Equipo de dinamización e normalización lingüística

CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DEDICADO A MANUEL MARÍA

COÑECENDO A MANUEL MARÍA.

O día 25, 4º ESO e as profes Antonia e Begoña, viaxamos a Outeiro de Rei para coñecer de cerca a vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016: Manuel María.

Estivemos moi ben acompañados por un guía moi especial, Fernán, con quen aprendemos, rimos, pasámolo xenial, sacamos fotos, recollemos auga do regato do Cepelo (tan querido por MM) e ata gravamos o son da fonte da Pinguela!

Foi un día precioso en todos os sentidos, do que seguro teremos recordos gardados para sempre.

A Candeloria

 

A CANDELORIA            

A festa da luz e do amor.

 

A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro. Consiste na bendición das candeas que despois serán utilizadas na celebración da Semana Santa (máis exactamente o xoves santo). A orixe desta festa, coma a doutras moitas celebracións cristiás, é pagá. Era a antiga “festa da luz” celebrada polos celtas e tamén polos romanos.

 

En Galicia ademais esta a data é o preludio da chegada da primavera e con ela vén o renacer da natureza. Tamén é a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal.

 

A nosa Candeloria 13

Distribuir contido