EDNL, Pelotón lingüístico, O noso equipo, Campañas, Festas e celebracións, Concursos, Cociñamos?, Equipo de dinamización e normalización lingüística

A Candeloria

 

A CANDELORIA            

A festa da luz e do amor.

 

A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro. Consiste na bendición das candeas que despois serán utilizadas na celebración da Semana Santa (máis exactamente o xoves santo). A orixe desta festa, coma a doutras moitas celebracións cristiás, é pagá. Era a antiga “festa da luz” celebrada polos celtas e tamén polos romanos.

 

En Galicia ademais esta a data é o preludio da chegada da primavera e con ela vén o renacer da natureza. Tamén é a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal.

 

A nosa Candeloria 13

Día da PAZ

 

O DÍA DA PAZ

O día escolar da NON violencia e a PAZ celébrase o día 30 de xaneiro e foi declarado por primeira vez en 1964. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.

 

 

 

            

O NOSO DíA DA PAZ 13

Día 21 de marzo

A Primavera, o Día Mundial da Poesía e o Día da Árbore chegan da man

                                                 

 

-O 21 de marzo é o comezo da PRIMAVERA.

-Neste día no que abrolla nova vida e as plantas botan flores, hai outra gran protagonista: a ÁRBORE. O Día Forestal Mundial ou Día das Árbores conta cunha fonda tradición, dende comezos do século passado.

-E un día tan especial coma este tamén foi o escollido pola UNESCO, no ano 2000, para celebrar o DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

 

ESCRIBIMOS POEMAS?

 

Este día no noso cole: 

O EDLG e o Pelotón Lingüístico invítanvos a escribir algo VERDE para o día da PRIMAVERA, DAS ÁRBORES E DA POESÍA (21 de marzo).

A proposta é a seguinte:

-Para Secundaria, un poema VERDE (temática: ecoloxía, medio ambiente, a Terra ...)

-Para Primaria, un desexo VERDE (temática: ecoloxía, medio ambiente, a Terra...)

-Para Infantil, unha palabra VERDE (temática: ecoloxía, medio ambiente, a Terra...)

Todos os textos e palabras irán escritos en cor verde, a ordenador, letra TAHOMA, tamaño 14, sobre este modelo. Só tedes que escribir neles os textos dos rapaces (ou ben que os escriban eles...) e reenvialos a martin@edu.xunta.es

 

CONTAMOS COA VOSA COLABORACIÓN PARA ADORNAR O COLE ESE BONITO DÍA!!!

 

E vaia se contamos!!! : Fotos da exposición e un poema verde.

 

O samaín

 

O SAMAíN

Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as cabazas, as abóboras…

Chegan as augas e os tempos escuros. Remata o verán e iníciase o inverno. Vaise a calor e vén o frío. Acaban as romarías ao sol e inícianse os contos a carón do lume.

Son os tempos do Samaín.

 

HISTORIA

Esa noite os celtas facían unha serie de cousas:

-Como comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao inverno, durante esa noite, os druídas (a caste sacerdotal dos celtas) recollían as bagas de acivro cunha fouce de ouro. Acto seguido depositaban esas bagas nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que sostiña outro druída no chan. Esas bagas tiñan poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións "máxicas".

-Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Os celtas crían que esa noite unha "porta" se abría e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. Por iso en todo o pobo había fogueiras. Estas acendíanse para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopasen os seus parentes e fogares e puidesen quentarse coa calor do lume do fogar.

-Os celtas, esas noites tamén amontoaban as caveiras dos seus mortos, e as dos seus inimigos, e pintábanas colocándoas nos cruces dos sendeiros. Esta tradición tamén tivo repercusións na nosa cultura xa que nas encrucilladas dos camiños se facían amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. O feito de depositar unha pedra alí era signo de que non se tería mala fortuna durante o que queda de viaxe, por iso os peregrinos soen levar unha pedra desde o seu lugar de orixe, ou ben a collen antes de chegar ao milladoiro.

 

 

A lenda da cabaza               

Hai moito tempo, nun pequeno pobo irlandés había un monxe chamado Jack. Jack, segundo algunhas lendas, era un tipo alto e delgado, que lle gustaba gastar bromas e facer maldades. Pero era un home astuto, e tanto o cría el, que ata fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o demo non o deixaría ir ao inferno se Jack facía o mal na terra. E así foi. Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais chegoulle a súa hora. No ceo non o deixaron entrar, non podían deixar entrar a un ser tan malo, e claro no inferno o diaño cumpriu o seu parte e non lle deixou pasar, pero deu a Jack unha lanterna, unha peculiar lanterna en compensación por todo o mal causado. Esta lanterna consistía nun nabo oco cun carbón que sería incandescente por sempre. E desde entón cóntase que Jack (coñecido por Jack of the Lantern, Jack da lanterna) deambula polo mundo coa súa lanterna en busca dun lugar onde descansar.

