6º Curso

OS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS DE 6º A

O alumnado de 6ºA levou á práctica os coñecementos adquiridos no tema da electricidade, montando os seus propios circuítos eléctricos.

Aquí tedes o noso traballo...

  

  

  

    

  

OS NOSOS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

O alumnado de 6º B rematamos os nosos circuítos eléctricos. Aprendemos a colocar os distintos elementos que o forman: lámpada, portalámpada, pila, fío condutor e interruptor; establecendo correctamente as conexións entre eles, por medio dos cables, para que funcione. 

Quixemos desta forma buscarlle unha aplicación práctica a todo o que vimos no tema da electricidade. 

Aquí podedes ver o resultado do noso traballo...

  

  

  

  

  

 

PRÁCTICA DE SEPARACIÓN DE MESTURAS

O alumnado de 6ºA e 6º B fixeron esta semana unha práctica para separar mesturas. As técnicas empregadas foron: a decantación, a separación magnética, a cristalización, o cribado e o filtrado. 

Esta práctica serviunos tamén para familiarizarnos co material de laboratorio: funil de decantación, vasos de precipitados, matraz Erlenmeyer, filtros, embudo, cápsulas de cristalización...

   

   

 

     

  

  

FAIRWAY: O NOSO CAMIÑO DE SANTIAGO

No Pazo de Congresos de Santiago acudimos unha representación de 6ºB a recoller VARIOS premios pola nosa participación nun concurso de FAIRWAY, organizado dentro do FÓRUM do camiño de Santiago.

Para ver máis preme aquí

 

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA: CINE E CATEDRAL

Powered by Drupal - Design by artinet