Ed. INFANTIL, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas

Estampación de flores en tela co alumnado de Infantil

Para recibir á primavera, este mes de abril na Biblioteca escolar realizamos un taller de estampado con flores en camisetas cos nenos e nenas de Educación Infantil, dentro do programa de Bibliotecas Creativas.

Esmagando flores e follas coa man dun morteiro, tintamos de forma natural a tela, e todo quedou impregnado do aroma das flores! 

Moitas gracias ás mestras de Infantil pola colaboración neste taller! Podedes ver a publicación no blogue da biblioteca, PREME AQUÍ

 

 

 
 
 

 

 

 

OBRADOIRO DE BARRO PARA EI - BIBLIOTECA CREATIVA

Coa axuda das mestras de Educación Infantil, que propuxeron este taller para Biblioteca Creativa, o mércores 28 deste mes de febreiro, Aparicio veu ao cole para realizar un taller cos nenos e nenas máis cativos. 

 

 

 

 

 

Todas as aulas de E.I subiron ao salón de actos para facer figuras de barro cos moldes que trouxo Aparicio, para despois aplicar un esmalte e decorar a nosa figura.

 

 
 

 

 
 
 









 








 

 

 

 


 

ARTISTAS DE MUSEO!

 Rematamos o proxecto pingüinos elaborando estas magnificas obras de arte  que ben poderían estar expostas en calquera museo! 

Porque ...estes meus pequenos e pequenas son uns verdadeir@s artistaz@s! 

Cantamos para felicitar o Entroido!

Os máis pequenos e pequenas cantaron e bailaron unha canción para felicitar o Entroido! Pouco a pouco imos deixando a vergoña na casa e desfrutamos máis da música. Apertas!

DIA DA EDUCACION

Con motivo do día da educación , na aula de 4 anos traballamos Unha educación igualitaria para todos e todas, para nenos e nenas independentemente do noso sexo,  raza, cultura ou cor .

 

VIDEOCONFERENCIA CON PAPA NOEL

Os cativos e cativas de 4 anos tiveron a oportunidade de falar en directo con Papa Noel por videoconferencia o xoves, 16 de decembro.

Acudiron á aula CEMIT do Concello e alí tiveron a sorte de falar co verdadeiro Papa Noel a través da pantalla posto que se atopaba no Polo Norte.

Primeiro deulles uns bos consellos aos nenos e nenas, e logo falou con cada un deles porque quixo saber que agasallos de Nadal lle pedían e que lle contasen algunas cousiñas.

Foi un día cheo de nervios e moita ilusión!

                                 

 

                            

PEQUEN@S EXPLORADORES/AS - 4 ANOS

Aproveitando estos días solleiros do outono o alumnado de 4 anos convertímonos en pequen@s exploradores/as .

Saímos a poñer en pràctica todo o que estivemos aprendendo sobre esta estación. Por iso fomos quen de atopar na nosa visita a contorna follas de todas as cores outonais, landras , castañas, ourizos, piñas , dentes de león, cogomelos e mesmo peidos de lobo que fixeron  que non pararamos de rir! 

Unha visita chea de traballo, dun antes e un despois que resumimos así: 

 

FELIZ FIN DE CURSO, PEQUES!

En Educación Infantil do CEIP de Arzúa tivemos un fin de curso diferente pero divertido!

Despois de superar dun xeito tan sobresaínte un curso tan complicado e diferente, no que os/as peques non protestaron nin unha soa vez por tantos cambios incómodos e as súas respostas foron sempre enormes sorrisos, merecían un premio enorme! 

Pasaron un día xenial! Mirade que actividades tan chulas fixeron!

CONTACONTOS:

POMPAS DE XABÓN:

TALLER DE COCIÑA:

XOGOS DE RELEVOS:

 

 

 

XOGOS DE MADEIRA:

 

E RECIBIMOS A VISITA SORPRESA DE MICKEY MOUSE E MINNIE MOUSE!

 

Gracias a Biosbardos pola súa animación e a Anpa O Formento por facelo posible.

Felices vacacións e feliz verán familias!

ÚLTIMO DÍA DE COLE, PEQUES!

En Educación Infantil do CEIP de Arzúa tivemos un fin de curso diferente pero moi divertido!

 

Despois de superar dun xeito sobresaínte un curso tan complicado e diferente  no que os/as peques non protestaron nin unha soa vez por todos os cambios  (non poder abrazarse, nin compartir xoguetes nin outro material, nin xogar con compañeiros/ as doutros cursos, manter a distancia, hixienixar continuamente, usar a mascarilla, etc.) e as súas respostas foron sempre enormes sorrisos, merecían un premio enorme!

Seguramente merecían moitísimo máis pero isto foi o que puidemos darlles e con todo pasaron un día xenial! 

Contacontos:

Pompas de xabón:

Taller de cociña:

Xogos de relevos:

Xogos de madeira:

 

E tamén recibimos a visita sorpresa de Mickey Mouse e Minnie Mouse!

Gracias a Biosbardos pola súa animación e a Anpa Formento por facelo posible!

Felices vacacións e feliz verán familias!

PRIMAVERA!

Este ano , na aula de tres anos participamos no plan proxecta en PAISAXE E SUSTENTABILIDADE , por iso coa chegada da nova estación e estes solleiros días de sol , na nosa aula , consideramos que era o momento oportuno para plantar as nosas sementes da horta nun pequeno invernadoiro que a profe nos mercou.

Pero... para que serve un miniinvernadoiro coma este? Que imos sementar? Que precisan as sementes para medrar? E despois... Que facemos? 

Todas estas preguntas fomos respondendo a medida que fomos realizando a actividade. 

Preparamos o que íamos a precisar: invernadoiro, Terra, sementes (Cabaza, pepino,  , pementos e tomates) , e auga e puxémosnos mans a obra! En breve ensinarémosvos cal foi o resultado a volta do descansiño de semana Santa e a sorpresa que levamos cando fomos a mirar se as nosas sementes naceran!

 

Despois de plantar cada encargado do día era o responsable tamén de regar e vixiar de que as nosas plantas recibiran o sol suficiente para poder nacer. 

E vaia sorpresa levamos ! Mirade que fermosas estàn ! 

Isto si que é ser uns e unhas xardiñeir@s escepcionais! Bo traballo peques!

 

Powered by Drupal - Design by artinet