A COCIÑA E HOSTALERÍA COMO ACTIVIDADE PROFESIONAL

O cociñeiro do CPI Plurilingüe de Castroverde Pablo L. Trashorras deu unha conferencia ao alumnado de 4º de ESO para que coñeceran as diversas saídas profesionais que hai e o apaioxoante que pode ser o mundo da cociña como modo de vida. Ademais de ser aprendizaxes que contribúen a levar unha vida saudable  e a saber relacionarse e desenvolverse neste mundo globalizado.

O LATÍN E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

Este trimestre na materia de latín de 4°ESO estamos aprendendo a historia e a arquitectura da cidade de Roma coa axuda dunha maqueta que estamos a facer utilizando os bolígrafos de impresión en 3D e as tablets para buscar a informar e modelos en 3D da cidade. 

 

 

Quen dixo que o latín non podía ser a lingua das novas tecnoloxías!

AS MULLERES NA MÚSICA GALEGA

Nas sesións de música dos meses de marzo e abril, o alumnado da etapa infantil, estivemos traballando importantes figuras femininas da música galega.

Cantamos e bailamos con elas, investigamos sobre os seus traballos e admirámolas moito.

LETRAS GALEGAS CON ÁNXELA GRACIÁN

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o CPI de CASTROVERDE invitou a unha escritora do concello, a Ánxela Gracián. E así, o alumnado de 5º Ed. Infantil, 1º e 2º Ed. Primaria, poidemos escoitar o relato dos seus contos: Gombó e o medo á escuridade, e Gombó e a viaxe á lagoa. Foi todo un pracer terte no noso cole. Moitas gracias Ánxela!!

CELEBRAMOS A CHEGADA DA PRIMAVERA

Para celebrar a chegada do mes de maio, na nosa aula fixemos unhas coroas feitas con xestas para decorar o maio que nos donou ZUNCU MIÚDO, a asociación de gaitas á que asisten varios alumnos e alumnas do noso cole.

Distribuir contenido