animais e aventuras.

Unhas veces nós sos e outras cunha parella, coordinándonos con ela para salvar todos os obstáculos.

 

carreiras seguindo unha serie de consignas.

      

 

-Seguimos coas nosas sesións de pintura de témperas

o símbolo da paz

a bandeira de Xapón, pois é un dos países cos que  facemos correspondencia.

Seguindo consignas dadas, como neste caso que a consigna era a seguinte:

Un círculo grande, catro medianos e seis pequenos.

 

Tamén continuamos con outras tarefas e actividades rutinarias:

anotando o libro para casa, aínda que este mes sen facelo no ordenador, só no noso libro.

e axudándonos entre nós, cando era preciso.

*Escribindo no noso diccionario as palabras da semana

                        

*Dramatizando cos títeres

 

*Pensando e razoando co robot Bee-bot

 

*Observando o crecemento da nosa pranta da landra

e medindo para anotar nun rexistro

Tamén nos visitou un caracoliño que trouxo un compañeiro, ó que non lle faltaba comida.

E isto foi todo! Ata pronto!

(2015-2016) Levamos a cabo un novo experimento

Nesta ocasión participamos no experimento: "Os osiños que se transforman ou osiños mutantes".

Como sempre facemos despois de observar todos os ingredientes

e materiais necesarios, probamos, ulimos e cheiramos algúns deles.

    

O limón, que logo exprimimos.

       

O vinagr, que cheiraba moi mal para algúns..  

    

Tamén probamos a sal, e ulimos o bicarbonato.

 

Con todo isto e cos osiños de gominola, fixemos inferencias de qué tipo de experimento se podería tratar.

Finalmente, con cada un destes ingredientes en cada vaso, mezclados con auga, metimos un osiño en cada un dos vasos.

E dialogamos sobre o qué sucedería, elaborando algúnhas hipóteses, que teríamos que comprobar chegado o momento.

Feito isto, Ángela díxonos que debíamos esperar ata o día seguinte para ver qué sucedía, e que cada equipo podía elixir con que ingrediente lle gustaría probar a sumerxir un osiño para ver o que sucedía.

Anotamos cada equipo ese ingrediente ou ingredientes

BOLBORETA-SALSA DE TOMATE   /CHUPATIGRES- NESTEE

  XOANIÑAS- AZÚCAR, AUGA E BICARBONATO  / FROZEN- LEITE E COCA COLA

E con estes ingredientes cada equipo preparou o seu osiño.

 

Pasado o tempo necesario, comprobamos que algúns osos aumentaran de tamaño, outros perderan a cor, e houbo un incluso que se fixo moito máis pequeniño. 

  

Despois de volver a elaborar as nosas hipóteses de por qué sucedeu isto, comprobamos se eran certas ou non, e vimos o video explicativo do experimento.

 

(2015-2016) Unha chea de arañas..

Aínda que o proxecto de investigación está rematado, sí continuamos a levar a cabo algunha actividade relacionada coas arañas.

Nestas últimas semanas ademáis de preparar a historia do Salón do libro, que tiña como protagonistas a unha araña e algunhas formigas, tamén participamos noutras experiencias moi creativas.

Cunha gominola araña, que ó remate de todo o proceso puidemos saborear, e con moitísimo material da aula, de refugallo e natural, que empregamos para construir e crear,

cada un de nós creamos uns escenarios e composicións moi orixinais, poñéndolle logo a cada unha delas un título que reflexaba o que quixemos representar.

 

E estas foron as nosas creacións e os títulos que cada autor decidiu:

ÁLVARO- "EL TESORO QUE ENCONTRÓ LA ARAÑA"

 

CECILIA-- "ARAÑA-MARIQUITA"

 

BRAIS- "LA ARAÑA DE LOS TIBURONES"

 

 

ÚRSULA- "CABALLITO DE MAR"

 

ROI- "LA ARAÑA QUE SUBIÓ AL ÁRBOL"

 

NAYRA- "LA ARAÑA QUE ATRAVIESA EL BOSQUE DE LOS BUHOS"

 

LUCAS G. - "ARAÑA CACA DE FLAMENCO"

LUCAS F.-"EL PUENTE DE LA ARAÑA"

LARA P. "O LOBO ATOPOU Á ARAÑA"

LARA F.-"LA ARAÑA QUE PASA POR LAS PIEDRAS"

 

JORGE- "ARAÑA TIBURÓN"

 

JOEL- "ARAÑA DE MONTAÑA"

 

DANIELA - "EL CASTILLO DE LA ARAÑA"

 

Noutra ocasión, xuntámonos por equipos cooperativos para, primeiro pensando e falando, elixir con qué material de este tipo e calquera outro da aula, crear unha araña entre todos.

Isto custounos un pouco máis, pois nalgúns equipos non conseguíamos poñernos dacordo no material tan fácilmente e noutros comezábamos a crear a araña individualmente, cada un a súa, ata que comprendimos por fin que só podíamos compoñer unha entre todos.

Equipo de Frozen

     

 

Equipo Chupatigres

          

 

Equipo Bolboreta

 

Equipo xoaniña, que lles faltaba un compoñente

              

 

Ainda temos pendiente unha "merenda de arañas" coa que agasallar ós nosos compañeiros de Infantil 2.

