Festas e celebracións

Concerto para 3º e 4º de EP

Vindeiro Luns 26 teremos unha nova entrega dos nosos concertos na escola.Desta serán os nosos alumnose alumnas de 3º e 4º de primaria os que poderán desfrutar dun espectáculo musical e sensorial moi especial que lle temos preparados. Baixo o nome de "Os Monifates", estes dous enxeñosos músicos serán quenes de rememorar aqueles xa case esquecidos espectáculos a pé de rúa onde títeres, tiruleques danzantes e todo tipo de espectáculos circenses, facían as delicias dos máis cativos ao mesmo tempo que se sucedían músicas, contos e cantigas e toda unha explosión de imaxinación e frescura. 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 

O venres 29 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ.

 

 

 

  Fixemos MAXIA 

    para que a PAZ

    sexa a nosa

    realidade...

 

 

 

 

Chegaron as

POMBAS con

moitos contos ...

 

 

 

 

 

 

 

 

      ... e na nosa

          ÁRBORE

          quedaron.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

... E VISITOUNOS O APALPADOR!

16/12/2015 11:58
Europe/Madrid

Coma todos os anos por estas datas O APALPADOR visitou o noso cole. Foi polas aulas de Infantil e Primaria e conversou cos nenos e nenas que o recibiron con agarimo e ilusión.

Xurxo Souto e os Contos do Mar de Irlanda

02/02/2015 23:38
Europe/Madrid

Xurxo Souto, coa buguina, o acordeón e a súa potente voz, levounos de viaxe polos mares e oceános de todo o mundo cos mariñeiros galegos que fixeron de Galiza "non o fin da terra, senón o centro do mar". Contou, cantou e fíxonos cantar e contar, animándonos a rescatar da memoria dos nosos avós as historias de mar e mariñeiros que tan ligadas están á nosa terra e á nosa cultura. Lembrounos tamén os nomes galegos que levan os recunchos mariños e costeiros que hai polo mundo e os que temos a carón de nós, que tan ben coñecen os que van ao mar. En Contos do Mar de Irlanda escribe Xurxo historias que paga a pena ler!

A súa visita pon un selo dourado ás actividades que realizamos para celebrar a Candeloria: ENREDÁMONOS CON NÓS E PALABRAS participando nun obradoiro de nós mariñeiros e tecendo palabras relacionadas co amor.

O que imos facendo...

 

Día de ROSALÍA DE CASTRO

 

Santiago, 24 de febreiro de 1837- Padrón, 15 de xullo de 1885

 

 

Para celebrar o día de Rosalía de Castro (24 de febreiro, aniversario do seu nacemento), o pelotón lingüístico agasállavos cos seus poemas.

Magosto no cole

Esta é a nosa señora Andrea, esta vez asando castañas.

Así resultou...

-Nunha macroexposición 

-Gardándoas  nun libriño despois de escribir bonitos textos

-Soterrándoas para a "posteridade" nunha cápsula do tempo... porque... igual vén alguén doutra galaxia e lle gusta isto do galego... NON? Mirade aquí.

Aí vén o maio

 

OS MAIOS

Celebración relacionada coa despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos.Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc...

                                        

Aí vén o maio

de flores cuberto.

Puxéronse á porta

cantándome os nenos,

os puchos furados

pra min estendendo,

pedíronme crocas

dos meus castiñeiros.

 

Pasai rapaciños,

calados e quedos,

que o que é polo de hoxe

que darvos non teño.

Eu sonvos o probe:

o pobo galego,

pra min non hai maio,

pra min sempre é inverno.

 

Cando eu me atopare

de donos liberto,

que o pan non mo quiten

trabucos e préstamos,

que, como os do abade,

florezan meus eidos.

Chegado haberá entonces

o maio que eu quero.

 

Queredes castañas

dos meus castiñeiros?

Cantádeme un maio

sen bruxas nin demos,

un maio sen segas,

usuras nin preitos,

sin quintas, sin portas

nin foros nin cregos.


CURROS HENRÍQUEZ

 

Os nosos maios 13

Aí vén o maio

 

 

OS MAIOS

 

Celebración relacionada coa despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos.Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc...

 

 

Aí vén o maio

de flores cuberto.

Puxéronse á porta

cantándome os nenos,

os puchos furados

pra min estendendo,

pedíronme crocas

dos meus castiñeiros.

 

Pasai rapaciños,

calados e quedos,

que o que é polo de hoxe

que darvos non teño.

Eu sonvos o probe:

o pobo galego,

pra min non hai maio,

pra min sempre é inverno.

 

 

Cando eu me atopare

de donos liberto,

que o pan non mo quiten

trabucos e préstamos,

que, como os do abade,

florezan meus eidos.

Chegado haberá entonces

o maio que eu quero.

 

Queredes castañas

dos meus castiñeiros?

Cantádeme un maio

sen bruxas nin demos,

un maio sen segas,

usuras nin preitos,

sin quintas, sin portas

nin foros nin cregos.


CURROS HENRÍQUEZ

 

Distribuir contido