2- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24 - 25: PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO

     
  PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO
 
 

No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo. A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

Prazo das solicitudes de admisión: 1 ao 20 de marzo

Prazo de presentacion da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 21  de marzo ao 8 de abril.

Criterios de baremo e documentación acreditativa  

 

Powered by Drupal - Design by artinet