Secretaría

CALENDARIO ESCOLAR 23 - 24

       
   CALENDARIO ESCOLAR CURSO 23 - 24  
 

INICIO DE CURSO  

Premendo na imaxe esquerda accédese ao noso calendario para este curso 23 - 24 

DOG informativo 

 A Xefatura Territorial de Educación aprobou como  DÍA NON LECTIVO  13 de outubro.

 
   

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

       
     
 

As deben supoñer para as nenas e os nenos, un complemento á súa educación de xeito lúdico. O seu principal obxectivo é aprender mediante o xogo e a cooperación, habilidades e competencias favorecedoras da formación do alumnado. Trátase de traballar de xeito transversal a creatividade, as habilidades sociais, a solidariedade, o respecto, a comunicación e a relación cos demais.

Existen dous tipos de actividades, unhas gratuítas, subvencionadas polo Concello de Ferrol, e outras ofertadas pola ANPA. 

Premendo na imaxe accédese ás actividades extraescolares ofertadas neste curso 2023 - 2024.

Para máis información contactar coa administración do centro: Tfno: 881 93 32 10

 
      
       

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

         
  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR  
   

Na ORDE do 10 de maio de 2023 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24.

BENEFICIARIAS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma DIXGAL con libros electrónicos.

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

 

 

PRESENTACION DAS SOLICITUDES

 

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023.  

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS

As listas provisionais publicaranse o día  5 de xullo no taboleiro do centro.

 

PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS

O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 6 e 7 de xullo.

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS

As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 11 de xullo.


RECOLLIDA DOS VALES

As familias poderán recoller os vales de axudas de libros de texto e material escolar nas seguintes datas segundo os cursos no ano 23-24:


1º e 2º Primaria: mércores día 12 de xullo de 10:30 a 13 h.
3º e 4º Primaria: xoves 13 de xullo de 10:30 a 13 h.
5º e 6º Primaria: venres 14 de xullo de 10:30 a 13 h.


Os libros adxudicados do fondo (3º e 4º Primaria) SERÁN ENTREGADOS AO ALUMNADO ao comezo das clases

 

   
   
   
   
   

Powered by Drupal - Design by artinet