DÍA DOS NAMORADOS

     
 

 San Valentín

O Día de San Valentín é unha celebración tradicional de países anglosaxóns que se foi implantando noutros países ao longo do século XX principalmente na que os namorados, noivos ou esposos expresan o seu amor e agarimo mutuamente. Celébrase o 14 de febreiro, onomástico de San Valentín. Nalgúns países coñécese como Día dos Namorados e noutros como Día do Amor e a Amizade.

Na actualidade celébrase mediante o intercambio de notas de amor coñecidas como «valentines», con símbolos como a forma do corazón ou de Cupido, aínda que co auxe de Internet estendeuse o costume de intercambiar postais virtuais. Tamén neste día é común a tradición de regalar rosas a aquelas persoas ás que se ten un especial afecto.

No noso centro aproveitamos para fomentar a  creación poética e os rapaces e rapazas do 3º ciclo compoñen os seus poemas para colocalos nos corredores.

 

Powered by Drupal - Design by artinet