Consello Escolar

O CONSELLO ESCOLAR

       
      
 

O consello escolar é o órgano a través do cal PARTICIPAN NA XESTIÓN DO CENTRO os distintos membros da comunidade escolar. 

 Competencias do Consello Escolar (LOMLOE) 

 
       
  COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR   
 

Nos centros de oito ou máis unidades, coma o CEIP Isaac Peral, o consello escolar está composto polos seguintes membros:

  1. O director/a, que será o seu presidente.
  2. O xefe de estudos
  3. Un concelleiro ou representante do concello.
  4. Un representante do persoal de administración e servizos
  5. Cinco mestres elixidos polo claustro
  6. Cinco representantes dos pais/nais de alumnos/as (un proposto pola ANPA)
  7. O secretario/a do centro, con voz, pero sen voto.
 
  RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR   
 

 Dous anos despois da primeira constitución do consello escolar produciuse a primeira renovación parcial na que foron substituídos dous mestres e tres pais/nais. Dous anos despois, substituíronse os membros que non foron substituídos na renovación anterior. A partir dese momento foron realizándose, do mesmo xeito, as distintas renovacións cada dous anos, de maneira que os nomeamentos dos representantes de mestres, pais/nais e persoal de administración de servizos serán por un período de 4 anos. 

 
  COMISIÓNS DENTRO DO CONSELLO ESCOLAR   
 

Tal como especifica a lexislación existirán no seo do Consello Escolar distintas comisións que facilitan o seu funcionamento.

COMISIÓN ECONÓMICA

Estará formada polo/a director/a, un mestre/a, un pai/nai de alumno/a e o secretario/a do centro

COMISIÓN DE CONVIVENCIA

A súa composición foi aprobada en sesión de Consello escolar do 5 de abril de 2106: Director/a, 3 profesores/as, 2 pais/nais, e 1 representante do persoal de administración e servizos. Os profesores/as non teñen que pertencer ao Consello Escolar.

COMISIÓN DA BIBLIOTECA

A Comisión de biblioteca terá a seguinte composición:

  1. Por parte do Consello Escolar:
    1. Un profesor/a,
    2. Un pai/nai,
    3. Un representante do concello,
    4. Un representante da dirección;

- Por parte da Asociación de Nais e Pais, un representante;
- Por parte da biblioteca pública máis próxima, o responsable;
- O/A responsable da biblioteca escolar, quen actuará como secretario/a.

 

Ademáis destas comisións, o Consello escolar nomeará:

UNHA PERSOA QUE IMPULSE MEDIDAS EDUCATIVAS QUE FOMENTE A IGUALDADE DE HOMES E MULLERES.

COMISIÓN DE ACTIVIDADES.

 

Todos estes nomeamentos serán realizados cada dous anos coincidindo coa renovación do Consello Escolar.

 
     

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022 - CALENDARIO

     
 

CEIP ISAAC PERAL

 
 
 
     
     

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022 (I)

         
  COMEZA O PROCESO ELECTORAL DA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2022      
 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 19 setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa, realizarase proximamente neste Centro a RENOVACIÓN do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio. Este curso corresponde renovar 3 pais/nais, un/unha deles/as será nomeado/a pola ANPA, 2 profesores/as, 1 PAS e o representante do Concello.

O proceso electoral comeza coa formación da XUNTA ELECTORAL, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. Esta Xunta Electoral está formada por:  

    - O Director ou directora do Centro.

    - Un profesor ou profesora.

    - Un pai ou nai ou titor legal.

    - Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público, celebrarase neste Centro o próximo xoves 27 de outubro ás 9:15 horas na secretaría do centro.

Acceso á circular informativa

     

Powered by Drupal - Design by artinet