Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Continuamos a investigar sobre Henry Moore respostando a máis preguntas

Podes ver os pasos previos deste proxecto de investigación e traballo nas seguintes entradas:

21/05/16: (2015-2016) Comezamos a investigar sobre Henry Moore para crear a nosa propia exposición

 

A medida que foron pasando os días continuamos a recibir nova información sobre Henry Moore, cada vez está máis preto o momento de facer a nosa exposición, pero antes temos que respostar tódalas preguntas que tiñamos plantexadas e aínda nos quedaban algunhas.

 

Organizados nos nosos equipos cooperativos,  buscamos a resposta a catro das preguntas que tiñamos plantexadas.

 

O equipo "SPIDERMAN" encargouse de buscar a resposta á pregunta "DE QUE ESTÁN FEITAS AS ESCULTURAS?", para o que atoparon, nunha das tablets da clase, un vídeo no que se amosaban as esculturas de Henry Moore indicando tamén o material do que estaban feitas. Foron anotando nunha listaxe os materiais que ían aparecendo no vídeo.

 

Para poder plasmar a resposta no mural da investigación, acordaron que o mellor sería pegar as "materiais" que xa tiñan escritos, acompañados dunha imaxe de cada un deles, para que todos puidesen coñecelos.

 

E así foi como o plasmaron no mural:

 

O equipo "LOBO ORBIL" foi o encargado de buscar a resposta á pregunta "QUE SON AS ESCULTURAS?",  para descubrir que era o que representaba en cada unha delas. Atoparon a resposta no mesmo vídeo que os compañeiros do equipo SPÍDERMA.

 

Para plasmalo no mural pegaon as categorías que foron anotando a medida que ían aparecendo, engandindo unha fotografía de cada un deles.

 

Pola súa banda o equipo "ARAÑAS" respostou a pregunta "PODEN PINTARSE AS ESTATUAS?", para o que atopou entre os vídeos do noso recanto da investigación, un no que aparecía que pintaban as estatuas feitas de madeira.

 

Para plasmalo no mural decidiron neste equipo escribilo no ordenador para logo poder imprimirlo.

 

 

Xunto a este texto pegarían unha captura do vídeo, onde se vise que estaban pintando a estatua, tal como decidiu facer este equipo. 

 

Por último equipo "BOB ESPONJA" atopou a respota á pregunta "PODEN TOCARSE AS ESTATUAS?". Despois de analizar o contido de diferentes vídeos e fotografías de exposicións acordaon que "só se poden tocar aquelas que están na rúa", e así o plasmaron o mural.

 

Tan só quedaba anotar no mural que as preguntas xa tiñan resposta escribíndolle un "SI" ó seu lado.

 

 

E tamén indicar que pregunta respostou cada equipo nesta ocasión.

 

 

Agora xa tiñamos a resposta ás catro preguntas no mural, pero aínda quedaba pendente que cada equipo lle contase ó resto do grupo cal era a resposta e de que xeito o atoparon.

Ó día seguinte cada equipo decidiu durante un anaco de que xeito llo ía contar ós compañeiros e compañeiras, e que material precisaría: vídeo, fotocopias....

 

Cada equipo foi así comentándolle ós compañeiros e compañeiras os seus descubrimentos, apoiándose nos vídeos que empregaran e explicando como estaba plasmado no mural esa resposta.

 

 

DESCUBRINDO AS OBRAS DE HENRY MOORE:

A partir do vídeo coas obras de Henry Moore, que varios dos equipos empregaran para atopar a resposta, plasmamos no noso mural moitas das estatuas que fixera. 

 

Como no vídeo aparecía tamén o ano no que fixera, montamos un "xogo" consistente en repartirnos as estatuas do vídeo...

 

...e cando foran aparecendo no vídeo, teríamos que pegalas na liña do tempo do mural, onde estivera o ano correspondente.  Ademais fomos comentando a que "tipo de esculturas", das que determiramos na nosa investigación, se correspondía cada estatua.

 

Así pouco a pouco fomos enchendo a liña do tempo coas obras de Henry Moore, incluídos os cadros que pintou durante a I Guerra Mundial.

 

Así quedou a liña do tempo con todas estas esculturas.

 

 

COMO SE FAN AS ESTATUAS?

Para respostar a esta pregunta, decidimos traballar todos e todas en gran grupo, o primeiro como sempre foi falar e debatir sobre que estratexía deberíamos seguir para atopar a resposta. Como xa coñecíamos a información dispoñible das nosas investigacións coas outras preguntas, entre todos fomos aportando ideas de onde atopar as respostas.

 

Visualizando os vídeos descubrimos que tamén se podían facer esculturas de barro, así que engadimos este novo dato no lugar correspondente, onde estaban os demais materiais que xa anotaramos nunha resposta anterior.

 

Visualizando diferentes vídeos fomos anotando de que forma se facían as esculturas, segundo o material da que fosen.

 

 

 

DESCUBRINDO COMO FALABA HENRY MOORE:

Nun dos vídeos que nos enviaran por e-mail, vimos unha noticia na que saía falando Henry Moore e onde se vía como traballaba. Ademais como aparecía o ano no que gravaron esas imaxes decidimos indicalo tamén na nosa liña do tempo.

 

 

 

ONDE SE FAN AS ESTATUAS?

A partir dese mesmo vídeo puidemos descubrir onde facía Henry Moore as súas estatuas.

 

Observamos como as máis grandes as facía fora e as pequenas nun taller. Despois de debatir un anaco sobre este feito acordamos que "seguramente as facía fora poque logo non podería sacalas do taller" ou "porque serían tan grandes que rompería o tellado".

 

 

COMPLETANDO O NOSO DOSIER PERSOAL:

De forma paralela ó traballo de investigación en gran grupo e nos equipos cooperativos, fomos completando en diferentes momentos os nosos dossieres individuais, onde plasmamos todo o que xa sabíamos sobre a nosa investigación.

 

Con toda esta información xurdiron novas preguntas:

- Onde íamos facer nos as nosas estatuas para a exposición?: pensamos que poderíamos convertir a nosa aula nun taller de escultura, tan só teríamos que conseguir os materiais e as ferramentas necesarias.

- Como faríamos a exposición?: esta é a pregunta que aínda nos queda por respostar da nosa investigación, para poder comezar a traballar e tela rematada antes de que remate o curso. Pero isto xa o conteremos nunha próxima entrada.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.