Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Experimentamos con Coca-cola e Mentos e... sabes o que sucedeu?

Como cada mes levamos a cabo un experimento científico na nosa clase, podes ve os que fixemos ata agora nas seguintes entradas:

11/11/17: (2017-2018) Experimento: Facemos funcionar un reloxo con laranxas. Queres ver o vídeo que creamos? 

 

Nesta ocasión os materiais que empregaríamos serían Coca-cola e Mentos e como sempre plantexamos as hipóteses do que críamos que ía suceder:

  • A coca-cola cambiaría de cor.
  • Non pasaría nada
  • Había que meter os mentos na botella e pechala ata que estoupase.
  • Había que encher un vaso de coca-cola e meter dentro mentos para que de desfixesen.
  • ...

 

Para comprobar cales destas hipóteses eran as acertadas baixamos ó patio para levar a cabo o noso experimento, xunto cos compañeiros e compañeiras de infantil 1.

A profe Cris foi a encargada de facer o primeiro experimento, metendo o Mentos na botella de coca-cola e tras uns segundos...

 

Creouse unha "explosión de coca-cola" xa que comezou a saír todo por fora.

 

Despois de falar una anaco sobre a causa de que suecedese este fenómeno, cada un dos equipos cooperativos foi repetindo o mesmo experimento, para ver se o proceso era sempre o mesmo.

Acordamos meter "5" Mentos, polo que tivemos antes que contalos, e acordar dentro de cada equipo quen levaría a cabo cada unha das partes do experimento.

 

Deste xeito cada un dos equipos, coas estratexias que acordaran en cada caso, levou a cabo o experimento observando o mesmo efecto.

 

Tan só restaba anotar as observacións e os materiais precisos para levara a cabo o experimento no noso caderno de campo.

 

Nesta ocasión serán os compañeiros de Infantil 1 os encargados de rodar o vídeo expicando o experimento. Lembra que poderás velo xunto cos que xa fixemos en experimentos anteriores no apartado de VÍDEOS  > EXPERIMENTOS.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.