Polo momento, rematamos coas arañas e xa temos tamén o noso mural do proxecto colocado no corredoiro para informar de todo o investigado.

 

 

(2015-2016) Así nos foi en xaneiro

Neste mes que xa rematou, ademáis de algunhas actividades que xa vos contamos noutras entradas, como o traballado en torno á Paz e os cumpreanos, tamén fixemos todas estas cousas:

 

Descubrimos que a nosa pranta da landra xerminou e por fin poderemos observar o seu crecemento.

Aínda está moi moi pequeniña e iremos anotando datas e medidas.

 

Continuamos a completar semanalmente os nosos diccionarios, para fixarnos, sobre todo os máis pequenos, nas distintas letras do abecedario, a súa grafía e son.

 

 Tamén continuamos a traballar e desfrutar co noso "bee-bot"

axudándoo a facer percorridos xa marcados ou decididos por nós.

enviándoo a diferentes lugares (banco, supermercado, parque, gasolineira...)

pero antes nos aseguramos ben de ónde está o lugar o que nos mandou o compañeiro levalo..e agora sí! a indicarlle o percorrido marcando nas súas teclas..

 

Tamén tivemos as nosas sesións de témpera, a veces pintando en grande ou pequenos grupos, para decorar a aula por exemplo, cos nosos bonecos de neve

ou a modo individual, como nesta foto na que estamos estampando con esponxas e creando obras abstractas.

 

Despois de decidir as dúas aulas xuntas, qué lles queríamos contar e preguntar aos nenos de outros países cos que nos escribiremos

(con Buenos Aires, Turquía, Xapón, Reino Unido e Polonia)

cada equipo de cada aula encargouse de escribir un anaquiño de carta.

Máis adiante nunha entrada vos informaremos desta experiencia con máis detalle.

 

En canto ós INTERCAMBIOS

Neste mes tamén participamos en moitas propostas variadas en ambos grupos.

Aquí vos deixamos algunhas fotografías dalgunhas das actividades e propostas.

Os de 3 anos

(creando as nosa "d" con regletas)

          

(realizando xogos de manipulación, orientación e expresión corporal con teas)

   

(xogos de discriminación auditiva)

(discriminando formas e relacionando).

 

Os de 4 e 5

  

(cubrindo unha tabla de dobre entrada, traballando conceptos de tamaño de xeométricos).

(xogando coas "decenas"

completando con pinzas según o número de cada cordel, e completando a actividade coa suma correspondente).

(coa serie numérica, discriminando distintas cantidades e grafías)

 

  Ademáis, en xaneiro tamén levamos a cabo un EXPERIMENTO- A capilaridade.

Como sempre facemos, previamente a levalo a cabo, reflexionamos, inferindo qué poderíamos levar a cabo cos materiais que a profe nos amosaba, e establecendo relacións causa-efecto cando xa descubrimos en qué consistiría o experimento.

Nesta ocasión o experimento consistía en botar tres cores diferentes de témpera, cada unha nun vaso, remover e despois de doblar varias veces dúas servilletas, colocalas a modo de pontes comunicadas entre os tres vasos.

Pasados uns minutos, as cores de cada vaso, comezaron a subir polas servilletas tinguíndoas desa mesma cor.

Despois dun diálogo sobre o por qué, chegamos á conclusión de que a auga tinguida subía por buratiños que tiña a servilleta, o que se chaman capilares, según nos contou a profe. 

O paso seguinte era realizar nós mesmos o experimento, organizados nos equipos cooperativos.

A todos nos gustou moito realizar este experimento e ver  cómo se ían transformando as nosas "pontes de cores".

Tamén o deixamos reflexado no noso dossier.

 

Este mes tamén comezamos unha experiencia en torno ós animais, pois un día apareceu no noso buzón unha carta, firmada por un tal "trasno Antón" que vive no xardín da escola, e que nos deixou a foto dun animal, un morcego amigo seu. Na carta nos pedía que pegáramos a foto do seu amigo o morcego nalgún lugar da clase pois era moi presumidiño e lle gustaría que o víramos alí sempre que quixéramos.

Ángela propúxonos pegar xunto co morcego moitos máis animais e como nos encantou a idea, cada día o encargad@ decidía que animal sería o seguinte.

Así que fumos a buscar un enorme papel branco para todos eles.

 Cada día miramos na pizarra dixital fotos do animal proposto e algún video e buscamos no diccionario a súa definición.

Así, como todos os propostos eran mamíferos os pegamos xuntos, ata que un día un compañeiro propuxo  a serpe e ó ler no diccionario descubrimos que non é un mamífero, sí un reptil. Decidimos que debería ir noutro papel diferente. E o mesmo sucedeu coa águia, que é un ave.

Ademáis de pegalos no mural correspndente co seu nome, tamén os rexistramos nun dossier individual, a súa foto e o nome.

Ademáis na clase, facemos algunhas actividades relacionadas cos animais, que tanto nos gustan a todos.

 

E por suposto, tamén temos moitos outros momentos da xornada adicados ó xogo simbólico, ó xogo manipulativo, á relación cos compañeiros, a expresión, a través dos momentos de xogo.

 

Tamén continuamos a levar a cabo propostas relacionadas coas arañas, pero isto volo contaremos noutra entrada máis adiante! Aceno

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.