A lanterna era a base de nabo, entón... de onde vén a cabaza? Cando chegaron os primeiros colonos ingleses e irlandeses, tiñan a tradición do nabo, pero se atoparon coa cabaza. Esta ofrecía mellores características que o nabo: en primeiro lugar é máis grande que un nabo e pódese introducir unha vela, dando máis luz; en segundo lugar proporciona máis alimento; e en terceiro lugar é máis vistosa.

Existe tamén a lenda de que se recorta a cabaza e se acende unha vela dentro para que Jack, Jack o da Lanterna, non se achegue a esa casa, empuñando a súa eterna luz para ver nas tebras...

RECURSOS PARA O SAMAÍN:

https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/

RECURSOS OUTONAIS

 


O NOSO SAMAÍN 12

O magosto

 

O Magosto                 

 

Di o refrán:

"Por san Martiño, faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".

Novembro representa, en terras galegas, o tempo do Magosto e o comezo da
temporada da matanza do porco.


Ó rito que acompaña a noite non lle falta de nada: lume, calor, viño, comida, charlas, risas, xuntanzas, xogos, contos de ánimas e Santa Compaña…

 

Para asalas, tradicionalmente se colocaba sobre o chan a foupa -agulla de piñeiro, toxo ou loureiro- e enriba dispoñíanse as castañas, que eran cubertas por un novo manto de foupa. Prendíase o lume na capa de abaixo, que será a que sinale o ritmo da celebración, e en canto se apagaban as lapas as castañas estaban listas para comer.


Hai moitos xeitos de comer castañas: asadas, cocidas, caldo de castañas... Para que sexa máis cómodo comelas, nalgúns sitios atravésanse cun fío para poder levalas a modo de colar: son os zonchos.

 

 

A ORIXE DO TERMO MAGOSTO


Hai varias teorías sobre a orixe do seu nome: mentres uns coidan que vén do latín "MAGNUS USTUS", "gran fogueira”; outros especialistas pensan que "Magosto" deriva do latín " MAGUM USTUM”, máxico, feiticeiro...

 

 

RECURSOS para o MAGOSTO:

 

https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/

 

RECURSOS OUTONAIS

 

O NOSO MAGOSTO 12

2. Logo pelotón

 

XA TEMOS O LOGO GAÑADOR


   O deseño é de Serxio Laxe (3º A ESO)

3. Fai un cartel para a aula de LGL

Xa temos os carteis gañadores:

De Xin Ying

 

 

De Serxio Laxe

 


Concursos, lemas, logos...

 

O PELOTÓN LINGÜÍSTICO realizará e animará a:  

 

 

-Elaborar un calendario anual para cada aula

 

- Deseñar un logo para o noso ENDL 

 

- Deseñar un logo para o pelotón 

 

-Convocar un concurso para adornar a aula de LGL

 

 

Este é o noso manifesto

 

MANIFESTO

do PELOTÓN lingüístico:

 

 

 Dende o máis absoluto respecto.

Dende o dereito ao uso do bilingüísmo e plurilingüísmo

(CoraÇão LOVE OLA Merci HOLA CIAO) 

 

Sen agresividade

Sen adoctrinamentos

Sen obrigas

Sen imposicións

 


Con cariño

Con amor

 

Con  paixón 

   

 CON RISAS   (Jejejeje...)

 

  Con esperanza           

  Con ilusión...


Manifestamos que: 

Nos gusta a nosa lingua ( A min gústame CHORIMA!  A min  BOLBORETA! A min   AGASALLO ... ! )

 

 

Podemos rir con ela.  

 

       Podemos comunicármonos 

 

 

 

Podemos ensinar

Podemos aprender   

 

     Podemos cantar e bailar

E... que queremos conservala        

Queremos xogar con ela

                                                             

Queremos compartila

 

 

E SOBRE TODO:


                  
Querémola!

MUÁ, MUÁ!!!  


Así que...

“SI, POR QUE NON?” 

APÚNTATE   AO  PELOTÓN! 

Veña, oh!!! 

Pelotón lingüístico CURSO 12-13

CPI Castro Baxoi                 MIÑO 

Somos do pelotón...

 

 

 

 

 

 

 

 

Iago

 Noelia

 Ángela

 Andrea P.

 Andrea S.

 Nerea

 Sheherezade

Lukas

Miriam

Ayub

Adrián 

Pablo

Distribuir contido