Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) E ademáis, no mes de novembro...

No mes de novembro, ademáis de todo que o vos contamos noutras entradas anteriores deste blog, sucedeu tamén todo isto na aula de Infantil 2:

  

CREAMOS UN MUSEO NA NOSA AULA:

Como xa vos comentamos noutras entradas, alomenos un día á semana  adicámonos a "crear obras de arte" con diferentes técnicas pictóricas.

Para poder expoñer as nosas brillantes creacións, decidimos organizar un museo na aula, por onde irían pasando diferentes exposicións pictóricas.

O primeiro foi ordenar as letras para que puxese correctamente "MUSEO".

 

Cuns cordeis e unhas carpetas demos montado un museo fantástico, nel iremos pendurando os cadros que vaiamos pintando. Ata o  momento xa pasaron por el tres exposicións diferentes.

 

CREAMOS UNHA EXPOSICIÓN DE CADROS CON ESTILO "CALDEIRANO" PARA O NOSO MUSEO:

Aproveitando que iamos visitar a exposición sobre Calder que fixeran os compañeiros e compañeiras da aua de sexto, que podedes ler nesta entrada anterior, buscamos en internet esa mañá quen era Calder e que obras artísticas fixera.

 

Usando os diferentes cadros de Calder que atopamos como inspiración, cada quen foi pintando o seu cadro "calderiano".

 

Algúns optaron por empregar as mesmas cores do cadro e incluso tentaron facelo parecido.

 

Noutros casos empregámolos como inspiración para facer creacións propias.

 

Velaquí a nosa exposición calderiana no noso museo.

E claro, para todos e todas os que a mirasen soubesen de que se trataba, escribimos o nome da exposición.

 

Tamén creamos os nosos móbiles virtuais empregando unha aplicación, que nos ensinaron na nosa visita á clase de sexto.

 

AS NOVAS DA CASA:

Cada venres, o mesmo día que levamos o libro para casa, sorteamos a quen lle toca buscar unha nova na súa casa ese fin de semana. Anotámolo nun rexistro na aula.

 

Para pegar as noticias que iamos ir traendo, xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula, preparamos o mural "das novas da casa", ordeando as letras ata que se puidese ler correctamente.

 

Cada luns, antes de organizar o muro das palabras, cada quen explicaba o que poñía na súa noticia, onde a atoparon, con quen a buscaron... e ata ten que respostar ás preguntas dos seus compañeiros/as.

 

Semana a semana imos enchendo o noso muro de novas. Se queres lelas están no corredor de infantil.

 

 

QUE LLE GUSTA A...

Xunto á profe Rocío (A.L.) e Olalla (orientadora do centro) participamos nunha actividade para coñecernos os uns ós outros.

Consistía en que cada un de nos se debuxase a si mesmo, e movéndonos de silla, fomos debuxando nas follas dos compañeiros e compañeiras aquelas cousas que criamos que lles gustaban.

 

Cando rematamos, fomos comentando cada un dos debuxos, falando con cada neno e nena se acertaran ou non, e preguntándonos "que faltaba por debuxar".

 

 

O DICCIONARIO SEGUE ENCHÉNDOSE DE PALABRAS:

Semana a semana continuamos a engadir palabras no noso diccionario persoal, gracias ó muro das palabras.

Como cada luns, despois de falar xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula, e de "repartirnos as palabras" que foramos dicindo, empregamos o ordenador para imprimir  a imaxe da palabra que, por parellas, acababamos de escribir e que pegaríamos no muro do corredor. 

 

Xa coas palabras desa semana no muro, continuamos a escribir no noso diccionario aquelas que máis nos gustan, as que cumplan uns criterios que indicase o profe, o número de palabras que acordaramos, etc.

 

Necesitamos falar para organizarnos e poder traballar todos xuntos no noso diccionario, sen entorpecernos os uns ós outros.

Encántanos encher o noso diccionario de palabas e fotos... de seguro que cando remate o curso teremos o diccionario cheo.

 

 

CONTINUAMOS A VISITAR A BIBLIOTECA DO COLEXIO:

Continuamos a visitar a biblioteca do centro, para ler xuntos un libro en concreto... e para explorar e ler tódolos libros que alí temos.

 

Tamén continuamos lendo "libros xuntos" por parellas, tal como comentamos noutra entrada anterior.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.