Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Creamos e repartimos un folleto sobre como coidar as tartarugas

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas seguintesligazóns:

(2016-2017) Damos os primeiros pasos dun novo proxecto de investigación sobre as tartarugas, para poder ter unha na aula. 

(2016-2017) Atopámo-las primeiras respostas ás nosas preguntas no proxecto de investigación sobre as tartarugas.

(2016/2017) Rematamos a nosa investigación sobre as tartarugas... xa estamos preparados para traer unha á aula. 

(2016/2017) Despois de moito investigar por fin chegou "Rayo", a tartaruga da nosa aula. 

(2016-2017) Así é o día a día con "Rayo", a nosa tartaruga, unha vez rematada a investigación.

 

Agora que xa sabemos como coidar a unha tartaruga, e despois de levalo á práctica cada día con "Rayo", pensamos que todo o mundo debería saber como coidar unha tartaruga nas súas casas.

 

Despois de falar sobre o tema acordamos que a mellor forma sería "enviar unha nota" onde contásemos os coidados básicos. Crearíamos o noso folleto similar ó que atopamos en internet.

 

O primeiro que fixemos foi crear un esquema "borrador" no que ir anotando, e situando no seu lugar, os diferentes elementos e contidos que tería o noso folleto. Lembrando todo o que descubríramos durante a investigación foi doado deseñalo.

 

Cada un dos equipos cooperativos responsabilizouse de escribir e crear unha ou dúas das ideas do folleto, buscando tamén algunha imaxe para ilustrala.

 

Entre todos e todas, organizándose dentro do equipo, foron escribindo as "ideas" que lles foran asignadas ou escolleran debaixo da fotografía que buscaran e atoparan na tablet.

 

E así quedou o noso "esquema xigante" completo, agora tan só quedaba poñerse mans á obra para crear o "real".

 

Entre todos e todas fomos "construíndo" o folleto orixinal, que usaríamos para facer logo as copias e poder repartilo.

 

Cada un de nos foi creando tamén o seu folleto "personalizado" a partir da idea xeral.

 

E así quedaron unha vez rematados.

 

Co folleto rematado, e as fotocopias feitas, chegou o momento de repartilo entre tódolos compañeiros e compañeiras do colexio, para o que tivemos que ir anotando cantos había en cada clase...

 

.. para poder contar cantos precisaríamos en cada caso.

 

Como 1º e 2º estan xuntos na mesma aula pero tiñamos o número de alumnos/as de cada un dos grupos, tivemos que "sumar" as dús cantidades, pero como non nos quedaban tantos "dedos" precisamos axuda dos compañeiros/as para poder facer a operación.

 

Cos folletos xa organizados, e unha vez planificado quen falaría en cada un das aulas, chegou o momento de repartilos ós compañeiros de primaria.

 

Tamén lle dimos un dos nosos folletos ós compañeiros e compañeiras de Infantil 1.

 

E, por suposto, tamén levamos un para as nosas casas (ademais do que xa fixeramos cada un).

 

Se ves pola nosa aula poderás coller un dos nosos folletos, que sempre hai dispoñibles para quen precise saber como coidar unha tartaruga.

 

Rematamos o noso dosier da investigación:

Para poder levalo para casa, antes das vacacións, xunto co resto dos traballos, rematamos as páxinas que aínda nos restaban por facer do dosier da investigación.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.