CALENDARIO 2024

BENVIDOS AO NOSO CENTRO!

LIGAZÓNS DE INTERESE

2023-24 CERTAME DE POESÍA E IMAXE

                 
     
                 
     

 

 

Outro ano máis,o alumnado do Isaac Peral participa no

XXIV Certame de Poesía e Imaxe

convocado pola Coordenadora de Equipas de Normalización

Lingüística de Ferroltera.

Este é o alumnado de 3º A que resoltou gañador:

  • Samuel Álvarez Martínez
  • Noa Anidos Acevedo
  • Álvaro Cuadrado Dorrio
  • Mario del Pozo Sánchez

MOITOS PARABÉNS!!!

   
                 

LETRAS GALEGAS 2024

                   
        RECURSOS LETRAS GALEGAS 2024  
       

 

  Este ano o día das Letras Galegas

está adicado a

       
        PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER AOS RECURSOS        
                 

3- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24 - 25: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

     
  LISTAXES PROVISIONAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN DO CURSO 2024 - 2025
 
 

Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, as listaxes provisionais serán publicadas o 25 de abril.

O día 25 de abril serán publicadas no taboleiro de anuncios do noso centro.

Todas as solicitudes foron admitidas agás a de 6º de E.Primaria.

Ante estas listaxes provisionais, poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Prazo de reclamación: 26 de abril ao 3 de maio

 

CALENDARIO ESCOLAR 2024 -2025

         
    CALENDARIO ESCOLAR 2024 - 2025
   
   

Na orde do 12 de abril de 2024 (DOG 23/04/24) aprobouse o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Para acceder premer na imaxe.

   

LECTURAS COA TEMÁTICA DO DÍA DO LIBRO

     
 LECTURAS DÍA DO LIBRO 
     


 

 

     

RECURSOS PARA O DÍA DO LIBRO

                                                     
     

 

       
           

O 23 de abril celébrase o día do libro. Con tal motivo, premendo na imaxe, accédese a unha recompilación de recursos para conmemorar esta data: información, contos, actividades interactivas ...

 Máis información 

             

IMOS DE EXCURSIÓN AO "CASTELO DE SAN FELIPE"

         
    VISITA DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL AO CASTELO DE SAN FELIPE    
     Premer na imaxe para ver as fotografías    
       
         

Avaliación de diagnóstico 4º E.Primaria

         
   AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 4º PRIMARIA 2024  
   

  No DOG do 23 de febreiro de 2024 saiu publicada a Resolución do 14 de febreiro pola que se dictan as instruccións para o desenvovemento da avaliación de diagnóstico de 4º de Primaria.

   - Realizarase os días 10 e 11 de abril en horario de clase.

   - Avaliaránse a competencia lingüística e a competencia matemática.

   - As probas terán un caracter informativo e orientador.

   - Emitirase:

          - Un informe do centro.

          - As familias serán informadas dese informe polas titoras.

Para acceder a AVALÍA premer na imaxe.

   

PROTOCOLO DE ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR

           
  PROTOCOLO DE ACOSO: PUNTO LARANXA  
   

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar, co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos da nosa comunidade autónoma.

Unha das medidas establecidas é a instalación do PUNTO LARANXA, un espazo físico onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

Este PUNTO LARANXA está situado na planta alta do centro.

Para acceder ao protocolo premer na imaxe.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

   
   

Novas na nosa biblio!

   

 

 

 

 

 

         
 

COMEZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO NO CENTRO.

           
  SOLICITUDE DE PRAZA NO CEIP ISAAC PERAL 24- 25
 
   

Comeza o prazo de presentación de solicitudes de admisión do alumnado de

NOVO INGRESO. Será do 1 ao 20 de MARZO.

Na imaxe dereita accédese á información das vacantes para o curso 2024/25.

Máis información sobre o proceso de admisión premendo na imaxe

   
   

RECURSOS ROSALÍA DE CASTRO

       
   

   

   
   

O día 23 de febreiro conmemórase o día de Rosalía de Castro, poeta e novelista española que escribiu tanto en galego como en castelán.

 Premendo na imaxe accedemos á nosa páxina web adicada a Rosalía.

   
         
    RECURSOS DE ROSALÍA DE CASTRO    
   

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o da Biblioteca do noso centro preséntannos unha selección de recursos desta gran escritora:

Biografía, obras, actividades, unidades didácticas...

 

   

2024 - Desfile e festa do entroido

     
 

 

 
     
 

 Neste Entroido, os contos invadiron o Isaac Peral.

Podiamos atoparnos con personaxes de contos que nalgún momento das nosas vidas nos deleitaron. 

Preme na imaxe para saber máis

 
 

 

 
     

                 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

   

 O período de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2024 - 2025 é do 1 ao 20 de marzo.

