Ed. INFANTIL, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas

Fotos antroido 4 anos

Xa podedes ver as nosas fotos do antroido pinchando aquí

UN PASAEO POLA IDADE MEDIA

                                                                         

Este curso, estamos traballando como tema central no cole O MEDIEVO. Por iso, queremos descubrir moitas das cousas que aconteceron nesta época.  Só tedes que pinchar na imaxe para poder divertirvos cun proxecto que elaboraron nun colexio de Asturias a través do  que pretenden achegar o mundo medieval aos máis pequenos. Disfrutádeo e aprendede moito!!

Xogos educativos

 

Para disfrutar dos xogos educativos do portal da Xunta pincha na imaxe.

CIENCIA: a árbore xeada

Na aula de 5 anos convertémonos en pequenos científicos para crear unha ÁRBORE XEADA!

Para iso precisamos: 

-base de plástico        -lupa        -árbore de cartón (con tinte verde nas puntas)       -solución máxica(alumino potasio sulfato)

Cando xa tiñamos todo listo, colocamos a árbore na base de plástico e a profe Rocío botoulle a solución máxica con moito coidado. Tivemos que agardar un pouquiño, e puidemos ver como a nosa árbore medraba e medraba e as súas pólas convertíanse en pequeniños cristais que miramos ca lupa para velos mellor.

Canto máis tempo pasaba máis medraba a nosa árbore!!

Deixamos unhas fotos para que vexades o cambio.

FANTASMÍN

Para entreterte coas actividades de fantasmín pincha aquí.

TRABALLA CO ORDENADOR

Déixovos un enlace a unha interesante páxina con xogos e actividades para os máis pequenos.

Pasádeo moi ben!

Para acceder pincha aquí.

Aprender coas TIC

Os máis pequenos de infantil encántanos aprender co ordenador, por iso nesta páxina a profe nos vai poñer os enlaces dalgunhas páxinas para que poidamos aprender e xogar .Aceno

Enlaces

TRABALLA CO ORDENADOR

 

Deixovos un enlace a unha páxina na que atoparedes moitos xogos e actividades para os máis pequenos.

Pasádeo ben!

Pincha aquí para ir á páxina

COMEZAMOS!

As mestras de Educación Infantil pretendemos crear aquí un espazo ao que toda a comunidade educativa se poida achegar (un pouquiño máis) ao traballo que facemos neste ciclo.

Aquí poderedes atopar algúns traballos dos nosos nenos e das nosas nenas, proxectos, experimentos, palabras, arte, xogos, contos, celebracións,...en definitiva, unha morea de cousas polas que nos interesamos e coas que nos ilusionamos cando vimos ao cole.

Agardamos que vos guste!

Powered by Drupal - Design by artinet