Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Chegou o Samaín... así o preparamos

O día 30 de outubro iamos celebrar no colexio a festa do Samaín, ó longo dos días fomos contando canto faltaba ata chegar a esa data no noso calendario.

Antes de chegar a esa data tiñamos moito traballo que facer e moito que preparar.

 

MORCEGOS TERRORÍFICOS:

Na entrada do colexio había unha árbore terrorífica que tiña escrita a palabara Morcegos, alí iamos pegarnos todos nos con caras "terroríficas".

 

"Ensaiamos" as nosas caras terroríficas para poder logo plasmalas nas fotografías... A que dabamos medo?

 

Por parellas, e empregando a cámara fotográfica dixital, fomos sacándonos fotografías con caras "terroríficas"

 

Coas nosas caras xa impresas picamos e recortamos morcegos, e sobre el pegamos as nosas caras.

 

Para logo pegalos, xunto cos dos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, na árbore da entrada.

 

CALACÚS DE SAMAÍN:

Para participar no concurso de cabazas do colexio, que podedes ver na entrada publicada sobre a celebración do samaín, comezamos a traer á aula os calacús terroríficos, que fixeramos coas nosas familias en casa.

 

UN BOSQUE ENFEITIZADO NO PAVILLÓN:

O samaín tamén chegou á nosa sesión de motricidade no pavillón, que se convertiu nun bosque terrófíco imaxinario. Gracias a todos estes "complementos"

 

Tivemos que "atravesar unha chea de pantasmas" para poder roubarlle a cabaza-balón ó mago.

 

Había que ter moito coidado coa bruxa e escapar dela, porque se defendía coa sua vasoira máxica. Quitarlle a súa cabaza-balón non foi doado.

 

Percorremos un camiño cheo de serpes-cordas, que había que pasar por enriba ou por debaixo, segundo as instruccións...  todas elas moi perigosas porque non paraban nunca quedas.

 

FOLLAS DE MEDO: 

Dentro do noso traballo con elementos da natureza, que xa vos contaremos noutra entrada, recolléramos no patio unha chea de follas secas do outono.... algunhas delas íamolas convertir en "follas de medo".

 

Os diferentes equipos cooperativos acordaron que cores de témpera ían precisar para pintar as follas, que materiais ían precisar para que o encargado de material llo trouxese e... puxéronse mans á obra para acabar "todos e todas" á tempo.

 

Pegámoslles uns ollos e unha boca terrorífica de plastilina.

 

E ó rematar cada equipo auto-avaliou o seu traballo.

 

E o traballo do encargado de material neste traballo, que anotamos no caderno de rexistro.

 

Cando estiveron secas, o mesmo día da celebración do Samaín, fómolas pegar, xunto ás dos compañeiros e compañeiras da outra aula, nos corchos do corredor.

 

Algunhas eran alongadas, outras grandes, outras pequenas... pero todas elas moi terroríficas.

 

Velaquí as tes todas... fai click en cada imaxe para poder ampliala e vela en maior tamaño.

 

 

FACEMOS A NOSA CABAZA DA AULA: 

Deseñamos entre todos e todas, no encerado, como queriamos que fose a nosa cabaza da aula. Acordamos poñer triángulos como ollos e nariz, e facer a boca cun rectángulo con triángulos pequenos facendo de dentes. 

 

Despois de debuxar o noso deseño na cabaza, o profe encargouse de cortala con coitelo... e todos nos de valeirala.

 

Tamén fomos levar ás nosas cabazas á "sala de usos múltiples", para poñelas na exposición de calacús do centro, tal como vos contamos na entrada adicada á celebración do samaín.

 

Limos e visionamos algúns contos e cancións de medo, que podes atopar no apartado VÍDEOS do recanto de infantil.

 

Agora tan só quedaba celebrar o Samaín por todo o grande... podes velo na seguinte entrada publicada.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.