6º Curso

6º E.PRIMARIA VISITA O MUSEO DO POBO GALEGO E O CASCO ANTIGO DE SANTIAGO

O día 8 de abril, o alumnado de 6º E. Primaria visitou o Museo do Pobo Galego e o casco antigo de Santiago de Compostela. Esta é unha pequena reportaxe desta viaxe que fixemos. 

 PREME AQUÍ

6º EP VISITA O PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

O alumnado de 6º EP visita o Parque Eólico Experimental de Sotavento, o 9 de novembro. 

Da man dos monitores do Parque eólico fixemos un percorrido polas distintas fontes de enerxía e comprobamos que aproximadamente o 64% da enerxía eléctrica que consumimos procede de fontes de enerxía non renovables. 

  

Centrámonos despois nas fontes de enerxía renovables. Fixemos dous pequenos experimentos para ver como se transforma a enerxía solar en enerxía eléctrica e en enerxía térmica. 

       

Aproveiatamos que tiñamos un día solleiro e puxemos en marcha a cociña solar para quentar o leite e facer un delicioso chocolate, que degustamos na metada da mañá.

Entramos nun aeroxerador para ver o seu interior e logo achegámonos ao taller para observar de preto as distintas partes das pezas da góndola e o seu funcionamento. 

   

 

Por último, entramos na vivenda bioclimática do Parque e alí puidemos ver como aproveitar os recursos que nos ofrece a natureza para aforrar enerxía á hora de quentar a casa, así como distintas medidas de aforro enerxético. 

  

 

  

 

 

 

VISITA A CASTRO CURBÍN

O martes, 21 de setembro o alumnado de 6ºEP visitou as escavacións arqueolóxicas que se están a realizar en Castro Curbín.

Recibiunos na entrada un dos arqueólogos e axudounos a interpretar a paisaxe que se ve ao chegar. 

  

Dirixímonos á entrada do castro e contounos que só van estar traballando na zona dez días, pero que esperan voltar pronto para continuar co labor que están facendo. 

  

Fixeron xa tres buracos. Nos dous primeiros non houbo sorte e só atoparon rocha, pero no terceiro si apareceron cousas moi interesantes: restos dos muros dunha casa do castro, un xogo de mesa da Idade de Ferro, moitos restos de cerámica, un broche... 

  

Moitísimas grazas por amosarnos a importancia de conservar esta parte do noso patrimonio cultural. 

O MEU PASO POLO COLEXIO_TRABALLOS DO ALUMNADO DE 6ºB

O alumnado de 6ºB fixo unhas presentacións onde repasou o seu paso polo CEIP de Arzúa. Así é como elas e eles viron esta etapa educativa:

 PREME AQUÍ

PREME AQUÍ

PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

PALABRAS DE ÁNIMO E AGARIMO PARA O NOSO ALUMNADO DE 6º E.P

 

O pasado marca en gran medida o que somos no presente e o que seremos nun futuro. Todo o que fagamos hoxe terá a súa pegada no día de mañá. Pero non se pode vivir no pasado, senón que hai que afrontar o futuro con valor e decisión. 

Nós, queremos felicitarvos polos logros conseguidos, o entusiasmo e o empeño que puxéchedes en todos os proxectos desenvolvidos. Ogallá que os valores interiorizados: constancia, respecto, solidariedade, altruísmo... vos acompañen e guíen na nova etapa educativa que se abre nas vosas vidas. 

HAIKUS E CONSELLOS DO ALUMNADO DE 6ºB PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Para conmemorar este 5 de xuño, o alumnado de 6º B quixo enxalzar os valores do medio ambiente cos seus haikus e, ao mesmo tempo, deixar algúns consellos para protexelo e mimalo.

 

ACRÓSTICOS NUMÉRICOS_6ºB

Un acróstico é unha composición poética en que as letras iniciais dos versos forman, lidas verticalmente, unha palabra ou frase. O reto que vos propoñemos consiste en colocar o nome de varios números en horizontal, de tal maneira que a palabra que nos sae na vertical se corresponda coa suma dos números que puxeches. 

En 6º B houbo catro rapazas que aceptaron este reto e saíronlles estes acrósticos que podedes ver. 

Animádevos e intentádeo vós tamén!

 

LORENA

     ROCÍO

SARA

 

TARXETAS DAS PALABRAS PROHIBIDAS_6ºB

O alumnado de 6ºB confeccionou estas tarxetas. Trátase de que os demais adiviñen o que está representado en cada tarxeta, pero non podedes empregar nesa descrición que lles estades facendo as "palabras prohibidas" que tedes escritas ao lado. 

Esperamos que vos guste este xogo!

PREME AQUÍ

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Este curso, o alumnado de 6ºB lemos o libro de R.J Palacio, "La lección de August; un libro que  ademais de servirnos para traballar valores como a tolerancia e a amistade, tamén nos achegou ao problema do acoso escolar. En Nadal vimos a película baseada neste libro, "Wonder", e tampouco nos defraudou. 

 

Os preceptos dun dos mestres de Auggie, o profesor Browne, servíronnos agora para reflexionar sobre este tema. Queremos deixarvos aquí algúns dos que elixiu o alumnado de 6º B nesta xornada do acoso escolar:

 

"Non confundas unha broma cun desfase"

Lorena

"A miúdo o camiño correcto é o que pode ser máis duro de seguir"

Nerea

 

"Nunca fagas algo que non se debe para facer un amigo"

 

"Oxalá teñamos sempre a forza suficiente para ser boas persoas"

Raúl

"Antes de falar, pensa seis veces"

Lara

"Non te sintas inferior por mor do que che din, defínete a ti mesmo" 

 

 

Sara

"Se tes que escoller entre axudar a un neno a integrarse no grupo ou pasar del, elixe axudarlle"

 

"Cando se burlen dun neno ou dunha nena, elixe defendelo/a e non mirar para outro lado"

Adrián

 

E, para rematar, queremos compartir con vós este rap de El Langui que nos invita a todas e a todos a ser valentes e denunciar as situacións de acoso e non mirar para outro lado... 

 

Powered by Drupal - Design by artinet