Contrato-Programa, CP-INCLÚE, CP-INNOVA

GRUPOS INTERACTIVOS EN 6º DE PRIMARIA

Neste primeiro trimestre os nenos e nenas de sexto, traballaron en grupos interactivos. Dende aquí queremos agradecer o traballo do voluntario que nos permitiu levar a cabo estas sesións. Moitas grazas!!!! Foi unha actividade moi interesante que continuaremos no segundo trimestre.

CHEGOU O VERÁN DE SAN MARTIÑO

Chegou o verán de San Martiño e  o alumnado de 4 anos saíu ao horto plantar porros.

TRABALLOS DE OUTONO

O alumnado de 3 anos fomos ó horto a recoller as últimas colleitas do ano. Cabazas, calabacíns e tomates.

Despois arrincamos as plantas e cubrimos as nosas parcelas de herba para que non saian herbas malas e nos sirva tamén de abono.

TEMPO DE COLLEITA EN EI

É tempo de outono e tocou recoller as cabazas do noso horto.

Aquí o mostrario de tamaños, formas,maduración, cores, peso….e degustación.

O alumnado de 5º de E.Infantil, moi emocionados,participaron en todo o proceso dende a sementeira ata a recolección, tanto das cabazas como dos allos, cebolas, patacas, cenorias, fabas, garavanzos e millo.

Algunhas das actividades que se realizaron na aula foron: debullar, clasificar, comparar, enumerar, debuxar,sementar e investigar.

MATERIAIS ADAPTADOS PARA DIFERENTES NIVEIS DE PRIMARIA E MODELOS DE REXISTRO DE CONDUTA

 

Nos arquivos adxuntos atopamos:

- Guión adaptado para participar nunha obra teatral para alumnado con dificultades de lectoescritura.
- Cuaderno de vocabulario básico de inglés para alumnado con problemas de lectoescritura.
- Rexistro de conduta para alumnado de 2º de EP onde se atopan nenos con problemas de comportamento.
- Rexistro de conduta para alumnado de 3º de EP para mellorar o comportamento xeral do grupo-clase.
- Autoavaliación de tareas diarias na área de matemáticas para unha alumna de 4º de EP.

Distribuir contenido