Xa de volta ás aulas despois do entroido tivemos unha grata sorpresa, xa temos planta:
Para a semana nova sembra!
Xa de volta ás aulas despois do entroido tivemos unha grata sorpresa, xa temos planta:
Para a semana nova sembra!
En 2º B xa rematamos as exposicións dentro do proxecto Mochileiros e mochileiras polo mundo coincidindo dous peques no mesmo país! Que coincidencia mais gratificante!
Eneko e Daniel de 2ºB leváronnos a FINLANDIA, un país nórdico fermoso e cheo de moitas curiosidades:
E recordo unha foto en lugares moi curiosos deste país:
Eneko
Daniel
Despois da última sesión de PC onde decidimos sobre que plantar nos meses de inverno, chegounos unha donación de sementes e plantas para ter na nosa clase e plantar: 9 plantas de amorodos:
e varias sementes de cabaza, lentella, fabas e garavanzos para plantar en semilleiros e dentro dun tempiño dispor de planta para transplantar ao bancal:
Xa estamos no último día de entroido no colexio, hoxe o Meco dispuxo disfraz libre e moita festa nas aulas e no patio.
Para esta celebración preparamos unha mesa especial, posto que a ocasión o merece, decorando no noso atelier un mantel exclusivo e personalizado para esta conmemoración:
Por mor de saborear un chocolate acompañado de ricos buñuelos:
Agora toca un pequeno photocall de un por un para poder ver os guapos e guaps que viñeron ao cole:
Xa quedan poucas entregas para rematar este proxecto que tanto nos gusta!
Esta vez viaxaremos a tres destinos moi diferentes: Xapón, Dinamarca e Romanía.
Tomás de 2ºB levounos de viaxe a DINAMARCA, un país nórdico moi interesante e cuna dos LEGOS. Posúe os dous parques de atraccións mais antigos de Europa, por exemplo o Tívoli.
Degustamos as galletas típicas danesa moi saborosas e feita s con manteiga.
Valeria de 2ºA levounos a ROMANÍA, un país do leste de Europa e cuna do conde Drácula que viviá nun castelo neste país que non podes deixar de visitar.
E trouxo tres productos típicos deste país para a degustación como galletas de cacao con vainilla, pasteis de canela e unha especie de palomitas de moitas cores, ademais de recordos da visita como un imán e unha bandeira chaveiro.
Breixo de 2ºA levounos ata un país coñecido como o país do sol nacente, por iso na súa bandeira hai un circulo vermello que representa o sol, XAPÓN. Neste país adoran a Buda, o kárate, os debuxos manga e as series de debuxos animados mundialmente coñecidos como Pokemom, Doraemón...
Tróunos para probar mochis, unha especie de pastel xaponés feito de mochigome, un pequeno gran de arroz glutinoso machacado.
E como recordo da fermosa viaxe ao país nipón:
Para traballar a XEOMETRÍA, un contido matemático que temos que dominar fixemos unha actividade plástica titulada A MIÑA METADE partindo da nosa propia cara:
Xa estamos a tope os nenos e nenas de 2ºB coa elaboración dos disfraces de ENTROIDO para o desfile polo pobo cando o tempo no lo permita esta semana.
Este ciclo vai ir de turistas culturais e como por Arzúa pasa o Camiño de Santiago imos ir de:
PEREGRINOS E PEREGRINAS.
Fixemos unha marquiña peregrina que nos vai servir de modelo para o noso disfraz, estes son algúns exemplos de como quedaron:
Iso sí lembrade que estamos no entroido e haberá sorpresas e moito colorido.
Antes de...
En vestiario...
O resultado dun bo traballo
O xoves dia 1 de febreiro os nenos e nenas de 2º EP asistiron á obra musical de O GATO CON BOTAS no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
O gato con botas ou gato mestre é un conto popular europeo compilado en 1695 por Charles Perrault. Conta a historia dun gato que grazas á súa astucia consegue fortuna e a man dunha princesa para o seu amo, que é totalmente pobre. Desde a súa publicación, en 1697, no seu libro Contos de antano, que dedicou e regalou á sobriña de Luís XIV, tivo moito éxito.
Per Poc recrea os personaxes e a escenografía cos debuxos da artista rusa Alexandra Semenova, que coa súa estética remóntannos á época do Rei Sol. A música proposta para este espectáculo é o repertorio musical francés dos séculos XVII e XVIII. que será, tamén, protagonista.
Santiago Arnal e Anna Fernández (Títeres PerPoc)
Unha fermosa historia chea de pillería acompañada da Real Filharmonía de Galicia poñendo a banda sonora desta historia.
E tamén aproveitamos para dar un paseo polos arredores e desfrutamos dos parrulos e das parrulas do estanque do auditorio:
O 29 de xaneiro acudimos a unha visita e un obradoiro en Santiago de Compostela, concretamente na sede a Afundación ABANCA na rúa do Vilar , para sumerxirnos no POP ART.
Dividimos a actividade THIS IS POP en duas partes: visita polas distintas salas do museo axudados por unhas cabazas chamadas Lela, Xela, Chela e Mela...que falaban o idioma cabazo e un obradoiro onde montamos un ventilador e decoramos unha cabaza.
Alí poidemos ver obras de Peter Blake, Yayoi Kusama, Andy Warhol, Okuda e o Equipo Crónica (na sala de España).
Como características deste movemento artístico:
Ademais aproveitamos para merendar e dar un paseo pola Ferradura e vimos Federico García Lorca, que alí estaba diante dunha igrexa medieval, a de Santa Susana.
E do obradoiro fixemos un pequeno video onde se amosa o que traballamos co ventilador e a creatividade nunha cabaza.
María de 2ºA levounos de viaxe a AUSTRALIA, un país do continente de Oceanía. Só puidemos ir en avión ou en barco e moitas horas de viaxe.
Fixo unha exposición fantástica chea de curiosidades e datos que nos fixeron viaxar coa mente a ese fermoso país
Falounos de flora, fauna, gastronomía...e incluso degustámola!
E como recordo o haber estado alí
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |