Novas

CHEGOU O NOSO PRIMEIRO ESCORNABOT!

14/05/2016 16:42
Europe/Madrid

 

O CPI Castro Baxoi foi seleccionado entre máis de 120 centros de toda Galicia para participar no proxecto ESCORNABOTS de Bibliotecas Escolares . Catro mini-robots estarán á disposición da comunicade escolar na biblioteca do Centro para iniciar aos alumnos de Infantil e Primaria na linguaxe de programación e axudarlles a mellorar as súas competencias. Para que os escornabots nos axuden a aprender teremos que coñecer ben como guialos, así que imos ter que pensar, expresarnos, intercambiar opinións, decidir, colaborar.. e tamén divertirnos. Neste final de curso traballaremos sobre as propostas de actividades e no vindeiro o noso cuarteto de escornabots camiñará connosco ata onde nós queiramos.

 

Escornabot

 

 

 

Proxecto Terra: Charla sobre o dereito ao hábitat

30/03/2016 10:26
Europe/Madrid

Os alumnos de 1º de ESO participaron  nunha charla con Sole e Alberto, membros da ONG Arquitectura sen fronteiras e autores da unidade didáctica O Dereito ao hábitat coa que se iniciou a andaina dentro do Proxecto Terra. Foi o momento de analizar os debuxos realizados polos alumnos que recollen os aspectos fundamentais do seu hábitat (Miño) e de reflexionar conxuntamente sobre todo o que hai e tamén sobre o que falta para que este hábitat humano sexa adecuado para o desenvolvemento persoal e social dos que aquí viven.

Proxecto Terra: "O dereito ao hábitat"

27/02/2016 19:45
Europe/Madrid

Os alumnos de 1º ESO están a participar nun proxecto de innovación educativa titulado "Proxecto Terra: O dereito ao hábitat". Como parte do traballo, reflexionaron sobre o hábitat en xeral e analizaron as características do seu,  Miño. Realizaron debuxos cos aspectos fundamentais e, con eles, fixeron un mural que instalaron no vestíbulo de Secundaria.

 

Todos estes debuxos e as súas reflexións recóllense na presentación seguinte.

 

ANTROIDO TEMÁTICO: O SÉCULO XIX

22/02/2016
Europe/Madrid

Celebramos o Antroido cun desfile onde personaxes e feitos do século XIX fixéronnos recordar as características desta época histórica. Como cada ano e seguinto a proposta da biblioteca, mergullámonos nun momento da historia para coñecela dende diversos puntos de vista e representámola nesta data tan festiva. Os protagonistas do desfile do Antroido foron os seguintes:

Brancaneves e os ananiños dos Irmáns Grimm (Educación Infantil)

Darwin e as especies (1º EP)

Inventos do Século XIX (2º EP)

Vaqueiros da febre do ouro americana (3º e 4º EP)

Náufragos e bucaneros da Illa do Tesouro de Stevenson (5º e 6º EP)

New York vs Francia (2º ESO A)

O París de Toulouse Lautrec (2º ESO B)

Drácula (3º ESO)

Os personaxes literarios do Século XIX (4º ESO A)

Os alumnos de 4º de ESO B foron os encargados de  presentar o acto e os de 1º de ESO fixeron desfilar o Meco e leron o seu testamento.

... E VISITOUNOS O APALPADOR!

16/12/2015 11:58
Europe/Madrid

Coma todos os anos por estas datas O APALPADOR visitou o noso cole. Foi polas aulas de Infantil e Primaria e conversou cos nenos e nenas que o recibiron con agarimo e ilusión.

PARTICIPAMOS NO RETO QUIMIONS

16/12/2015 11:27
Europe/Madrid

 

¿Que é un QUIMION? Pois así se chama a unha funda de feltro adornada cun superheroe, una princesa ou un personaxe infantil que o persoal sanitario das plantas de Oncoloxía Pediátrica dos hospitais utilizan para cubrir as bolsas de medicamentos que lles administran aos nenos. O CPI Castro Baxoi participa no RETO QUIMIÓNS CORUÑA, unha iniciativa que pretende conseguir un número suficiente de QUIMIÓNS para que todos os nenos hospitalizados na Coruña teñan ao seu carón os seus personaxes favoritos mentras reciben os tratamentos que precisan. Os alumnos de Pedagoxía Terapéutica e 2º e 4º de Educación Primaria e os alumnos da ESO que forman parte do Club de Lectura Salicornia, axudados polos seus profesores, as súas familias, dúas artesás oleirenses e outros membros da comunidade escolar realizaron nos últimos días 59 quimions que xa foron entregados aos impulsores da iniciativa. Velaí o froito do noso traballo.

Distribuir contido