Curso 23 - 24

CONTOS PARA O NADAL

     
     
     

 

O Nadal trae recordos, trae luces, e tamén historias e contos que se multiplican co tempo.

Os contos de nadal atraen a atención de pequenos e maiores. Maxia, Santa Claus, os Reis Magos, a neve, moito amor e bondade son elementos que seguramente non faltarán. É unha forma entretida e amorosa de contar aos máis pequenos o significado do Nadal.

Nesta presentación podemos atopar unha selección de contos para o Nadal con resumo deles e acceso a videocontos.

Para acceder premer na imaxe.

 

     
     

TEMPO DE NADAL

         
       
 

En todo o mundo non hai unha tradición máis universal e que nos unifique e identifique tanto como a celebración do Nadal.

A súa soa mención trae emocións, excitación e ledicia en todos os nenos e nenas.

Para poder disfrutar do Nadal, non só os nenos e nenas, senón toda a comunidade educativa, preparamos unha recompilación de materiais, con contos, panxoliñas, películas, actividades... e ata "Karaoke"!

 

Para accceder premer na imaxe

     

CAMISETAS DO CEIP ISAAC PERAL

         
    A CAMISETA DO CEIP ISAAC PERAL  
 

 

  GÚSTACHE A CAMISETA DO NOSO COLE?

Por tan solo 8 € poderás ter a túa e, ademais, así contribuirás á excursión que está a organizar o alumnado de 6º de Primaria.

   Preme na imaxe para obter máis información.

Hai camisetas para adultos e para nenos e nenas de todas as tallas.

As familias que queiran mercar camisetas poderán encargárllelas ao alumnado de 6º, ou ben a través do profesorado titor.

 

RECURSOS DO APALPADOR

     
 

 O  APALPADOR, FIGURA DO NADAL EN GALICIA

 
     
   O NADAL EN GALICIA: En Galicia hai unha tradición das montañas luguesas que nos fala dun entrañable personaxe chamado O APALPADOR, un home que visitaba aos nenos as noites do 24 ou o 31 de decembro para asegurarse de que estaban ben alimentados e para deixarlles un agasallo moi especial.

Para acceder a unha serie de recursos sobre O APALPADOR e sobre outras figuras do Nadal, premer na imaxe.

 
     
     

ORGANIGRAMA CURSO ACADÉMICO 2023 - 2024

             
     

 

     
             
     

Xa foi publicado na páxina web o organigrama do curso actual, 23-24

Preme na imaxe para acceder 

     
             

ORGANIGRAMA 2023 - 2024

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2023 - 2024

       
  XA ESTÁ A DISPOSICIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A NOSA PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
 
 

A Programación Xeral Anual (PXA), documento organizativo anual do centro, xa está a disposición de toda a comunidade educativa. Esta programación foi aprobada polo Consello escolar, sen perxuizo das competencias do CLAUSTRO do profesorado en relación coa planificación e organización docente.

Máis información lexislativa sobre a elaboración e aprobación da PXA premendo no icono 

Para acceder á PXA deste curso 23 - 24 premer na imaxe

 
   

PROXECTO "MILLA DIARIA CON POWER WALKING"

         
    PROXECTO "MILLA DIARIA"  
 

 

 

Iniciamos o noso "Plan de actividades físicas e hábitos saudables" co proxecto

O proxecto consiste en realizar unha milla diaria con "power walking" é dicir, camiñando rápido. Levarémolo a cabo co alumnado diariamente, dentro do horario escolar, e daremos seis voltas ao centro (unha milla).

O proxecto será flexible e adaptable, tanto á idade coma as preferencias do alumnado. Poderase realizar brincando, correndo...

 
 

 ACCESO ÁS FOTOGRAFÍAS    

 

RECURSOS MAGOSTO

               
               
     

 O     M A G O S T O

   
     

 Premendo na castaña accédese á páxina do magosto con información xeral, actividades, vídeos....

   
           
                 

Recursos samaín

       
    

 

S A M A Í N       S A M A Í N

 

PREMENDO NAS CABAZAS ACCÉDESE Á PAXINA CON RECURSOS PARA O SAMAÍN

    
     

DÍA 13 DE OUTUBRO, NON LECTIVO

     
  O DÍA 13 DE OUTUBRO É DIA NON LECTIVO  
 

Informamos que o día 13 de outubro foi aprobado polo Consello Escolar e confirmado pola Xefatura Territorial coma día non lectivo.

