Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Continuamos investigando sobre os avións... e ata construimos un

Podes ver os pasos previos deste proxecto de investigación nestas ligazóns:

- Xa temos tema do noso novo proxecto de investigación: Os avións

- Comezamos a investigar sobre os avións

 

DRAMATIZACIÓN DUN AEROPORTO:

Entre toda a información que atopamos sobre os avións atopamos este vídeo que nos pareceu moi gracioso.

 

Decidimos convertir a nosa aula nun aeroporto, e constuír un avión coas sillas e as mesas.

 

Tamén miramos nun libro toda a xente que traballaba nun aeroporto, e todos e todas "intrepretamos o noso papel"

Anxo era o policía de seguridade que revisaba a tódolos pasaxeiros antes de entrar. 

 

Logo collíamos o noso billete e nos poñían unha "pegatina" na nosa maleta para que non se perdese... por iso levaba o noso nome. Usamos fotocopias das que trouxera Diego como información da súa viaxe en avión.

 

As maletas foron poñéndoas na bodega do avión.

 

Pouco a pouco fomos sentando no avión. Álvaro que era o auxiliar de vo foinos sentando no seu sitio e revisando os billetes.

 

Alí estaba tamén para axudar os pasaxeiros e ata ofrecerlles comida. E claro tamén deu toda a información usando as mans, tal como facían no vídeo.

 

Na bodega do avión estaban as nosas maletas, e ata unha caixa xigante chea de animais. Xa descubrimos que se podian levar animais nos avións, así que sabiamos como facelo.

 

Cando rematou a viaxe pasamos a recoller as maletas "na cinta" por fin chegamos ó noso destino.

 

 

 

CONSTRUÍMOS UN AVIÓN:

Gustounos moitísimo xogar a viaxar en avión, pero claro non tiñamos un avión no que montar, así que pensamos que podiamos facer un,

Atopamos este vídeo onde se explica como se constrúe un avión.

 

Mirámolo para saber que pasos había que seguir e facer os mesmos co noso "pequeno avión de cartón"... no ía ser igual pero podiamos adaptar o proceso.

 

No video transportaban ata a fábrica onde ían pintar o avión en camións, no noso caso tivemos que facelo entre todos "porque somos moi fortes".

 

Anotamos nunha lista todo o material que cada equipo de traballo ía necesitar.

 

Preparamos o chan da nosa fábrica para non machalo.

 

O equipo azul encargaríase de pintar a hélice e o timón traseiro, como facían no vídeo.

 

O resto, que era un equipo máis grande íamolo pintar de branco. Como no tiñamos as máquinas para pintar que saían no vídeo tivemos que facelo con rodillos.

 

Pouco a pouco fomos rematando, colaborando entre todos. Algunhas partes eran máis complicadas porque había que pintalas polos dous lados e tiñamos que atopar unha solución para poder pintala e non mancharnos.

 

De vez en cando algún "operario" miaraba de novo o vídeo para ver se o estabamos a facer ben.

 

Cando rematamos escribimos un cartel para que nadie se apoiase mentras estaba mollada.

 

E outra avisando que o chan do baño estaba mollado, de lavar os pinceis.

 

 

 

Xa tiñamos o avión pintado... pero aínda lle faltaban varios detalles.

 

Os asientos e as pegatinas... aínda que non estaba rematado de todo puidemos empezar a facer "as primeiras probas de vo"

 

Como aparecía no vídeo, os avións teñen uns números e unhas letras. O noso tamén os tería así que buscamos na información en que parte do avión iamos poñelos.

 

Decidimos que o número seŕia o 857 e a letra a U

 

Xa temos o noso avión listo para comezar a voar...

E vaia que estamos viaxando a moitos sitios con el... coa bodega chega de maletas e as veces, con algún polizón escondido dentro dela ...

 

 

 

SEGUIMOS INVESTIGANDO:

Despois de varios días atarefados coa construcción do avión e outros traballos, voltamos a investigar sobre as preguntas que aínda quedaban pendientes.

 

Un equipo buscou a resposta a ONDE PODEN ATERRIZAR OS AVIÓNS?




Outro equipo encargouse de buscar se OS AVIÓNS TIÑAN MOTOR




E O TERCEIRO EQUIPO BUSCOU INFORMACIÓN DE COMO SON OS AVIÓNS POR DENTRO, E QUE HAI DENTRO DELES.



Cando atopabamos algunha información que tiña que ver coa pregunta que estabamos a investigar faciamoslle unha fotocopia... e se atopabamos información sobre unha pregunta que estaba a investigar outro equipo levábamoslla a eles.




Cando xuntamos toda a información, chegou o momento de que cada equipo a organizase e contase cantas cousas atoparan.



E ata as veces era o momento de descartar algunha información que non tiña que ver co tema, e que escolleramos por erro.




Xa coa información organizada cada equipo explicoulle ó resto o que descubrira da súa pregunta. Tiñan que organizarse para contalo coherentemente e facelo entre todos e todas.



Descubrimos que os avións poden aterrizar en pistas de aeroportos, en herba, en terra, no mar e incluso enriba de barcos que se chaman porta-avións.





Dentro dos avións descubriron que había unha cabina onde ía o piloto do avión, comida para os pasaxeiros, asientos con cinturón de seguridade, azafatas (asistentes de vo) e outra chea de cousas.




Sobre os motores descubrimos que si o tiñan, porque o equipo atopou imaxes onde se vían os motores "detrás e debaixo do avión" e "debaixo das as".

 

Agora tan só faltaba "recortar" das fotocopias a parte que nos interesaba, discriminando a "información realmente relevante" do resto.

 

Tan só nos resta plasmar as respostas no noso mural e nos dossieres, pero eso xa o contaremos noutro momento.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.