A elección do centro educativo é unha decisión moi importante. Por iso, fixamos dúas datas de portas abertas nas que invitamos ás familias a vir a coñecernos. Visitarán as instalacións, coñecerán as directrices xerais do noso proxecto educativo,  resolverán dúbidas sobre a admisión do alumnado e calquera outra cuestión que poderamos resolver.

   
         
   
   
   
         

2024 - Visita Aspaneps

 

 

     
       
 

 

O alumnado de 6º curso participou no programa de    
          
    "PONTE NO MEU LUGAR"    
   

Preme na imaxe para saber máis

   

2024 - Entroido

         
         
   

O ENTROIDO

   
         
   

O Entroido ou Carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo.

Para aprender máis cousas, ver contos, vídeos, xogos, actividades e ver cómo celebramos o entroido no noso centro, preme na imaxe.

  

 

 

 

 

 

 

CONTOS DO ENTROIDO

         
         
   

CONTOS DO ENTROIDO

   
   

No tempo de Entroido tamén é tempo de lecturas.

Premendo na imaxe accédese a unha selección de contos coa temática do entroido, en castelán e en galego, contos sobre a tradición galega do entroido, contos de disfraces...

Con ligazóns directas aos videocontos.

   
         

2024 - Mandados do entroido

     
   
 

Preme na imaxe de abaixo para saber máis dos mandados do entroido deste ano.

 
     

RESERVA DE PRAZA NO IES SATURNINO MONTOJO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

     
  RESERVA DE PRAZA PARA O IES SATURNINO MONTOJO  
 

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Isaac Peral que durante o curso 2024/2025 desexe cursar 1º da ESO no IES SATURNINO MONTOJO, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro  entregando a solicitude na secretaría DO NOSO CENTRO ou presentar na sede electrónica.

Castelán                         Galego

Tamén se pode facer a través da aplicación de admisión do alumnado:

  Máis información

 

UN PROXECTO DE PAZ

     
  MI MOCHILA ES DE LA PAZ  
 

Un proxecto baseado en que para acadar a Paz no noso cole, cada un debe preparar a súa mochila da paz.

CÓMO O FAREMOS?

Seleccionaremos os  materiais da Paz que levaremos dentro dela facendo un bo uso deles e sobre todo reflexionaremos sobre as actitudes e valores que debemos levar na nosa mochila para crear un clima de convivencia positiva no noso cole.

Para acceder a este proxecto de Paz: "MI MOCHILA ES DE LA PAZ" premer na imaxe:

 
     

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

     
   
 

O día 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da Non-Violencia e da Paz. Pero, este día é moito más que unha simple data no calendario; é unha chamada á acción, un recordatorio de que a Paz comeza nas aulas e se espalla a través da educación. Por iso, ao celebrar este día con recursos educativos significativos, contribuímos a formar xeracións comprometidas coa construción dun mundo máis pacífico e respetuoso.

Premendo na imaxe accédese a un recompilatorio deses recursos para a Paz:

Que é a Paz?, personaxes, contos, música, vídeos, materias diversos e actividades interactivas.

 
   

LECTURAS PARA A PAZ

                   
    LECTURAS PARA A PAZ              
  Premendo na imaxe accédese a unha recompilación de contos para a Paz en galego e en castelán, clasificados pola súa temática, con vídeos, resumos...  
             
                   

1º ciclo: Visita ao teatro de Narón

             
           
             
                
       O 22 de de novembro de 2023 os nenos e nenas do 1º e 2º de Primaria fomos ao Pazo da Cultura de Narón, a ver a obra de teatro "Bon Appétif" da compañía de teatro Ghazafellos. Se queredes saber máis información desta actividades, premede na imaxe de abaixo.      
           
             
             

1º ciclo: Cariño Inglés - Cariño de Santiago

   

 

   
   

 

   
         
   

 O 11 de outubro os nenos e nenas do 1º e 2º de Primaria fixemos unha etapa do Camiño de Santiago, en concreto, andivemos o tramo de Neda -Xubia do Camiño Inglés. Pasámolo fenomenal, pois contemplamos toda a fermosura da paisaxe galega e desexamos "Bo Camiño" a todos os pereginos cos que nos atopamos.

 Se queredes ter máis información da noticia premede na imaxe de abaixo.

   
         

2023 - Nadal

             
                    
             
     

 

 

     
             

CONTOS PARA O NADAL

     
     
     

 

O Nadal trae recordos, trae luces, e tamén historias e contos que se multiplican co tempo.

Os contos de nadal atraen a atención de pequenos e maiores. Maxia, Santa Claus, os Reis Magos, a neve, moito amor e bondade son elementos que seguramente non faltarán. É unha forma entretida e amorosa de contar aos máis pequenos o significado do Nadal.

Nesta presentación podemos atopar unha selección de contos para o Nadal con resumo deles e acceso a videocontos.

Para acceder premer na imaxe.

 

     
     

Powered by Drupal - Design by artinet