Ese día non haberá clase.

As clases reanudaranse o luns 16 de outubro no seu horario habitual.

 

O PROXECTO DIXITAL NO CENTRO

     
  O PROXECTO E-DIXGAL NO CEIP ISAAC PERAL  
 

COMEZAMOS UN NOVO CURSO CO PROXECTO E-DIXGAL

No curso 2014 - 2015 iniciamos, de forma experimental, o proxecto E-Dixgal no noso centro. Agora comezamos un novo curso e, con él, a incorporación dos novos grupos de alumnos de 5º de Primaria ao proxecto. Grazas á iniciativa, nas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria lévase a cabo unha completa educación dixital.

         

Máis información premendo no icono

O ESPAZO ABALAR

         
    O ESPAZO ABALAR    
   

O proxecto Abalar da Xunta de Galicia persegue un cambio no modelo educativo galego coa integración das tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos.

Para levar a cabo este proxecto Abalar, a Consellería de Educación pone a disposición do profesorado, alumnado e das familias, o ESPAZO ABALAR, onde podemos atopar unha serie de espazos e recursos dixitais que facilitan o labor educativo.

 

   
         
    ACCEDER AOS DISTINTOS ESPAZOS    
         
             
            
            
            
         

LEXISLACIÓN EDUCATIVA

     
  ACTUALIZACIÓN DA LEXISLACIÓN EDUCATIVA  

 

 

Actualizada na nosa páxina web a lexislación educativa.

Nesta actualización, podemos atopar a normativa educativa clasificada en lexislación xeral, funcionamento de centros, educación infantil, educación primaria, atención á diversidade, orientación, plurilingüismo, biblioteca, convivencia e TIC.

 Para acceder premer na imaxe

 

 

BLOGS DE RECURSOS

     
  BLOGS DE RECURSOS DO CENTRO  
 

Lembramos que están actualizados e disponibles para toda a comunidade educativa os blogs de recursos do centro, con cantidade de recursos de educación infantil, matemáticas, lingua castelá, lingua galega e ciencias da natureza,  así coma o blog de lectura na rede. 

Para acceder premer nas imaxes

        

      

     

 

REPOSITORIO DE CONTIDOS EDUCATIVOS

     
   REPOSITORIO DE CONTIDOS EDUCATIVOS  
 

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ten a disposición de toda a comunidade educativa o repositorio de contidos educativos onde podemos atopar cantidade de recursos clasificados por idioma, tipo ou área. Coa última actualización, o REPOSITORIO DE CONTIDOS EDUCATIVOS conta con 1.942 recursos en varios idiomas e para diferentes niveis educativos. Todos os recursos poden ser descargados e incorporados nas aulas virtuais dos centros.

Para acceder premer na imaxe

 

A APLICACIÓN ABALARMÓBIL

         
   

APLICACIÓN  "abalarMóbil"

O medio de comunicación coas familias

Maís información premendo na imaxe

   
         

A APP COLECHEFF: XESTIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR

             
     

A  xestión do servizo de comedor farase a través da app ColeChef que deberá estar descargada no móbil

Máis información premendo na imaxe

     
             

MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR 23 - 24

     
  MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR
 
 

Premendo nas imaxes accédese aos menús do comedor escolar: almorzo, xantar e menús especiais.

 

 

Premendo na imaxe accédese ás fotografías dos diferentes platos.

 

Seccións bilingües

             
               
     

  A sección bilingüe é un programa que consiste na ensinanza dun área ou materia non lingüística nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira, empregada como mínimo durante o 50% do horario lectivo.

No noso centro, levase a cabo a sección bilingüe na área de Música e Danza en 1º e 2º de Educación Primaria.

Máis información e actividades    

     
             
     

 Preme na icona para acceder á orde 

     
     

 Para poder levar a cabo este proxecto, precisamos que cubran e entreguen a autorización correspondente ás súas titoras e iniciar así esta nova andaina. 

     
     

Preme na icona para acceder aos impresos

     
     

                  

     
     

1º E. Primaria   2º E. Primaria

     
             

Powered by Drupal - Design by artinet