Día do libro

                                         
                                         
Cervantes  

LEE

Shakespeare
 

Un 15 de novembro do ano 1995 na Conferencia Xeral da UNESCO aprobouse en París que a partir do seguinte ano todos os 23 de abril íase celebrar  o Día Internacional do Libro. A proposta fora presentada á Unesco pola Unión Internacional de Editores co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.

A razón de elixir esta data como día do libro e do dereito de autor, procede da coincidencia do finamento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega o 23 de abril de 1616. Tamén coincide co  nacemento de William Wordsworth (1850) e morte de Josep Pla (1981).

En Cataluña, esta data coincide coa Diada de Sant Jordi (Día de San Xurxo) que, segundo a tradición, entre os seres queridos agasállanse con  rosas e libros, tradición que empregou como argumento a Unesco para escoller este día.

En España nesta data faise a entrega anual dos Premios Cervantes, o maior galardón realizado aos autores hispanos.

En 2001, a iniciativa da UNESCO, nomease Madrid como Capital Mundial do Libro. Dende entón cada 23 de abril, diferentes capitais de países do mundo foron acollendo esta honra, realizando durante o ano diferentes actividades culturais relacionadas cos libros. Dende 2008 Amsterdam é a actual capital.  

Algúns países realizan actos semellantes noutras datas. En Reino Unido e Irlanda o primeiro martes de marzo realizan o chamado World Book Day (Día Mundial do Libro).

 

 

 
 
                                         
     
     

 

 Cada ano, o día 23 de abril, a Biblioteca do Isaac Peral é o escenario onde se conmemora o Día do Libro coa organización de diferentes actividades.

 
 DÍA DO LIBRO 2009    DÍA DO LIBRO 2021 
 DÍA DO LIBRO 2010  DÍA DO LIBRO 2022 
 DÍA DO LIBRO 2011  DÍA DO LIBRO 2023 
 DÍA DO LIBRO 2012  DÍA DO LIBRO 2024 
 DÍA DO LIBRO 2013   
 DÍA DO LIBRO 2014           
 DÍA DO LIBRO 2015           
 DÍA DO LIBRO 2016           
 DÍA DO LIBRO 2017           
 DÍA DO LIBRO 2018           
 DÍA DO LIBRO 2019           
      

Powered by Drupal - Design by artinet