6º Curso

DÍA DO LIBRO_RESEÑAS ALUMNADO DE 6ºB

Hoxe 23 de abril, Día do Libro, o cole queda na distancia, pero isto non vai ser un obstáculo para festexar esta data. O alumnado de 6ºB quixo aportar o seu grao de area para conmemorar un día tan importante para nós. 

Os libros axúdannos nestes días de confinamento a saír ao exterior, a viaxar, a chorar, a rir, a querernos máis, a reflexionar... E tamén, a enfrontar con optimismo e serenidade o que temos diante...

Desexamos que desfrutedes vendo estas reseñas que fixeron con tanto agarimo! 

 

  

 

.

 

 

 

QUE NOS DI ESTE TEXTO?

O alumnado de 6ºB intentou plasmar nun debuxo os datos da descrición deste texto e quedáronlle unhas composicións moi bonitas.

PREME AQUÍ

AS "SIN SOMBRERO"

Coñeces a historia das “Sin sombrero”? Son un grupo de mulleres que fixeron moito polas artes un chisco antes de que estoupase a Guerra Civil española. Foron borradas da historia da literatura polo feito de seren mulleres. 

O alumnado de 6ºB fixo un traballo de investigación sobre este grupo de mulleres e quere compartilo con vós (esta actividade expúxose dentro da materia de Lingua castelá). 

 PREME AQUÍ

POEMAS DO ALUMNADO DE 6ºB

Na terceira semana de confinamento, o alumnado de 6ºB inspirándose nun poema co que nos agasallou o noso último premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, Antonio García Teijeiro, o día 2 de abril, creou o seu propio poema co título de "Quero...".

Aquí vos deixamos estes poemas para que poidades gozar léndoos. 

 PREME AQUÍ

 

 

HAIKUS DO ALUMNADO DE 6ºB

Os haikus son poemas xaponeses compostos por tres versos de 5-7-5 sílabas. Normalmente veñen inspirados por imaxes da natureza que nos transmiten tranquilidade, paz e harmonía.

O alumnado de 6ºB, inspirándose en pequenas imaxes da casa ou da rúa compuxo estes. É un traballo de Lingua Castelá que fixeron nesta segunda semana de confinamento. 

 PREME AQUÍ

 

SEMANA DA PRENSA_NOTICIAS DO MUNDO DO CINE

O  alumnado de 6º B está facendo a súas tarefas a través do Google Drive estes días de confinamento nas nosas casas. 

Aquí vos deixamos algunhas das noticias que foron redactando e que teñen que ver co mundo do cine. Como era un traballo de Lingua Castelá están todas redactadas en castelán. 

PREME AQUÍ

 

ORGANIZACIÓN DO TELETRABALLO PARA O ALUMNADO DE SEXTO DE E.PRIMARIA

O alumnado de 6º E.Primaria ten un reto por diante e vai realizar a súa actividade escolar a través de Google Drive, grazas ao correo electrónico facilitado polo alumnado e familias ás súas titoras. Deste xeito, nós poderemos facer un seguimento das tarefas dos nosos rapaces e rapazas diariamente e solventarlles toda canta dúbida sobre os traballos e tarefas lles poida xurdir. 

Ánimo! Superando pequenos atrancos que xurden no día a día, todas e todas melloraremos a nosa competencia dixital e conseguiremos manter o ritmo de traballo, ata que a situación se normalice e o coronavirus COVID-19 nos permita seguir coas nosas clases. 

 

"LAPBOOKS" DO MEDIO AMBIENTE DE 6ºB

O alumnado de 6ºB traballou o tema do Medio Ambiente a través da técnica dos "lapbooks", para recoller toda a información que foron buscando arredor do mesmo e, despois de varios días, quedoulles así de ben.

O traballo realizouse en equipos de tres e foi todo un reto para elas e eles. 

   

    

 

    

    

    

Powered by Drupal - Design by artinet