Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Remata o curso: así nos despedimos en xuño.

Ademais de todo o que xa vos contamos en outras entradas como a nosa investigación e festa debaixo do mar, o xogo de pistas, celebración de aniversarios, a nosa excursión a Vigo, o experimento do ovo saltarín ou a visita dos nenos/as da Galiña azul, entre outras cousas, neste mes de xuño ademais de despedirnos sucedeu tamén todo isto.

 

Creamos o noso boletín de autoavaliación "As novas da escola" onde nesta ocasión fixemos reconto dos nosos libros favoritos, os que levamos máis veces ó longo de todo o curso. 

 

Participamos nos talleres STEM organizados no colexio, onde puidemos ver traballar a unha impresora 3D que imprimía ó noso compañeiro Alberto, despois de escanealo.

 

E puidemos tocar e ver como voaban diferentes drones.

Tes máis información sobre esta xornada STEM na seguinte ligazón:

13/06/18: (2017-2018) Xornada STEM no colexio: participamos en obradoiros con drones, robótica e impresión 3D 

 

Xogamos co probot a recorrer un camiño marcado no chan, descubrindo que tiñamos me ir medindo para saber cando tiña que xirar.

 

Para poder meter o código correcto no robot.

 

Organizamos todo o noso material para levalo para casa.

 

 

Participamos, xunto con todo o colexio, nos "xogos de auga", onde ata os profes acabaron empapados.

 

E despedímonos dos nosos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro.

 

A eles fixémoslle unha homenaxe (ó igual que os que marchan para o instituto) repartíndolles a orla de fotos a cada un.

 

Nese mesmo acto visionamos a nosa película "3, 2, 1... rondando libros", onde está incluída a nosa "As super mulleres da paz" xunto coas dos restante cursos do colexio.

 

Para rematar este último día asistimos a unha actuación da bandq de música de Campo Lameiro, composta por moitos dos antigos e actuais alumnos e alumnas do noso colexio.

 

E así remata este cuso 2017-2018, lembrando como estabamos cando comezou na nosa primeira foto de grupo. 

 

Recibide unha agarimosa aperta  e todas así como as vosas familias. Grazas pola vosa colaboración durante este curso.

Vémonos en setembro (os que van para primeiro polos corredores ;) ).

PASADE UN FANTÁSTICO VERÁN!!!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 1 usuario e 4 invitados conectados.

Usuarios conectados

  • anafigueiras