Ed. INFANTIL, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas

Siluetas

Na aula de 3 anos estamos coñecendo as partes do noso corpo...temos que ser conscientes do que temos para poder MOVERNOS!!
Por isto, realizamos estas siluetas dalgún de nós e decorámolas con moooooitos círculos!!!



Paisaxe outonal

Landras e castañas convertidas en cogomelos!! Atopades algún outro elemento característico do outono nesta paisaxe?

 

 

 

Os tres tenedores

Con motivo do Día do neno o Concello de Arzúa convidounos ao concerto de "Os Tres Tenedores" na Casa da Cultura. Este grupo de animación musical ensinounos, ao alumnado de Educación Infantil, distintos tipos de instrumentos e varias versións da popular canción "A saia da Carolina" 

Algún de nós participou nunha orquestra e, outros, cantamos e bailamos!!!

Saída infantil

O pasado venres as nenas e os nenos de infantil viaxaron ata a cidade de A Couña para coñecer o Acuario.

Alí, desfrutaron vendo ao tiburón Gastón, as focas e un montón máis de peixiños, mira, mira... 

 

 

As froitas e os seus derivados.

Sabedes que coas froitas se elaboran moitos outros alimentos? Os nenos e as nenas da aula de 5 anos descubrírono fai pouco, ollade o seu traballo.

Froita en 3 anos

Hoxe foi o primeiro día deste curso que desfrutamos de froita na escola dentro do progama AliméntaT-Ben!!

Tocounos desgustar uns riquísimos kiwis, en 3 anos A saborearon esta deliciosa froita e, tamén, fixeron agunha obra plástica, sabedes que froitas son??

ANIMAIS

Imos coñecer distintas especies de animais,

Xogo outono

Aquí tedes un xogo para aprender cousas do outono.

Unha viaxe de conto!

No día de hoxe, os nenos e as nenas de Educación Infantil viviron unha xornada de conto!! Visitamos o Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol, Lugo) onde coñecimos como se vivía nun castelo, pero o que máis nos sorprendeu e que alí estaba A Bruxa Maruxa!!!!

Preme aquí para ver as fotografías da xornada

Inventamos contos

 

 

 

 

 

 

 

 

Os nenos e as nenas de 4 anos son escritores!!! Non perdades o vídeo co conto que inventaron empregando as personaxes do conto "Alicia no país das marabillas"

sentímolo, flash non está dispoñible.

Powered by Drupal - Design by artinet