Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Luces, cámara e acción! ... rodamos a nosa película

Como xa sabedes, nas aulas de Educación Infantil, estamos inmersos no proceso de creación dunha película. Esta semana segundo o indicado na nosa planificación, tería lugar a rodaxe das diferentes escenas do noso filme, neste caso de cor amarela.

 

Lembra que podes ver nos recantos de  de Infantil 1 e Infantil 2, como levamos a cabo o proceso de traballo e investigación sobre Charles Chaplin e o cine.

Asemade, ten en conta que tamén podes ver cómo os diferentes equipos de rodaxe prepararon o traballo desta semana, nesta entrada que publicamos días atrás:

20/04/15: (2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin" 

 

Primeiro día no estudio de rodaxe:

Con todo preparado polos diferentes equipos durante a semana anterior, chegou o momento de pisar por primeira vez o noso estudio de rodaxe.

 

Por alí foron pasando para a rodaxe de cada unha das tomas do noso guión e storyboard, os equipos de peluquería, maquillaxe, iluminación, cámara, actores e, por suposto, a directora, segundo o indicado no plan de rodaxe.

 

Neste primeiro día rodamos as escenas que logo terían efectos especiais, empregando unha tea verde de fondo que se chama "croma". O cámara vixiaba atentamente que o "encadre" fose o correcto e só se vise a cor verde dentro do plano.

 

Facía falta estar moi coordinados, de xeito que cada quen cumprise a súa función, para que a toma puidese rodarse sen problemas.

 

Sen esquecernos, por suposto, do encargado de iluminación.

 

Perruquería e maquillaxe:

Antes de rodar cada escena o equipo de maquillaxe, era o encargado e convertir ós diferentes actores, nas persoaxes da nosa película, segundo o indicado no guión.

 

E por suposto, o equipo de perruquería, facíalles un peiteado "a moda"... da época da película claro ;)

 

 

Rodando en exteriores:

Rodar en exteriores supoñía ter en conta o tempo que facía, xa que chovendo non era posible. Deste xeito en canto puidemos, o segundo día, adicámonos a rodar as escenas da nosa película que sucedían no exterior, nas localizacións que determinara, a semana anterior, o equipo de fotografía.

 

En tódolos casos, a directora foi a encargada de escribir na claqueta o número de escena, segundo o indicado no storyboard, e o número de toma, segundo as veces que tivésemos que repetir a mesma toma.

 

Resultounos gracioso que as diferentes escenas non se fosen grabando na orde en que aparecen no guión.

 

Xa se encargará o equipo de montaxe de ordealas logo. Deste xeito o segundo día grabamos a primeiro escena da película, cando xa levabamos grabadas moitas outras antes.

 

E por suposto... as veces facía falta tomarse un descansiño durante a rodaxe ;)

 

 

Rodando en interiores: "A casa de Chaplin"

Como xa comentamos na entrada anterior, o equipo  de fotografía, pensou que o mellor sitio para rodar as escenas que tiñan lugar na "casa de Chaplin" debería ser a sala de mestres e, aló levamos todo o equipo de rodaxe.

 

Non podemos aínda contarvos qué sucede pero, é unha das escenas fundamentais da película.

 

Últimas escenas, de novo no estudio de rodaxe:

Despóis de rodar máis de 20 escenas, con varias tomas cada unha, chegamos ó último día de rodaxe, onde tiñamos planificado grabar unha das escenas máis complexas, xa que requería da colaboración de varios axudantes e ata un "pertiguista" (eso sí fora do plano)

 

Deste xeito demos por rematada a semana de rodaxe, agora chegaríalles o turno ós equipos de montaxe, música e efectos especiais, para convertir estas escenas nunha película en branco e negro "como as de Chaplin".

 

Algunhas escenas da película: 

Aquí podes ver algunhas das escenas da película, que despois de pasar por mans do equipo de efectos especiais e montaxe, deixaranvos abraiados.

 

Na seguinte entrada xa vos contaremos como lle foi ó equipo de montaxe, efectos especiais e grafismo. Para eles, tal como indicaba o noso plan de rodaxe, comeza o seu traballo a vindeira semana.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.