Ed. INFANTIL, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas

Pitiño Pispín

Ollade este poema de Gloria Sánchez, un Pitiño Pispín ilustrado e narrado polos nenos e as nenas da aula de 4 anos. 

Xoga coas Marabillas do Mundo!!

 

Imos de viaxe para seguir coñecendo As Marabillas do Mundo!!!

Elixe o continente que queres visitar e poderás comezar un fantástico traxecto no que descubrirás xogos "marabillosos"

Preme aquí para comezar o xogo

 

RELATORIOS DE ELOISA TEIJEIRA

15 E 29 DE FEBREIRO

de17:30h.a 20:30

CEIP de Arzúa

 

Eloisa Teijeira Bautista

TEMA:

Educar en e para a convivencia na aula  

2012, Ano do Dragón

En Infantil seguimos aprendendo as costumes da China, por iso celebramos o Ano Novo Chino comprartindo unha merenda, rodeados de dragóns e faroliños chinos que nós mesmos creamos.

O 2012 é o ano do dragón que simboliza o ben, a forza, a armonía e a boa sorte. 

Se queredes ver algunha foto do momento premede aquí.


 

FELIZ ANO DO DRAGÓN!!!!!

FELICITACIÓN DE NADAL

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS DESEXAMOSVOS UN FELIZ NADAL E UN PRÓSPERO ANINOVO.


Samaín infantil

Como en cada Samaín a Bruxa Maruxa veunos visitar para contarnos os seus "Contos ás escuras"

Nós tamén  a sorprendemos entoando algunha terrorífica canción...preme aquí para ver algunha imaxe. 

 

 

Aquí vos deixamos un dos contos que nos contou a Bruxa Maruxa, a nós encántanos "Corre, corre cabaciña" 

O Samaín

Trasnos, bruxas, esqueletes, cabazas..., e un cento máis de seres terroríficos andan soltos polo cole!!!!!! En infantil xa nos viñeron visitar e pasámolo de meeeeedo!!

Pronto veredes as fotos pero, polo momento, aquí tedes unha canción coa que nos divertimos estes días! 

O festival do medio outono

 

Durante este curso os nenos e as nenas de Educación Infantil imos aprender moreas e moreas de cousas sobre unha das MARABILLAS DO MUNDO:AGran Muralla China. E como somos moi, moi curiosos andamos a investigar sobre as costumes deste lugar.

Chegou aos nosos oídos que na China celebran o outono dun xeito algo diferente a nós,...así que quiexemos festexalo todos xuntos, preme aquí para ver algunha foto

 Esta foi a historia que nos contou a simpática china que nos veu visitar:

"O Festival do Outono celébrase na China o décimo quinto día do oitavo mes luar e faise na honra da lúa para pedirlle boas coseitas.

Con este motivo contan a seguinte lenda:

Hou Yi, foi un valente guerreiro e arqueiro que derribou coas súas frechas nove dos dez soles que perxudicaban aos cultivos. A raiña da corte celestial deulle un remedio capaz de facelo inmnortal como recompensa; pero a muller de Hou Yi, chamada Change, que era moi curiosa e desconfiada, bebeu o remedio a espaldas do seu home e, como consecuencia, comezou a sentirse lixeira e a flotar. Ao decatarse do que pasaba quixo revertir o seu acto metendo os dedos na gorxa para botar a pílula. Change comezou a tusir e cuspiu a pílula, a cal, ao tocar o chan transformouse nun Coello de Xade cun pilón e un morteiro. Mais de nada lle serviu todo isto á muller, que continuou a subir e subir ata chegar á lúa onde ficou alí para sempre.

Segundo a lenda, a dama pasou a ser a dona do Alcázar da Lúa, onde vive co seu leal coello de cor de xade que a acompaña mentres machaca mateiais medicinais todos os días, preparando menciñas e mailo elixir da inmortalidade para aqueles mortais que o merazan. Ademais, tamén se ve unha árbore que se chama osmato que mide 1500 metros de alto. Debaixo desta árbore atópase Wu Gang, un leñador que, querendo acadar a inmortalidade, ofendeu aos deuses, polo que estes castigárono  a cortar a árbore máxica como castigo.

Nesta noite, a lúa aparece en todo o seu esplendor e a familia enteira reúnese para comtemplala mentras degustan pasteis lunares. Cando pasa algunha nube por diante da lúa durante eses intres, os pais chineses dinlle aos seus fillos que é o coello fedello a correr pola superficie lunar. 

Benvidos!!!

O pasado luns contamos cunha visita moi especial. Viñeron ao cole os nenas e as nenas que empezarán o cole o vindeiro curso. Foi unha xornada do máis simpática na que compartimos uns momentos de xogo cos nosos novos compañeiros. Así que, dende aquí queremos darlles a BENVIDA!!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet